A selección Galega de MMA competirá no Campionato de España e o fará cunha única participante feminina. Sara Vieitez será a única galega na competición que se disputará en Puerto Banús o sábado, 19 de xuño.
A Federación Galega de Loita e D.A. aposta unha vez máis polas actividades e competicións deportivas formando parte deste gran evento. O equipo galego participou en todos os campionatos de España de todas as modalidades celebrados ata hoxe, amosando unha recuperación deportiva inigualable nunha tempada marcada pola COVID-19.
Sara Vieitez, do Independiente de Vigo, viaxará acompañada por Lewis Arizala e Jónathan Barboza, ambos do Sportfight, e polos técnicos Pablo Pintos e Manuel Permuy así como o árbitro Daniel Fernández.