• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Pescados Rubén Burela afiánzase no liderado ao vencer ao Intersala 6-2

As mañas fixeron o corredor ás da Mariña que ofreceron ao público de Vista Alegre o título de Copa da Raíña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/12/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Corredor do Intersala ao Burela polo campionato de Copa da Raíña / PRBFS

Corredor do Intersala ao Burela polo campionato de Copa da Raíña / PRBFS

55
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Pescados Rubén Burela FS pecha a primeira volta e 2020 reforzando o liderado do Grupo B (ten 22 puntos fronte aos 17 do segundo clasificado, o Torreblanca Melilla) de Primeira División tras o claro triunfo ante as novel Bodegas Sommos Intersala (6-2).

As campioas de Copa da Raíña regresaron ao mausoleo laranxa de Vista Alegre, demostrando unha vez máis a súa entrega, marcando o compás para non deixar escapar nadiña de nada ao azar e xerando un constante asedio sobre a rede de María de Val. Ale de Paz (minuto 3), a pase de Cilene, Cristina (minuto 16), entre as pernas da meta visitante, e Bea Mateos (minuto 18), asistida por Elena Aragón desde a banda, outorgaron a vantaxe de 3-0 ao descanso.

Elena Aragón nun momento do Burela vs Intersala / PRBFS
Elena Aragón nun momento do Burela vs Intersala / PRBFS

As pupilas do dúo conformado por Julio Delgado e Lucas non deixaron marxe de manobra, con continuas finalizacións, fronte a un Intersala afanado nunha defensa moi pechada.

Cilene, que xa fixera tremer a rede nun par de ocasións antes do descanso, ampliou a fenda no minuto 23 nun centro de Dany, con Carol na custodia.

O Bodegas Sommos Intersala, con continuas dificultades na zona de elaboración, encaixou o quinto nun contragolpe de Cristina, outra das incisivas da cita, sen opción de repregamento.

A pelexa e a coraxe do equipo visitante atopou a súa recompensa rozando o 30 de xogo nun erro defensivo laranxa, con saída e autopase de Titina que cruzou con Vice para sortear a Sandra Buzón.

Burela vs Intersala / PRBFS
Burela vs Intersala / PRBFS

Tras a nova aparición de Ale de Paz subindo o 6-1 na caza dun saque de banda maño, o Bodegas Sommos Intersala mitigou a avalancha das Guerreiras Laranxas no 38 nunha contra de Vice, en dobre tentativa sobre Sandra Buzón.

Cun 6-2 mandando no luminoso e certa relaxación defensiva das galegas, o conxunto aragonés pelexou polo terceiro, que desartellaron entre Sandra e Elena na recta final. Vice aínda o tentou cun disparo á escuadra pero aí estaba a meta burelista para desarmalo.

Seguinde reto, a supercopa Burela vs Poio Pescamar 

O conxunto mariñán do Pescados Rubén Burela volverá ao parqué o sábado 9 de xaneiro, coa Supercopa de España en xogo ante Poio Pescamar FSF. No Burela avisan que, nese choque, van a por todas e queren revalidar o título.

Cris Pérez e Julio Delgado avisan: “Queremos a Supercopa e imos a por todas ante o Poio”

A seguinte xornada de Liga na Primeira División Feminina do Fútbol Sala español será a décima, xa sen ningún equipo con partidos pendentes de disputar nin no grupo A, nin no grupo B. Arrincando a segunda volta na fin de semana do 17 de xaneiro de 2021. O Burela é  líder do grupo B e o Poio é o conxunto galego mellor clasificado no A, ocupando a segunda praza moi preto dun intratable Futsi Atlético Navalcarnero.

No caso do resto dos conxuntos galegos, todos están encadrados no grupo A, e ocupan as seguintes posicións na táboa: Ourense Envialia 5º, Viaxes Amarelle FSF 7º e Cidade de As Burgas 8º. As ourensás conseguiron hoxe o seu primeiro triunfo. Foi ao disputar o partido aprazado (tamén da segunda xornada) contra o CD Leganés FS ao que venceron por 6-2. Deste xeito as de Manolo Codeso acadan tres valiosos puntos de vantaxe co colista, o ascendido AD Club Teldeportivo.

📸La jornada 2 de Primera Femenina #RFEF entre el @burelafs y el @SalaInter en imágenes [6-2].#Burela #Futsal @SomosFutsal #FutsalHeart🧡 pic.twitter.com/23A23srfyk

— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) December 27, 2020

FICHA TÉCNICA

PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Sandra Buzón, Dany, Cilene, Ale de Paz, M. Cortés, cinco inicial; tamén xogaron Cristina, Bea Mateos, Elena Aragón, Lara Balseiro, Cami

BODEGAS SOMMOS INTERSALA FS: María de Val, Romero, Vice, Titina, Ana, cinco inicial; tamén xogaron Lucía, Paula, Nerea, Sandra, Carol.

GOLES: 1-0, minuto 3, Ale de Paz; 2-0, minuto 16, Cristina; 3-0, minuto 18, Bea Mateos; 4-0, minuto 23, Cilene; 5-0, minuto 27, Cristina; 5-1, minuto 30, Vice; 6-1, minuto 34, Ale de Paz; 6-2, minuto 38, Vice

ÁRBITROS: Bravo Sarango // Otamendi Lascarro (Navarra).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 2 da Primeira División Feminina da RFEF que foi aprazada no seu día. O cruce foi disputado en Vista Alegre. As Guerreiras Laranxas do Burela ofreceron o trofeo da Copa de S. M. A Raíña á Bancada Laranxa, con corredor de Intersala. O partido foi televisado pola TVG2.

ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

por Redacción As Nosas
27/05/2022
0

A Federación Galega de Ciclismo prepara a segunda cita da temporada para a Selección de Galicia de Cross Country Olímpico...

Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

por Carmen G. Mariñas
24/05/2022
0

  O Durán Maquinaria Ensino xa está a preparar o seu plantel para a tempada 2022/2023. A súa última fichaxe chega...

Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

por Redacción As Nosas
23/05/2022
0

  Varias foron as padexeiras galegas que tomaron parte na Copa do Mundo de Piragüismo en Račice. Tamén houbo palistas...

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

por Silvia Carregal
23/05/2022
0

  A unha xornada para que finalice a tempada regular na Segunda División do Fútbol Sala Feminino da RFEF falamos...

Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

por Silvia Carregal
22/05/2022
0

  Este sábado, pese a perder por goleada, Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas, era un home feliz....

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

27/05/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.