Traspé no primeiro chanzo para o Autos Cancela CV Zalaeta que non puideron imporse no seu partido debut na Copa Princesa ao FC Cartagena Algar Surmenor que venceu o partido cun marcador de 1-3. As coruñesas que adestra Jorge Barrero xogan mañá sábado 7 ás 11:00 horas no pavillón do Barrio das Flores co Barça CVB que se impuxo no seu choque de hoxe ao mesmo rival das coruñesas por 0-3.

O Melilla, primeiro en gañar na Coruña (1-3)
Abriu a competición nesta Copa Princesa 2023 o cruce entre o MCR Premiá de Dalt e o Melilla Sport Capital. Empezaron forte as melillenses cun parcial de 1-9. Durante todo o partido o conxunto do Melilla Sport Capital mandaron co seu xogo. O primeiro set foi para elas cun marcador de 25-16 en 20 minutos de xogo que deixaba claro quen estaba a dominar na pista herculina.

No segundo set o Melilla saíu coas mesmas forzas que no primeiro, impoñendo o seu xogo e dominando o marcador ata adxudicarse o triunfo por 25-11 en so 19 minutos.
Foi no terceiro set cando as catalás espertaron do seu letargo e prantáronlle cara as xogadoras que adestra Mariano Riganti. O partido estivo empatado 14-14 e o MCR Premiá de Dalt púxose por diante no elect´ronico desde a metade do set. O partido volvía estar aberto cun 1-2 no luminoso logo de vencer 25-24 o set en 24 minutos.

No cuarto e definitivo set o Melilla Sport Capital poñía a directa e conseguía o triunfo no set (15-25) e no partido (1-3).
O seguinte partido do CV Melilla Sport Capital será mañá sábado 7 ás 9:00 horas ante o Extremadura Arroyo. Para o MCR Premiá de Dalt finalizou a fase de grupos.
FICHA TÉCNICA
1) MCR PREMIÁ DE DALT: Astrid Puig, Carolina Matamoros, Magali Montoro, Inés Victory, Vera Alzamora e Paula Verardo – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Rosa Mesquida (L) Emily Borrell, María Sanchís e Neus González.
3) MELILLA SPORT CAPITAL: Almudena Rojas, Paula García, Nerea Rodríguez, Carla Martinelli, Lucía Geysels, e Belén Luengas – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Cristina Cruzado (L). Claudia Goñi, Lucía Buendía e Sheila Al-Lal.
PARCIAIS: 16-25 (20 min.), 11-25 (19 min.), 25-21 (24 min.) e 15-25 (20 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Jesús Antonio Soria Ibazeta e Marco Antonio Folgar Fraga. Anotador Lola Pita Canosa.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase de grupo do Grupo B na Copa Princesa 2023, disputado no Pavillón Municipal do Barrio das Flores na Coruña.
O Barça CVB imponse ao FC Cartagena Algar Surmenor 0-3
o cruce entre o FC Cartagena Algar Surmenor e o Barça CVB. As catalás impuxéronse nos dous primeiros sets sen grandes alardes. Asinaron un 22-25 no primeiro e loitaron por ese triunfo 38 minutos de xogo, e 21-25 no segundo para o que invertiron 24 minutos.
Xa no terceiro set o Barça CVB foi quen de se impor por un tanteo máis folgo (18-25), pero así e todo tivo que xogar 25 minutos para acadalo. No cómputo do partido as culés impuxéronxe cun 0-3 no partido de estrea da competición que se disputa ata o domingo na Coruña.

Foi un partido moi parello deste o comezo que chegou a estar empatado 12-12 e 22-22 no primeiro set. Ambos os dous equipos loitaron forte para facerse co partido desde este primeiro set que rematou cun 25-22 para o Barça CVB.
No arranque do segundo set o FC Cartagena Algar Surmenor foi quen de se facer cunha vantaxe de 4-1, pero pouco a pouco o partido volveuse igualar (17-17) e o Barça CVB volvía a saír vitorioso, nesta ocasión cun tanteo de 21-25.
Desde os primeiros puntos do terceiro e definitivo set o Barça CVB deixou claro que quería levarse o partido e que era máis forte sobre a pista do Barrio das Flores. As catalás colleron unha vantaxe que non deixaron ir ata levarse o partido cun 18-25 que deu lugar ao 0-3 definitivo no luminoso. Partido intenso e igualdado.

