• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Arxil volve cunha derrota e unha vitoria da súa expedición ás Canarias

As pontevedresas lograron unha vitoria 'in extremis' ante o Adareva (68-70) pero caeron ante o colista, o Magec Tías (70-64)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/02/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
O Arxil na súa viaxe ás Canarias / CB ARXIL

O Arxil na súa viaxe ás Canarias / CB ARXIL

90
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O futuro do CB Arxil pronuciábase con acento canario. A pasada fin de semana as pontevedresas disputaron dous encontros nas illas, que se saldaron cunha derrota ante o colista e rival directo Magec Tías (70-64) e unha vitoria ante o Vega Lagunera Adareva Tenerife (68-70).

Con estes resultados, o Arxil ocupa xa a novena posición da LF2, desmarcándose lixeiramente da zona de descenso, sendo o equipo mellor posicionado da zona baixa. Cos seus 27 puntos empatan co Maristas Coruña, superan por un a Cortegada, ADBA e Rosalía e por tres ao Magec Tías.

Unha de cal

Precisamente este foi o seu primeiro rival do maratón das Canarias, nun partido disputado o pasado venres. As pontevedresas aproveitaron a viaxe para recuperar o encontro adiado da undécima xornada ante o Magec Tías.

Este duelo presentábase como unha data marcada no calendario das verdes, que tiñan que vencer a un rival a priori adquirible, por ser o farolillo vermello da clasificación.

Así comezou tamén o partido, cun Arxil que dominaba na pista como visitante aproveitando o xogo interior, con Forster e María Lago liderando. Porén, o Magec creceuse na súa propia pista e respondía con creces as ofensivas galegas ata situarse por diante. Dous tiros libres de Lago volveron a colocar ás pontevedresas á cabeza, pero por pouco tempo. As canarias aproveitaron os erros rivais para facerse cos rebotes defensivos e aumentar a súa vantaxe.

Cun 22-16 remataba o primeiro cuarto, con marxe para a mellora pero a urxencia de non poder deixar escapar os dous puntos no Arxil. Un problema que non fixo máis que se agravar no segundo parcial. Os tiros entraban para as verdes, pero tamén o facían, e con maior efectividade, no bando local.

Dous triplos seguidos de María Delgado facían aumentar a súa renda sobre as galegas ata os once puntos de diferenza ao momento do descanso (37-26).

Porén, a pausa pareceu activar ás xogadoras de Maite Méndez, que saíron fortes e concentradas á pista canaria. Avanzando a pasos axigantados o Arxil recortaba distancias ata poñerse a un triplo de distancia das anfitrioas. Faltaban 90 segundos para que dera fin o terceiro cuarto cando o equipo local reviviu e deixou o luminoso no 52-45 para o inicio do tempo final.

As verdes aínda tiñan posibilidades de remontar e levarse a vitoria, pero o partido complicábase. Sara Castro anotaba cinco puntos que achegaban a unha canastra de distancia ás galegas, pero a defensa do seu equipo non freaba ao Magec Tías. A adestradora visitante viuse obrigada a solicitar un tempo morto cando o electrónico informaba do 61-54 e xa pasara o ecuador do cuarto.

Tras o seu discurso Díaz-Pache e Carla Fernández foron as autoras dun parcial 0-5 que mantiña o resultado aberto, polo que desta vez foi o técnico rival o que tivo que parar o tempo.

O duelo estaba completamente igualado e as canastras de Masía e Díaz-Pache tiñan resposta no acerto de Regina Gómez. Calquera podía resultar vencedor, pero foi un tiro de tres de María Delgado a 20 segundos do final o que determinou o partido para as locais.

Cun 70-64 rematou o encontro das verdes e as colistas, que precisaban vencer no seu segundo reto canario para facer bo o desprazamento ata as illas.

Consulta nesta ligazón as estatísticas do encontro.

E outra de area

E este trunfo chegou sorprendentemente dous días despois, no duelo da 21ª xornada ante o Adareva. O Arxil non padeceu o cansancio acumulado pola viaxe e a derrota consumada o venres e foi quen de loitar por un partido vital para a súa permanencia na categoría.

De novo, Forster foi fundamental no xogo interior visitante, apoiada polos triplos de Natalia López, que marcaban o ritmo do inicio do duelo. Desta forma, as de Méndez lograron rematar o primeiro cuarto cunha vantaxe que resultaría esencial para a vitoria posterior (11-16).

Esta renda seguiu aumentando co seguinte cuarto, cun partido xa máis igualado, pero que mantiña ás verdes por riba. O segundo parcial comezou cun 14-10 a favor das canarias a causa dun impaciente Arxil que cometía erros. Porén, María Lago asinou un triplo que revivía ao seu conxunto. As vedes reaccionaron e consegueron tamén levase este segundo tempo. O marcador informaba xa do 27-34 ao descanso.

O equipo local, sétimo na clasificación, tiña fame de revancha e así o demostrou no inicio da segunda parte. Natalia López e María Lago anotaban para o Arxil cun parcial 0-5 que facía reaccionar ás canarias. Estas responderon aproveitando os erros visitantes, recortando distancias e tomando pouco a pouco o control do partido.

O duelo complicábase para un club pontevedrés que perdía a súa capitá. Lago tivo que abandoar a pista por problemas na súa perna esquerda, deixando ao Arxil sen unha das súas pezas fundamentais. A feble defensa galega non podía aguantar máis ao Adareva, que cun triplo no último momento poñía o 53-56 a falta dos dez minutos finais.

O último cuarto converteuse nun man a man polo trunfo, con opcións para ambos equipos e unha igualdade máxima sobre a cancha. Por primeira vez, o Adareva situábase á cabeza, pero cunha vantaxe dun solitario punto que o Arxil foi capaz de resolver. Porén, isto non foi ata a última xogada, na que Forster salvou ao seu equipo cun triplo que sentenciou o partido (68-70).

Podes consultar nesta ligazón as estatísticas do partido.

A odisea do Arxil nas Canarias

Viaxar en tempos de COVID non é nada doado e o Arxil viviuno en primeira persoa a pasada semana. Para chegar a Tenerife, as pontevedresas tiveron que coller dous vóos, algo que non tería sido un inconveniente de non ser pola pandemia.

O club pontevedrés relata que o avión que viaxou de Vigo a Madrid “estaba completo no seu aforo, sen distancia de seguridade e con pasaxeiros quitándose a máscara”. Unha escena que se repetiu no trasbordo en Madrid.

O Arxil nas Canarias / CB ARXIL
O Arxil nas Canarias / CB ARXIL

Xa en Tenerife os problemas seguiron crecendo. O Arxil non puido facer uso dos vestiarios do Magec Tías, polo que tiveron que cambiarse nun almacén e ducharse xa de volta no hotel, a 40 km.

Para o regreso, as verdes tiveron que facer fronte á meteoroloxía. Viaxando desde Madrid a Pontevedra en dúas furgonetas, o club sufriu malas condicións meteorolóxicas de chuvia e neve regresando a casa ás 06:00 horas da mañá.

Etiquetas #ArxilbaloncestobasketCB ArxilLF2liga femenina 2liga feminina 2Magec TíasVega Lagunera Adareva Tenerife
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.