A lucense Xela Martínez suma un novo éxito ao seu palmarés. A atleta da Federación Galega de Atletismo, lograba o triunfo individual proclamándose campioa de España e amosando novamente a súa enorme calidade nunha categoría Sub16.
O Campionato de España de Campo a través, celebrado Centro Ecuestre El Asturcón de Oviedo esta fin de semana, deixaba á Selección Galega feminina sub16 remataba por equipos na sétima posición da clasificación xeral. Tamén formaron parte deste conxunto, ademais de Xela Martínez, Sara Guedes, que resultou 28ª, Amparo Corredoira, 31ª, Adriana Alén, 51ª, Celia Vila, 60ª e Estela Díaz, 75ª.
Como parte da Selección sub18, competiron outras doce atletas galegas. Paula Cabaleiro foi a mellor clasificada, rematando en 41ª posición. Seguiuna Isabel Caeiro, 47ª, Carolina Santos, 50ª, Lía Fernández, 63ª, Marcela Morgado, 65ª e Alejandra Formoso, 85ª. O equipo rematou noveno na táboa por seleccións.
A outra actuación destacada no campionato foi a do equipo masculino sub16, que se colgou a prata. O equipo formado por Ricardo Negrete (7º), Damián Suárez (8º), Teo de Frutos (17º), Sergio Quintas (18º), Asahber Díaz (20º) e Matías Regueiro (35º) lograba este meritoria segunda posición nun campionato na que tan só cederían ante a selección do Pais Vasco por tan só dous puntos.