A deportista galega Lydia Pérez acudirá desde hoxe 7 ata o 18 de agosto á localidade de Helsinborg en Suecia, coa Selección Española absoluta feminina de loita, como parte da súa preparación de cara o campionato do Mundo absoluto que terá lugar en Belgrado (SRB) do 10 ó 18 de setembro.
A deportista pontevedresa Lydia Pérez Touriño tras os últimos éxitos no Gran Premio de España e nos Xogos do Mediterráneo, ten un final de tempada moi apretado de cara a súa cita mundialista.
Tan só duas mulleres representarán a España no Mundial: Marina Rueda (AND) -53 kg e Lydia Pérez Touriño (GAL) en -62 kg. Estarán acompañadas pola seleccionadora Aurora Fajardo.
Esta concentración internacional en Suecia, será unha boa preparación, xa que esté é un país con grandísimos resultados el loita feminina. Lydia Pérez, ten unha boa relación coa Federación Sueca, xa que viaxou en numerosas ocasións para adestrar en este país.
Os técnicos do CGTD, Marcos Miragaya e Rubén Méndez, estiveron traballando estos últimos días de xeito específico, para pulir o traballo técnico da deportista, segundo explican desde a Federación Galega de Loita (FEGALOITA)