• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

A gran actuación do Rosalía non impediu a undécima vitoria do Celta, 46-64

As xogadoras de Santiago mantiveron o pulso na primeira metade, pero na segunda as celestes fixéronse co partido | Chiqui Barros (adestrador do Rosalía): "Fixemos un gran traballo con pouco acerto"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/01/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
O Celta Zorka Recalvi logrou sumar os dous puntos ante o Rosalía / CELTA BALONCESTO

O Celta Zorka Recalvi logrou sumar os dous puntos ante o Rosalía / CELTA BALONCESTO

46
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Ulla Oil Rosalía non logrou dar a sorpresa ante o Celta Zorka Recalvi, pero case. Na primeira parte, as xogadoras de Chiqui Barros lograron tratar de ti a ti a un dos grandes da LF2, pero para a segunda metade, as de Cristina Cantero dominaron o partido (46-64).

Así, as celestes lograron a undécima vitoria esta tempada, o que as sitúa na quinta posición da táboa, a dous puntos do Osés Construcción Ardoi e a catro do BAXI Ferrol.

Chiqui Barros (adestrador do Rosalía): “Cando unha defensa te axuda e non es capaz de anotar, pois deixas de botar no saco algo que vas necesitar”

Por parte local, o xogo do Rosalía estivo desequilibrado entre defensa e ataque. “Fixemos un gran traballo con pouco acerto. Fíxolles dano ou cambiou o ritmo do partido a zona que fixemos moi ben durante moito tempo, pero cando unha defensa te axuda e non es capaz de anotar, pois deixas de botar no saco algo que vas necesitar”, analizaba Barros.

Unha primeira metade igualada

O equipo dirixido por Chiqui Barros, xogando de local, soubo atoparlle o punto ao Celta nos primeiros minutos. Cunha defensa zonal, as xogadoras celestes tardaron en chegar ao aro rival, marcando a primeira canastra a tres minutos e medio do inicio.

Con todo, a acertada defensa do Rosalía non se equiparaba ao seu ataque, polo que o cadro visitante logrou adiantarse cun parcial 0-6 grazas á actuación da pívot Leticia Soares. O técnico compostelán solicitou unha pausa e o seu plantel reaccionou, con dous triples seguidos de Ángela González que logrou reducir a distancia coas viguesas.

Os fallos desde os tiros de 2 por parte das compostelás compensáronse co seu acerto desde a liña de tres e desde o tiro libre e, sobre todo, por unha sólida defensa. Desta maneira, o primeiro cuarto remataba case en empate, cun 11-14.

Para o seguinte tempo, a igualdade non fixo máis que aumentar. Oito puntos consecutivos das locais obrigaron a Cristina Cantero a pedir un tempo morto e recolocar ás celestes ao ver como as rivais se adiantaban no marcador. A resposta das visitantes non se fixo esperar e volveron a adiantarse no marcador, empatando o segundo cuarto, pero cunha vantaxe de tres puntos ao descanso (25-28).

O Rosalía non aguantou o ritmo tras o descanso

O paso por vestiarios rompeu a dinámica das de Santiago e non souberon xa manter o ritmo do Celta. As visitantes deron coa clave para superar a defensa zonal das locais e asinaron un parcial 0-8 da man de Marita Davydova.

Entón, o equipo de Barros cambiou a unha defensa individual, pero por parte das celestes, Celia García asinou dous triples que, xunto ao acerto de Rose Marie Julien, lograron a maior diferenza no partido (27-44).

Ángela González (Rosalía): “Fixemos un mal terceiro cuarto, no que non entraba nada e sacaronnos unha vantaxe bastante grande”

“Fixemos un mal terceiro cuarto, no que non entraba nada e sacaronnos unha vantaxe bastante grande que conseguimos remontar un pouco pero non para chegar ata o final”, analizaba no postpartido a branca Ángela González.

A falta de dez minutos, as compostelás foron quen de reencontrarse co seu acerto fronte ao aro, cun parcial 5-0 que deixaba aberto o resultado a falta dun cuarto.

No último tempo, o Rosalía comezaba recortando distancias, sen chegar a alcanzar ás súas rivais. Unha serie de faltas deixaba ás celestes descolocadas, situación que aproveitaron as locais para situarse a nove puntos.

Con todo, o Celta Zorka Recalvi non se viu abaixo e reaccionou con triples de Clara Prieto e Julien, retomando a tranquilidade no banco visitante. Pero as xogadoras de branco non remataran a faena e asinaron un gran parcial 9-1 que as mantiña no xogo.

A tres minutos do final, o partido non estaba decidido, pero Cristina Cantero soubo reorganizar ao seu plantel para dominar o xogo. Davydova e Stamenkovic lograron un parcial 0-11 amarrando a undécima vitoria celeste.

