A Xornada Sur da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas da Federación Galega de Loita (FEGALOITA) dá continuidade á xornada norte, e será clasificatoria para a xornada final. A competición terá lugar esta fin de semana, o sábado 1 de abril, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.
Espérase unha participación próxima aos 190 deportistas rexistrados, con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos. A competición está pensada para o desenvolvemento das e dos deportistas máis pequenos:
- É unha competición por equipos.
- É unha competición mixta.
- Todos os deportistas, independentemente do resultado durante a xornada, suman puntos para os seus respectivos Clubs. Todos son partícipes do resultado final.
A competición desta Xornada Sur da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas está dividida por idades (prebenjamín, benjamín e alevín) e por categorías de peso. Para que un factor determinante como o peso corporal, non afecte ao desempeño das e dos deportistas.
A competición desenvolverase sobre catro tapices de 6 x 6 mts, en roldas que enfrontarán os equipos uno contra un. Deste xeito, facilítase a incusión de todos os deportistas na competición.
Os clubs rexistrados para esta xornada son: Club San Igancio, Club O Castro de Vigo, Club Kuzushi de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club A Cambadela da Estrada, Club Senín de Cambados e o Club de Loita Pontevedra.