Elena Vázquez é unha das vinte futbolistas que o seleccionador Kenio Gonzalo chamou para formar parte dunha convocatoria da Selección Española Sub-17 que xogaría tres partidos da primeira rolda da clasificación para o Campionato de Europa. A futbolista, única galega na lista, milita na SD Orzán e tivo no último partido unha participación destacada.
A Selección Española Sub-17 de fútbol completou a rolda 1 do Campionato de Europa feminino contando os seus partidos por vitorias e mantendo a portería a cero.
Co selo da clasificación xa impreso na rolda 1 do Campionato de Europa feminino Sub-17 o obxectivo de España no último duelo, contra Grecia, era claro: asinar o pleno de vitorias e manter a portería imbatida. O partido rematou con 0-5. Nun dos goles, a galega Elena Vázquez foi quen deu a asistencia.
Dito, e feito. Tras unha primeira parte na que as forzas estiveron igualadas, na recta final antes de chegar ao descanso e nun só minuto, dous grandes xogadas de Noa poñían o 0-2 no marcador co que o duelo chegaba ao seu ecuador.
O conxunto dirixido por Kenio Gonzalo non soltou o acelerador na segunda parte e, froito diso, chegaron os tantos de Celia Segura e Noa (con asistencia de Elena Vázquez). Zagklli, de novo en propia porta, foi a encargada de anotar o definitivo 0-5 que daba o pleno de vitorias e o liderado definitivo a España.
Ver esta publicación en Instagram
Nos partidos previos a Selección Española Sub-17 vencía a Polonia 3-0 con goles de Cristina Redondo, Vicky López e Daniela Arques. Previamente, no cruce contra Bélgica, España vencera 4-0 con goles de Cristina Redondo (2), Lorena Cubo e Celia Segura.
Elena Vázquez da comarca de Bergantiños á Selección
A traxectoria da deportista galega Elena Vázquez parte das categorías de base do futfem da comarca de Bergantiños e chega, polo de agora, ata as categorías inferiores da Selección Española de fútbol, pasando pola SD Orzán onde xoga no equipo xuvenil. A SD Orzán forma parte das categorías de base do RC Deportivo ABANCA.
😍 Elena debutou coa @SEFutbolFem sub-17 no 1º partido da Ronda 1-Liga A do Campionato de Europa 🇪🇺
Entrou ó campo no minuto 63 e a selección gañou por 4-0 a Bélxica 💪🏻🇪🇦
Que esa sorrisa siga brillando ao maximo 🤩🤩 pic.twitter.com/a5VXZFO95T
— Orzán SD (@OrzanSD) September 23, 2022
CONVOCATORIA DE ESPAÑA SUB-17
Club | Jugadora |
---|---|
ALHAMA CF | Daniela Arques Lázaro |
C. ATLÉTICO DE MADRID | Cristina Redondo Navarro |
FC BARCELONA | Celia Segura Rodríguez Noa Ortega Requena Emma Gálvez Menéndez Lorena Cubo Barroso Aicha Camara CamaraVictoria López-Serrano Félix |
LEVANTE UD SAD | Nuria Escoms García |
REAL BETIS BALOMPIÉ SAD | Noemi Bejarano Beltrán |
REAL MADRID CF | Adriana Folgado Blanco Laia López de la Morena Claudia de la Cuerda García Calvo Paula Comendador Prado Raquel Iñigo Gómez |
RCD ESPANYOL DE BARCELONA SAD | Laia Abdon Naval |
REAL SOCIEDAD DE FÚTBOL SAD | Alazne Estensoro Macicior |
SE AEM | Abril Rodrigo Cortés |
ORZÁN SD | Elena Vázquez Brandón |
VALENCIA CF | Ainhoa Alguacil Amores |