Dez de Dez. O BAXI Ferrol sumou a súa décima vitoria consecutiva nesta tempada na LF2 no enfrontamento que dirimiu no pavillón da Malata ante o GDKO Ibaizábal. Con este resultado, as galegas seguen invictas e dominando a clasificación como líderes indiscutibles.
No cruce co GDKO Ibaizábal, o conxunto ferrolán saltou á cancha con moita intensidade, o que lle permitiu
escaparse no marcador, ante un rival ao que lle custaba moito anotar, o que levou a que o primeiro cuarto terminase cun 22-8.
Nos primeiros minutos do segundo cuarto, o equipo local do BAXI Ferrol seguiu sendo moi efectivo tanto en defensa como en ataque, conseguindo unha máxima vantaxe de 20 puntos, 30-10, no minuto 14.
Con todo, a partir dese momento, o cadro vasco atopou os seus mellores minutos en ataque e cun parcial de 5-18, chegouse ao descanso cun 35-28.
No terceiro cuarto, as vantaxes rodaban o dez puntos, até o minuto 25, no que as xogadoras locais do BAXI Ferrol intensificaron o ritmo e iso valeulle para ir incrementando a súa renda, até terminar cun 54-36.
O BAXI Uni Ferrol, líder indiscutible
O encontro seguiu sendo controlado polo equipo ferrolán, que deixaba claro o por que é o líder de grupo, cunha defensa que apenas permitía anotar ao seu adversario, mentres que a súa marcadora crecía até chegar ao final do tempo regulamentario cun cómodo triunfo por 71-48, que deixa ás pupilas de Lino López na primeira posición da LF2 tras dez xornadas cun pleno de vitorias e unha serie de 10 triunfos consecutivos.
Xusto detrás do BAXI Universitario está outro conxunto galego, o Celta Zorka Recalvi co dous puntos menos e dous partidos perdidos por oito gañados no que vai de competición.
FICHA TÉCNICA
71.- BAXI FERROL: Laura Fernández (5), Gari Gilaber (7), Geraldynn Leaupepe (14), Anniina Aijanen (8) e Jenna Allen (11) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patricia Cabrera (6), Julieta Mungo Lanzetti (3), Patricia Benet (4), Natalia Rodríguez (3), Andrea Boquete (8), Sune Swart (2)
48.- GDKO IBAIZÁBAL: Laura Marcos (-), Juana M. Molina (16), Helmi Tulonen (10), Elina Koskimies (8)e Rebeca Cotano de Juan (8) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Peyton Ferris (4), Paule Portilla (-), Ane Arrien (2), Ana Iruskieta (-), Maiane Aizpurua (-), Olaia Arenas (-) e Joana Cristelo (-).
PARCIAIS: 22-8, 13-20, 19-8 e 17-12
ÁRBITROS: Manuel Seijo Vázquez e Andrés Esteban Domínguez.
INCIDENCIAS: Pavillón da Malata (Ferrol). Partido correspondente á xornada 10 da Liga Feminina 2. Xogadora máis valorada Geraldynn Leaupepe con 19 seguida de Anniina Aijanen con 17 de valoración.