O sábado 6 de marzo celebrouse en Ourense o Campionato Galego Absoluto de Combate, primeira proba de taekwondo disputada en Galicia dende o inicio da pandemia da COVID-19.
Na clasificación xeral de clubs, proclamouse campión galego de taekwondo o Natural Sport Riveira (con 60 puntos), ocupando a segunda posición o Patiño Moaña (39 puntos) e terceiro, o Maniotas-Noia (26). Na clasificación masculina venceu o Natural e na feminina, o Couto. Por detrás deste club quedaron o SUH Sport e o Natural Sport.
Ademais, foron elixidos mellores competidores do torneo Brais Iglesias (Natural Sport) e Ainoha García (Couto).
O torneo de taekwondo, que contou coa participación de 80 deportistas, cumpriu un estrito protocolo de prevención, que ía dende a realización de test de antíxenos a todas e todos os participantes, á desinfección de todo o material entre combate e combate, utilización de máscaras, e reserva de espazos para quencemento e vestiarios por clubs.
Os resultados das competidoras de taekwondo
No peso P1 deste campionato de taekwondo, a única competidora foi Aitana Fariña, do Maniotas. No P10 o ouro foi ara Desiree Rivadulla, do Suh Sport, un club que tamén sumou outro ouro no P4, da man de Antía Sánchez.
En P2 a gañadora foi María Ferreiro, do Couto, club que se levou outro primeiro posto no P6, con Ainoha García. Xa no P3 a vitoria foi para Uzía Ogea, do Mace Sport, e no P5 foi para Miryam García, do Patiño – Moaña. Por último o ouro do P8 foi para Laura Dosil, do Natural Sport Ribeira.