- Aldara Vázquez Méndez “convértese nunha das xogadoras que mais tempadas levan vestindo a camiseta do Arxil”, segundo informa o club verde.
Aldara Vázquez cumprirá 23 tempadas baixo a disciplina do equipo pontevedrés co que alternará as súas aparicións no primeiro equipo e no filial o Mafari café. No club destacan a súa visión de xogo, o seu bo un contra un e o seu acerto nos lanzamentos desde o perímetro.
Aldara Vázquez Méndez seguirá alternando licenza do CB Arxil Mafari Café na primeira División Nacional onde tamén ten viaxes longas e como xogadora do CB Arxil de LF2 onde sempre está ao dispor do corpo técnico.
Do mesmo xeito que moitas outras das súas compañeiras, Aldara Vázquez Méndez compaxinará a súa faceta de deportista coa súa faceta profesional como fisioterapeuta. Un sacrificio que desde o club agradecen a todas as xogadoras.
Aldara Vázquez Méndez do mesmo xeito que outras xogadoras sempre están dispostas a colaborar en todas as actividades que o CB Arxil organiza campus, tres por tres, charlas visitas a colexios, así como ser fisioterapeuta das seleccións do Eixo Atlántico por Pontevedra, concentracións da FEB, da FEGABA e ultimamente participou coa selección absoluta de Costa do Marfil nunha concentración en Baiona e nun torneo internacional en Viana de Castelo xunto as seleccións de Xordania, Portugal e República Checa e está á espera de ir coa selección de Costa do Marfil ao Mundial de baloncesto, ao que hai que sumar o seu despacho na clínica Fontenla en Barcelos e que dá clases na facultade de Fisioterapia da UVigo.
Aldara Vázquez: “Espero poder xogar máis e competir por pelexar para estar na fase de ascenso á Liga Challenge”
Preguntada sobre o que supón levar 23 tempadas no Club Baloncesto Arxil Aldara Vázquez Méndez di: ”Supón seguir crecendo como xogadora, moitos nervios e ganas de demostrar que podo xogar máis e sobre todo gozar“.
Respecto a a tempada que empeza Aldara Vázquez Méndez explica que espera “poder xogar máis e competir por pelexar para estar na fase de ascenso á Liga Challenge e co Arxil Mafari Café tentar dar un salto de calidade no equipo e ser máis competitivos. Á afección diríalle que son parte do equipo e que grazas a eles é máis fácil saír á pista e dalo todo, necesitámolos na bancada xa que son fundamentais”, explica a deportista.
Aldara Vázquez Méndez súmase ás xogadoras Cristina ,Meniña, Nerea ,Mirian, Andrea e Forster. Aos poucos vaise formando o bloque de xogadoras do CB Arxil de cara á vindeira tempada 2023-24 na LF2.