O seguinte choque do conxunto catalán, que adestra Fiorenza Adrián, será mañá sábado 7 de xaneiro ás 11:00 horas no Barrio das Flores e o seu rival serán as anfritrioas do Autos Cancela CV Zalaeta. O FC Cartagena Algar Surmenor finalizou a fase de grupo cun triunfo e unha derrota.
FICHA TÉCNICA
0) FC CARTAGENA – ALGAR SURMENOR: Alba García, Zuniaga, Aurora Tur, Leticia Delagrammatikas, Inés Lagia e Cristina Llorens – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Belén Cabrera (L) e Natalia Campillo.
3) CVB BARÇA: Anna Grima, Natalia Matamoros, Juliennis Regalado, Victoria Serrano, María Llinás, Sara Esteban, – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Marta García (L), Alba Koehler e Celia Laura Paterno.
PARCIAIS: 22-25 (38 min.), 21-25 (24 min.), 18-25 (25 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Isabel González Fuentefría e Veronique García Castells. Anotador López-Brea Fernández.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase de grupo do Grupo A na Copa Princesa 2023, disputado no Pavillón Municipal do Barrio das Flores na Coruña. Consulta as estatísticas do partido.
Segunda derrota do MCR Premiá de Dalt que cae ante o Extremadura Arroyo
O terceiro partido da primeira xornada da Copa Princesa 2023 medía ao Extremadura Arroyo e ao MCR Premiá de Dalt. O triunfo correspondeu ás primeiras por 3-0. Deste xeito o conxunto catalán colleitaba a súa segunda derrota da xornada tras caer previamente co Melilla Sport Capital.
O primeiro set do partido estivo moi igualado pero o Extremadura Arroyo se adelantaba no electrónico e vencía cun 25-21 tras 22 minutos.
Xa no segundo set mantívose a igualdade na pista e no marcador (6-6). As vantaxes do Extremadura Arroyo non ía máis aló dos dous puntos (16-18), e o MCR Premiá de Dalt empataba o partido cada pouco (21-21). Finalmente o triunfo foi para as extremeñas por un tanteo de 25-23 en 27 minutos de xogo.
No terceiro e definitivo set o Extremadura Arroyo dominou o marcador froito do seu xogo que lles permitiu doblar en puntos ás catalás e levounas ao triunfo cun 25-19 que lles outorgaba a vitoria no partido por 3-0. Con todo, e pese ao que poida parecer polo marcador final, o Extremadura Arroyo tivo que traballar duro pola vitoria, proba diso foi que o set durou 33 minutos.
O Extremadura Arroyo xoga co CV Melilla Sport Capital ás 9:00 horas.
FICHA TÉCNICA
3) EXTREMADURA ARROYO: Raquel del Álamo, Javiera Plasencia, Isabel Espino, Balbanera Azul, Juliana Ocaña, e Janine Sandell – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Nerea Jiménez (L) e Julia Cabeza (L). Desiree Castaño.
0) MCR PREMIÁ DE DALT: Astrid Puig, Carolina Matamoros, Magali Montoro, Inés Victory e Vera Alzamora – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Rosa Mesquida (L). Emilly Borrell.
PARCIAIS: 25-21 (22 min.), 25-23 (27 min.) e 25-19 (33 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Marco Antonio Folgar Fraga e Jesús Antonio Soria Ibazeta. Anotador Lola Pita Canosa.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase de grupo do Grupo B na Copa Princesa 2023, disputado no Pavillón Municipal do Barrio das Flores na Coruña. Consulta as estatísticas do partido.
Derrota das anfitrioas do Autos Cancela CV Zalaeta
Non foi un debut con sabor doce o que protagonizaron as galegas do Autos Cancela CV Zalaeta. As coruñesas caeron derrotadas por 1-3 ante o FC Cartagena Algar Surmenor.

O primeiro set, moi loitado, caía do lado das de Cartagena que en 22 minutos resolvía para o seu lado cun 20-25. No segundo, as coruñesas do Autos Cancela CV Zalaeta recompuxéronse e en 23 minutos sumaron un set cun tanteo axustado de 25-23. Foi este un set de infarto no que as galegas do Autos Cancela CV Zalaeta deixaron claro que non llelo habían poñer doado ás súas rivais.

No terceiro set o Autos Cancela CV Zalaeta loitou con todo para tentar facerse co triunfo. Foi un set igualado, sen apenas vantaxe para ningún dos dous equipos, pero a sorte caeu do lado do FC Cartagena Algar Surmenor. As pupilas de Pascual Saurín impoñíanse por 20-25 en 24 minutos. Idéntico tanteo e tempo de xogo para o cuarto set que deu o triunfo ao FC Cartagena Algar Surmenor por 1-3 frpnte as anfitrioas do Autos Cancela CV Zalaeta.
FICHA TÉCNICA
1) AUTOS CANCELA CV ZALAETA: Emma Ordóñez, Irene Yáñez, Sara Urrea, Carmén Carvajal, Eleonora Guzzi e Cecilia Thon – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Noemi Sánchez (L) e Paula Lorenzo (L). Alba Quirós, Patri Santos, Andrea Rivas, Laura Vázquez, María Forteza – Rey e Inés Rivas.
3) FC CARTAGENA – ALGAR SURMENOR: Inés Laguia, Alba García, Aurora Tur, Laredo Delagrammatikas, Zuniaga e Cristina Llorens – sexteto inicial -. Tamén xogaron: Belén Cabrera (L) e Natalia Campillo.
PARCIAIS: 20-25 (22 min.), 25-23 (25 min.), 20-25 (24 min.) e 20-25 (24 min.)
EQUIPO ARBITRAL: Veronique García Castells e Isabel González Fuentefría. Anotador López-Brea Fernández.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase de grupo do Grupo A na Copa Princesa 2023, disputado no Pavillón Municipal do Barrio das Flores na Coruña. Consulta as estatísticas do partido.