“Houbo un momento no tramo final de coraxe, intensidade, traballo e creo que cunha defensa individual espectacular por momentos. Tivemos a nosa opción pero cando se dan esas circunstancias moitas veces chegas tan desgastada que non podes máis”, explicaba o técnico compostelán sobre a derrota.

O Celta logrou a undécima vitoria, desta vez ante o Rosalía / CELTA ZORKA RECALVI IG
O Celta logrou a undécima vitoria, desta vez ante o Rosalía / CELTA ZORKA RECALVI IG

O Rosalía acumula a quinta derrota consecutiva que, de todas formas, non baixa os ánimos no club. “Felicitar ao Celta pola extraordinaria tempada que están facendo. Nós a seguir traballando porque con esta intensidade, o acerto será mellor outro día e seguiremos tendo opcións de gañar partidos e de conseguir o obxectivo”, declaraba Chiqui Barros.

FICHA TÉCNICA

46) ULLA OIL ROSALÍA: Sara Corredoira (8), Alba Rama (-), Sarai Carro (2), Carla García (3) e Leticia Soares (6)-cinco inicial-. Tamén xogaron: Paula Rivas (1), Nuria Chorén (-), Blanca Manivesa (6), Angela González (15), Clara Riera (-) e Nerea Liste (6).

64) CELTA ZORKA RECALVI: Mariona Martín (-), Lucía Fontela (2), Celia García (9), Maja Stamenkovic (13) e Marita Davydova (20) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Noa Comesaña (-), Florencia Niski (-), Clara Prieto (7) Angela Coello (2) e Rose Marie Julien (11).

PARCIAIS:  11-14, 14-14, 7-16 e 14-20.

ÁRBITROS: Roi Rilo Antelo e Andrés Estebán Domínguez. Sinalaron un total de 15 faltas a Ulla Oil Rosalía e 18 a Celta Zorka Recalvi.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Feminina 2 disputado no Instituto Rosalía de Santiago de Compostela ante 50 persoas.

Etiquetas baloncestobasketCelta Zorka Recalviliga femenina 2liga feminina 2Santiago de CompostelaUlla Oil Rosalía
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Irene Garí renova polo BAXI Ferrol / UNI FERROL

A xogadora valenciana Irene Garí renova e cumprirá a súa terceira tempada no BAXI Ferrol

por Redacción As Nosas
26/06/2022
0

  A alero valenciana Irene Garí seguirá a próxima tempada vestindo a elástica do o BAXI Ferrol, co que cumprirá a...

Marta Gómez ficha polo BAXI Ferrol / UNI FERROL

Marta Gómez, ficha polo BAXI Ferrol

por Redacción As Nosas
15/06/2022
0

  O BAXI Ferrol chegou a un acordo coa xogadora cántabra Marta Gómez para que pase a formar parte do...

Andrea Boquete, volve ao BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

Andrea Boquete e Julieta Mungo regresan ás disciplina do BAXI Ferrol

por Redacción As Nosas
07/06/2022
0

  As xogadoras arxentinas, con pasaporte español, Andrea Boquete e Julieta Mungo, regresan ás filas do BAXI Ferrol despois dun...

Jenna Allen, xogadora do BAXI Ferrol / BAXI FERROL

A americana Jenna Allen cumprirá a súa cuarta tempada no BAXI Ferrol

por Redacción As Nosas
02/06/2022
0

  O BAXI Ferrol vén de confirmar a renovación da xogadora americana Jenna Allen que cumprirá a súa cuarta tempada...

Marianne Kalin ficha polo BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

O BAXI Ferrol incorpora á pivote finlandesa Marianne Kalin

por Redacción As Nosas
27/05/2022
0

  O BAXI Ferrol chegou a un acordo coa pivote finlandesa Marianne Kalin para que xogue no conxunto departamental a...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Selección Española feminina de Fútbol Sala adestrada por Clàudia Pons / RFEF

A Selección Española de futsalfem está lista para repetir éxito en Gondomar

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Selección Española feminina de Fútbol Sala adestrada por Clàudia Pons / RFEF

A Selección Española de futsalfem está lista para repetir éxito en Gondomar

01/07/2022
Lydia Pérez Touriño, bronce en lita nos Xogos do Mediterráeno / FEGALOITA

Lydia Pérez fai historia nos Xogos do Mediterráneo acadando o bronce

30/06/2022
Tere Abelleira coa camiseta da Selección Española / FUTGAL

Abelleira entra finalmente na convocatoria para a Eurocopa de Inglaterra

29/06/2022
Teresa Abelleira coa Selección Española / TERE ABELLEIRA IG

Vilda descarta a Tere Abelleira para a Eurocopa de Inglaterra 2022

28/06/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.