A Selección Galega absoluta de atletismo lograba un meritorio sexto posto no Campionato de España de Federacións Autonómicas levado a cabo en Pamplona. Galicia sumaba un total de 374,5 puntos na competición estatal.
Malia importantes baixas e algunha lesión de última hora, o combinado galego estivo competindo a un gran nivel nunha edición na que saltaba a sorpresa co triunfo da selección madrileña sobre a catalana, clara domiñadora nos últimos lustros.
🔝🔝🔝Comeza a nosa #selecciongalegadeatletismo a segunda xornada do campionato de España de Federacións pic.twitter.com/TjjNhrOEgY
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
Belén Toimil asinou a máxima puntuación no concurso de peso
Na Selección Galega destacou a participación da lanzadora olímpica Belén Toimil que lograba o triunfo da proba, sumando dunha maneira moi clara, a máxima puntuación no concurso de peso con 17.57 m.
⚪🔵⚪Belén Toimil logra un importantísimo triunfo para a #selecciongalegadeatletismo no concurso de peso con 17.57 👏👏https://t.co/EegNWF2CYs pic.twitter.com/LTNtE5wHrF
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
Carmen Sánchez na xavelina, foi outra das atletas destacadas ao lanzar ata moi preto da súa MMP de 53.74 e conseguir o segundo posto da proba.
⚪️🔵⚪️Sensacional 2️⃣ posto para Carmen Sánchez en xavelina con 53.74 m. a tan só 4 cm da súa MMP. Con este concurso a nosa #selecciongalegadeatletismo suma un tota de 15 puntos neste concurso💪https://t.co/DdKMAEdsaa pic.twitter.com/zZWmgWUjbt
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
A marcha novamente daba excelentes resultados da man desta ocasión de Carmen Escaríz que ocupaba posto de honra ao rematar de terceira con 22:25.70.
⚪️🔵⚪️Carmen Escaríz en acción na proba de marcha 💪#selecciongalegaatletismohttps://t.co/FdCntZQdwE pic.twitter.com/jbtWB48xFi
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
No resto de participación salientamos no sector de velocidade a Javier García e Jacobo Soler quenes lograban a cuarta posición tanto 100 m. con 10.55 como nos 400 m. con 47.45 respectivamente.
Ainhoa Reparaz sobre os 100 m. e Mauro Triana nos 200 m. sumaban importantes puntos para a selección con seus sétimos postos.
Adi Iglesias sumouse á Selección Galega á volta de París
Mención a parte ten a presenza de Adi Igesias que viña de competir en París e obter dúas medallas mundialistas na competición de para atletismo. A atleta lucense quixo estar ca Selección Galega aportando seis puntos no casilleiro da Irmandiña, nesta ocasión na proba dos 200 m.
⚪🔵⚪25.22 nos 200 m da serie B para Adi Iglesias recén chegaba de París cas súas dúas medallas do campionato mundial paralímpico#selecciongalegadeatletismohttps://t.co/B1xxstDHq2 pic.twitter.com/H8wLSj4sS7
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
Nos 800 m. os nosos representantes Pedro Ossorio sétimo con 1:50.69 e María Fernández oitava con 2:09.98, sumaban dazanove puntos para o casilleiro galego que xa comezaba a situarse nos postos importantes da clasificacion por Seleccións.
Novamente Pablo Bocelo daba mostras da súa progresión logrando un destacado cuarto posto nos 1.500 m. con 3:49.59 ao igual que un combativo Carlos Porto, que loitaba ata o remate sobre os 3.000 m. para rabuñar os máximos puntos posibles para Galicia.
Continuando cas probas de fondo, María Cedrón e Antía Castro remataban sétimas nos 1.500 m. con 4:30.25 e nos 3.000 m. con 9:54.54, situandose entre as galegas que no día de onte entraban entre as oito primeiras nas súas probas.
⚪🔵⚪1️⃣4️⃣.2️⃣8️⃣ para Uxía Pereira nos 100 valos#selecciongalegadeatletismo pic.twitter.com/CtwGXcuUJs
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
Sobre os valos os nosos estudantes USA Hugo Vázquez, Uxía Pereira e Claudia Rojo cumplían moi ben cas súas destacadas posicións de finalistas sobre esta modalidade, o mesmo que o marchador Dani Chamosa quen demostrando a súa fiabilidade, remataba de cuarto sobre os 5.000 marcha.
