A Selección Española de rugby, as Leonas, inicia este luns o camiño ao Mundial de Nova Zelanda e o fai cunha galega nas súas filas. Mona Castelo estará ás ordes de José Antonio Barrio’Yunque’ no primeiro de tres encontros desta Clasificatorio Europeo. O duelo ante Irlanda será ás 18:00 horas e poderá seguirse en Teledeporte.
A xogadora do CRAT estará presente no XV titular de Yunque no duelo que se disputará en Parma. Nos seguintes partidos, as Leonas tamén xogarán contra Escocia e a anfitrioa Italia.
Antes de viaxar a terras italianas, as españolas concentráronse en Jaca para preparar un duro clasificatorio. Dos catro equipos participantes, só un accederá ao Mundial de maneira directa, mentres que o segundo mellor xogará a repesca.
A convocatoria de Yunque
- Saioa Jaurena
- Marga Rodríguez
- Laura Delgado
- Anna Puig
- Mona Castelo
- Olivia Fresneda
- Lourdes Alameda
- María Calvo
- Patricia García
- Anne Fernández de Corres
- Amalia Argudo
- Amaia Erbina
- María García
- Iera Echebarría
- Bea Domínguez