• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Dez galegos no podio do V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park, punto final da Copa de España

Arantxa Gómez (OsdoSacho) e Alexia Santervas (A Forna), segunda e terceira cadete respectivamente, ascenderon a esas mesmas prazas na xeral da Copa estatal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/07/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Podio do V Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park / FCG

Podio do V Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park / FCG

126
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Tres centenares de riders converteron á Estación de Montaña de Manzaneda na capital do ciclismo de descenso estatal durante a fin de semana. Dez bikers galegos subiron ao podio.

O II Mini DH Manzaneda Bike Park e o V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park, dous eventos organizados pola Federación Ciclismo Galego (FCG), ofreceron espectáculo e emocións fortes nas instalacións do complexo turístico ourensá. A cita da Copa de España encargouse de baixar o pano do seu calendario con dez representantes da nosa comunidade asinando postos de podio.

A cuarta e última xornada do circuíto de probas coordinado pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) disputouse o domingo e reuniu a 180 participantes.

O mellor rexistro da final correspondeu a Édgar Carballo (Vadebicis), que detivo o reloxo en 2:17,902. O canario bateu por 2,5 segundos ao vasco Yelco Romero (Baskonia), ambos da categoría elite-sub23, e o terceiro posto scratch logrouno o júnior madrileño Daniel Castellanos (Planet MTB), a 3,5″ do gañador absoluto.

O quinto rider máis rápido entre os 180 participantes foi o galego Francisco Vilaboa (Singletrack) (cunha marca de 2:23,492). Esta actuación outorgoulle o terceiro chanzo do caixón elite-sub23 ao rematar xusto por diante do madrileño Orion Kirchmayer (101% DH), que chegaba como líder da xeral e certificou o título en Manzaneda.

Entre os dez primeiros da categoría raíña masculina metéronse outros dous corredores da nosa autonomía: Kevin Méndez (Rocasport Giant) fixo sexto e Marco Veiga (CiclosQuintena), noveno.

#CopaEspañaDH | Todo preparado para unha gran fin de semana de Descenso no Manzaneda Bike Park

👍👍 Víctor Picos, director da @Manzaneda_EM, e Alberto del Río, director do dobre evento organizado pola Federación Ciclismo Galego

🔗 https://t.co/SxvXDOmpUH pic.twitter.com/H6To8bc9Bn

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) July 21, 2023

Nos dous grupos de idade de promesas os galegos estiveron implicados na loita por ser terceiros. Rubén Temprano (Komanche) conseguiuno nos cadetes, superando a Xurxo Campos (Monteneme) e a Yerai Peláez (Coruxo), cuarto e quinto respectivamente. Ás portas do podio, concretamente a menos de 1″, quedou André Martínez (Avanza-O Porriño) nos juniors. Clasificouse cuarto, un posto por riba de Héctor Quinteiro (Pontebike).

En canto ás categorías Máster, Iván Mourelo (DH Galicia) impúxose nos máster-30 levándose o man a man co andaluz Moisés Navarrete (Enduriders), vencedor da Copa de España. A camisola do certame estatal tamén a luciu o catalán Manel Arasa (Or Bikes) nos máster-40, o rider ao que escoltaron Miguel Ángel Pintos (Coruxo), segundo clasificado a 2,2″ do gañador, e José Montenegro (Moto Bike), terceiro a 2,5″ do primeiro posto.

Unha situación similar deuse nos máster-50. O valenciano Jacobo Santana (BMX Alcoy), líder da Copa, marcou o mellor tempo por diante de dous galegos. Rebaixou en 13,7″ o rexistro de Ricardo Escudero (Poio Bike) en 14,7″ o de Adolfo Gallego (Singletrack).

Tres podios femininos galegos no descenso en Manzaneda

Os tres podios femininos do noso Descenso tiveron premio dobre. Arantxa Gómez (OsdoSacho) e Alexia Santervas (A Forna), segunda e terceira cadete respectivamente, ascenderon a esas mesmas prazas na xeral da Copa de España, dominada pola triunfadora en Manzaneda, a andaluza Laura Márquez (Planet MTB).

Directamente no máis alto do ranking do seu grupo de idade irrompeu Lorena Castro (VigoEnduro) grazas ao seu triunfo nas máster-30.

A condición de raíña scratch da xornada acadouna por segundo ano consecutivo a madrileña Zoe Zamora (101% DH), que afrontou esta proba co título Elite Sub-23 da Copa no peto. A gañadora do Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park no 2022 dobregou nesta ocasión por 1,8″ á asturiana Cristina Menéndez (Cuetos Bike), tamén Elite Sub-23, e por algo menos de 4″ á júnior Kira Zamora (Zamora (101% DH). Gemma Chapela (VK Bikes), a mellor galega Elite Sub-23, terminou quinta na súa categoría, seguida por outras tres riders da nosa comunidade como son Uxía Álvarez (Coruxo) (sexta), Desiree Fernández (Ribadumia) (sétima) e Alejandra Chapela (VK Bikes) (oitava).

A cerimonia de clausura deste evento e, a súa vez, da Copa de España 2023 contou coa presenza de Víctor Picos, director da Estación de Montaña de Manzaneda; de Patricia Domínguez, alcaldesa da Pobra de Trives; de Antonio Núñez, tenente alcalde de Manzaneda; de Fermín Santoveña, concelleiro de Deportes da Pobra de Trives; e de Juan Carlos Muñiz e de David Carrillo, presidente e secretario da FCG.

Mini DH Manzaneda Bike Park

O programa desta fin de semana de Descenso na Serra de Queixa arrancara o sábado coa segunda edición do Mini DH Manzaneda Bike Park. Cun total de 120 inscritos celebrouse a segunda proba do calendario autonómico desta especialidade do BTT para as categorías de Escolas.

As rapazas e os rapaces alevíns e infantís que queiran volver desfrutar no Manzaneda Bike Park da man da FCG poderán facelo do 4 ao 6 de agosto no Campus Mini DH Ciclismo Galego by Eva Castro, segundo informa a Federación Ciclismo Galego.

  • Clasificacións Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park
  • Clasificacións Mini DH Manzaneda Bike Park
Etiquetas Bike ParkciclismoCopa de EspañadescensoDHIFCGFederación Ciclismo GalegoManzanedaRFEC
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.