⚪️🔵⚪️Claudia Rojo gaña a súa seria B dos 400 valos con 1:00.10 logrando o 7️⃣ posto da xeralhttps://t.co/cR2HXwo7w7 pic.twitter.com/AE18pZ8Uyf
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
Nos saltos Saleta Fernández chegaba tamén ata a cuarta posición no listón de altura con 1.79 m. ao igual que Raúl Cortizo quen no seu último intento na lonxitude afianzaba un importante sexto posto con 7.06 m. Anxo Blanco pola súa banda cumplía moi ben no triplo chegando ata a sétima posición con 14.57 m.
⚪️🔵⚪️A nosa internacional en altura Saleta Fernández, comezando o seu concurso #selecciongalegaatletismo https://t.co/sARN6vq1Po pic.twitter.com/cKWcHOWYrP
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
Destacamos novamente a participación de Bea Viteri, sumando unha nova actuación ca selección galega e convertíndose na atleta con máis convocatorias. Desta ocasión ademáis lograba unha moi destaca sexta posición en pértega con 3.35 m.
Xa nos lanzamentos Eric Méndez mandaba o martelo ata os 59.22 m. o que daba a Galicia unha moi boa quinta posición no concurso.
🔵⚪️🔵 Importante 6️⃣ posición para María Ezquerro no concurso de disco con 45.17 m.💪#selecciongalegaatletismohttps://t.co/kpDvGLZxnc pic.twitter.com/ZFbZNXv35e
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
Igualmente foron destacados o sexto posto de María Ezquerro en disco con 45.17 m., o sétimo de Blanca Perira en martelo con 50.87 m. e a oitava posición na xavelina de Pedro Fikadu Santos con 58.96 m.
🔵⚪️🔵 Blanca Pereira logra a 7️⃣ posición no concurso de martelo con 50.87 m.💪#selecciongalegaatletismohttps://t.co/uH3pfrOQKL pic.twitter.com/iCaSNqk1GC
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
A remuda mixta de 4×400 da Selección Galega, finalizaba 4ª con récord autonómico
Nas remudas, o combinado galego mixto dos 4×400 m. remataba no cuarto lugar con 3:27.93 estabrecendo un novo récord galego. O cuarteto curto, con 44.26, entraba na décimo primeira posición.
A remuda da Selección Galega de 4×400 mixtos estivo conformada polos atletas: Jorge Roman Leiros,
Claudia Rojo Cazorla, Eugenia Gil Soriano e Jacobo Soler Benito.
⚪️🔵⚪️Outra actuación para enmarcar… 4️⃣ posición e récord galego mixto dos 4×400 m. con 3:27.93 Noraboa Jacobo, Claudia, Eugenia e Jorge 💪https://t.co/qCGz3sYG8U pic.twitter.com/1c8yLCDkvA
— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 15, 2023
O resto de actuacións da Selección Galega quedou da seguinte maneira segundo informa a Federación Galega de Atletismo:
- Hugo García 9º nos 3.000 m Obstáculos cun tempo de 9:10.16.
- Miguel Cajaraville 9º en lanzamento de pértega cunha marca de 4.55 m.
- Miguel Angel Granado 9º en lanzamento peso alcanzando unha distancia de 15.15 m.
- Fran Guzmán 9º en lanzamento de disco con 42.75 m.
- Isabel Caeiro 10ª na carreira de 3.000 m obstáculos acadando un crono de 11:00.62.
- Eugenia Gil Soriano 11ª na distancia de 400 m. parando o reloxo nos 57.08.
- Adolfo Saínz 11º no salto de altura cun chimpo de 1.85 m.
- Andrea Villaverde 13ª no salto de lonxitude con 5.28 m.
- Iago Núñez 13º na carreira de 400 valos cun tempo de 54.02.
- Manuel Lorenzo 14º na competición de 5.000 m. cun crono de 15:30.34.
- Laura Santos abandona nos 5.000 .
- Alba Cuns nulos en triplo salto.
Consulta aquí a puntuación por federacións que publica a Real Federación Española de Atletismo