• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Máis de 1.500 persoas participaron na XII Carreira Popular Torre de Hércules, co faro iluminado de cor morada en conmemoración polo Día da Muller

O concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez, entregou os premios a Víctor Puyuelo e Irati Lorza, vencedores dunha proba que abriu a nova edición do circuíto Coruña Corre

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/03/2024
en Máis Deporte, Atletismo
Víctor Puyuelo e Irati Lorza, vencedores da XII Carreira Popular Torre de Hércules / CONCELLO DA CORUÑA

Víctor Puyuelo e Irati Lorza, vencedores da XII Carreira Popular Torre de Hércules / CONCELLO DA CORUÑA

98
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A undécima edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre deu o pistoletazo de saída coa celebración da XII Carreira Popular Torre de Hércules, unha proba na que participaron máis de 1.500 persoas (contabilizando a proba absoluta e categorías inferiores) e que serviu, ademais, para conmemorar o 15º aniversario do faro como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

XII Carreira Popular Torre de Hércules co faro iluminado de morado co gallo do 8M / CONCELLO DA CORUÑA
XII Carreira Popular Torre de Hércules co faro iluminado de morado co gallo do 8M / CONCELLO DA CORUÑA

A xornada arrincou ás 17.00 horas coas carreiras en categorías inferiores. As crianzas, distribuídas en seis quendas diferenciadas en función da súa idade, tomaron parte en percorridos de 150 a 800 metros, con saída desde o paseo dos Menhires.

🙌 Arrincamos por todo o alto o circuíto #CoruñaCorre 2024!

📸 Compartímosvos un pequeno resumen das categorías inferiores da XII Carreira da Torre de Hércules. pic.twitter.com/6oMaA3qasD

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) March 23, 2024

 Víctor Puyuelo e Irati Lorza, vencedores na Torre

Foi a antesala da disputa da proba absoluta, que comezou ás 20.00 horas, tamén desde o paseo dos Menhires. As e os atletas inscritos percorreron 6.350 metros ao longo do sector leste do Paseo Marítimo -recentemente reurbanizado polo Concello da Coruña ata a contorna do Centro Oceanográfico da Coruña, nas Ánimas. Xa neste punto, as e os deportistas enfilaron o traxecto de volta cara ao pé da Torre de Hércules.

Irati Lorza, vencedora feminina da XII Carreira Popular Torre de Hércules / CONCELLO DA CORUÑA
Irati Lorza, vencedora feminina da XII Carreira Popular Torre de Hércules / CONCELLO DA CORUÑA

Xa ás 21.15 horas, na contorna do frontón da Cidade Deportiva da Torre ‘Arsenio Iglesias’, tivo lugar o acto de entrega de premios ás e aos atletas gañadores. Víctor Puyuelo e Irati Lorza, cun tempo de 00:20:03 e 00:24:40, respectivamente, obtiveron os mellores tempos nas categorías masculina e feminina. O concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez, foi o encargado de homenaxear aos ocupantes do podio.

📸 ÁLBUM | Así foi a XII Carreira Popular @torrehercules que se celebrou este sábado na #Coruña.

E ti, participaches nas probas ou a andaina solidaria polo #8M? Disfruta coas imaxes da xornada!

A ligazón á galería completa, aquí: https://t.co/M45hwO1gT5 pic.twitter.com/izoMaOeC1V

— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) March 23, 2024

Vázquez animou á cidadanía a participar nas vindeiras probas do circuíto Coruña Corre, que continuará en abril coa Volta a Oza. “Nesta edición da carreira popular da Torre superamos o número de persoas inscritas con respecto á pasada edición, e confiamos en que esta dinámica terá continuidade nas próximas probas”, destacou.

Víctor Puyuelo e Irati Lorza, vencedores da XII Carreira Popular Torre de Hércules / CONCELLO DA CORUÑA
Víctor Puyuelo e Irati Lorza, vencedores da XII Carreira Popular Torre de Hércules / CONCELLO DA CORUÑA

Cómpre lembrar, ademais, que ao abeiro da programación de actividades polo 8M, Día Internacional da Muller, tamén se celebrou unha andaina solidaria, na que se inscribiron máis de 300 persoas. Durante a andaina, a Torre de Hércules iluminouse de cor morada ao paso das persoas participantes.

Aberto o prazo de inscrición na Volta de Oza

O pasado luns abriuse a inscrición para a segunda proba do circuíto, a Volta a Oza, de cara a súa edición número 11 o domingo 7 de abril. O período de inscrición pecharase, como é habitual, unha semana antes, o domingo 31 de marzo ás 23.59 horas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e formalizar a súa inscrición na páxina web www.corunacorre.com.

A proba absoluta terá a súa saída e meta no parque de San Diego e transcorrerá pola avenida do Exército e da Pasaxe ata a avenida da Concordia, chegando ata a rúa Monte das Moas e atravesando o parque de Eirís. Despois, pasará pola praza de Pablo Iglesias pola avenida Casanova de Eirís, baixando pola rúa Antonio Ríos ata o parque de Oza, regresando a San Diego pola rolda de Outeiro.

Etiquetas 8MA CoruñaatletismoCarreira Popular Torre de HérculesCoruña Corre
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

  A cidade da Coruña volverá situarse no epicentro mundial da marcha atlética coa celebración o vindeiro 23 de maio...

María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Dúas atletas galegas formarán parte da Selección Española no vindeiro Campionato de Europa de Trail e Mountain Running, que se...

Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Galicia foi primeira no medalleiro grazas as cinco medallas obtidas polos atletas da nosa comunidade. Acadáronse en total 5...

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.