Xela Martínez, corredora da Escola Atlética Lucense, vén de facer pública a súa decisión de continuar a súa carreira deportiva e estudos en terras estadounidenses. En principio a galega non marcharía ata agosto de 2024.
A atleta, considerada a gran promesa do fondo galego, anunciaba nas súas contas en Instagram e máis en Twitter que pasaba do azul ao vermello (a cor do NC State Track & Field and Cross Country Program que ten un lobo como imaxe). “Novo equipo, mesmo soño”, escribía. Xela Martínez explicaba que que continuará a súa carreira atlética e académica no Estado de North Caroline en Estados Unidos.
From blue to red! New team, same dream!
I couldn’t be more excited to announce my commitment to NC State to continue my academic and athletic career.
Forever grateful for this huge opportunity.
I can’t wait to be a part of the Wolfpack team next year!Go Pack!🐺❤️🔥 pic.twitter.com/DwkCtGeYbP
— xela (@xelamartiinezzz) October 12, 2023
O palmarés de Xela Martínez
Desde ben nova, Xela Martínez despunta na pista competindo por encima da súa idade e acadando títulos. No 2022 foi campiona Sub-18 dos 5.000m con marca récord do campionato e segunda do ránking histórico 16:45.53. Tamén foi campionato Sub-18 dos 1.500 m en pista cuberta. Igualmente manda no cross na súa idade. No mesmo ano 2022 fixose co ouro nos 2.000 m obstáculos do Campionato de España Sub-18 cun crono de 6:30.31, unha vez máis batía o récord da proba para esa idade.
Con 15 anos a xoia do atletismo base galego xa batera o récord de España Sub-16 nos 3.000 m. con 9:28.34 que supuxo tamén o récord galego Sub-18, foi no ano 2021.
No Mundial de cross Sub-20 celebrado en Bathurst (Australia) a principios deste 2023 foi 22ª con so 17 anos asinando o primeiro lugar dunha atleta europea.
O NC State Track & Field and Cross Country Program anunciaba tamén a incorporación da deportista lucense ás súas filas. A corredora galega dixo estar moi “agradecida por esta oportunidade” e deu as grazas polo seu apoio a “familia, adestradores, equipo e amizades”.
Ver esta publicación en Instagram
Hai pouco, do 6-8 de outubro, Xela Martínez participaba nas sesións de monitorización da RFEA para atletas de fondo en León no CAR. A actividade forma parte do chamado Plan Dirigido 2024 da RFEA. Xela Martínez foi a única galega na lista nesta ocasión.
Preparando todo lo que se viene 🔥
Plan Dirigido 2024 – Fondo: Monitorización I
🗓️ 6-8 octubre
Los protagonistas y su plan de trabajo ➡️ https://t.co/r0ZkofNiol pic.twitter.com/XzJ1vIAVzS
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) October 7, 2023