• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Opinión

Tere Abelleira: unha galega marcando gol nas antípodas

Iago Cerezuela

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
28/07/2023
en Opinión
100
COMPARTIDOS
196
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A centrocampista pontevedresa Tere Abelleira convértese na segunda galega que asina un gol na fase final dun Mundial de fútbol feminino. Seguramente moitas das persoas que estades lendo este artigo xa tedes na mente quen foi a primeira. Efectivamente: Vero Boquete. 

O fútbol, un dos deportes con máis seareiros no mundo adiante, foi visto durante moitos anos como unha competición dominada por homes. Ese pensamento xa non ten sitio. Mudou. O seguimento in situ e través das transmisións televisivas, dá conta do tirón do futfem entre seareiros de diferentes partes do Globo. Nomeadamente en España este deporte está a gozar dun bo momento, tanto na calidade do xogo que se desenvolve nos campos por parte das futbolistas, como no apoio que teñen desde as bancadas pola afección.

As mulleres levan décadas loitando por ser recoñecidas e respectadas no ámbito deportivo, enfrontándose a prexuízos e discriminación. O fútbol foi un deses espazos. Pero, como o balón, o mundo xira e avanza. Son pequenos os pasos cara a igualdade, pero firmes.

Tere Abelleira está a ter continuidade no once

A Vermella está a disputar un Mundial que, polo de agora, pinta ben. E aos nomes habituais como Alexia Putellas ou Jenni Hermoso, súmanse outros como o da galega Tere Abelleira, que está a ter continuidade no once inicial polo que está a optar ata o de agora Jorge Vilda.

A pontevedresa, ex do Dépor ABANCA non so conduce a redonda con tino polos tepes das antípodas, e que ademais está a xerar perigo e incluso xa ten anotado un gol. Foi o que abriu a lata da goleada de España a Zambia (5-0) que coloca ao equipo que adestra Jorge Vilda en oitavos de final, pendentes de saber se, ademais, serán primeiras de grupo.

So con ese gol na Copa do Mundo Tere Abelleira xa deixou unha marca indeleble no o fútbol galego.

Como outras futbolistas, non o tivo doado para despuntar no balompé, pero con determinación e paixón, abriuse paso no mundo do fútbol desde terras galegas ata, polo de agora, defender a elástica do Real Madrid nas competicións de clubs. O paso á Selección Española absoluta era un camiño natural vista a súa traxectoria, pero a estabilidade nas convocatorias tardou un pouco máis.

Co seu xogo Tere Abelleira demostra con cada pase, con cada desmarque, ou con golazos como o que marcou ante Zambia desde fóra da área, que o fútbol non é, en absoluto, un xogo masculino, senón unha paixón compartida por todas e todos, independentemente do seu xénero. O deporte non ten xénero.

Aínda que estamos diante dunha futbolista moi moza, todo parece indicar que se o papel de Vero Boquete foi inspirador para moitas futbolistas como a propia Tere Abelleira, a influencia da pontevedresa nas vindeiras xeracións do fútbol feminino galego seguramente será tamén fonda.

Cada vez que unha deportista triunfa, derruba muros mentais noutras cabezas, abre portas, xera ilusións, crea novas arelas que agroman nos peitos das futuras xeracións que teñen, por fin, como resaltou tantas veces Vero Boquete: referentes. Espellos nos que mirarse. Tere Abelleira é agora mesmo iso para moitas futbolistas mozas galegas.

Dos seus centros, ademais de goles, xurdirán soños que darán como froitos novas xogadoras que anhelan unha carreira neste deporte.

Ese gol anotado por Tere Abelleira nas antípodas (que entrou por toda a escuadra) é moito máis que un tanto que suma nun resultado amplo para unha Selección que promete. É un PÓDESE que se encende na mente dunha nena que se cadra agora mesmo está pateando un balón nunha praia en calquera lugar de Galicia, poñamos por caso Bastiagueiro, Silgar, Barrañán, A Rapadoira… elixide o areal, é o mesmo. O que conta é que a ilusión está sementada grazas a un gol dunha galega no Estadio Eden Park de Auckland.

Etiquetas DeportefemininofútbolFutFemMundialopiniónTere Abelleira
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Iago Cerezuela

Iago Cerezuela

Licenciado en Comunicación Audiovisual e máster en xornalismo deportivo. Nivel 2 de adestrador de fútbol. En 2010 deu os seus primeros pasos no xornalismo deportivo cun programa de radio e un blog adicado ao fútbol. Catro anos máis tarde, colabora en Marca como redactor, na sección do Real Madrid. Na tempada 2017-18 adestra ao equipo infantil B do Trival Valderas de Alcorcón. Actualmente xogador do Meicende. Antes ten militado en clubs modestos da área da coruña como o CD Calasanz ou no Agaela FS da liga local de fútbol sala da cidade herculina.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

16/05/2025
Friol acollerá o Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en Estrada / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Friol acolle o Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en Estrada 2025

16/05/2025
Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

15/05/2025
Liga Xunta de Galicia de Break Dance / XUNTA DE GALICIA

A Liga Xunta de Galicia de Break terá unha modalidade Open e outra federada na súa quinta edición

15/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.