• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

España empeza a súa concentración para preparar a UEFA Women’s Nations League con Teresa Abelleira nas súas filas

A Selección Española prepara unha dobre cita que as vai medir ante Italia o venres 1 de decembro, no Estadio de Pasarón de Pontevedra, e contra Suecia na Rosaleda o martes 5

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/11/2023
en Máis fútbol, Fútbol
Teresa Abelleira chegando á concentración de España / RFEF

Teresa Abelleira chegando á concentración de España / RFEF

113
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Selección de España feminina de fútbol vén de iniciar a súa última concentración do ano 2023 e faino con vistas a preparar os partidos da UEFA Women’s Nations League que disputará o combinado español os días 1 e 5 de decembro en Pontevedra e Málaga. Teresa Abelleira forma parte da convocatoria de Montse Tomé na que tamén están outras xogadoras vinculadas a Galicia, falamos das ex deportivistas: Misa, Athenea del Castillo e María Méndez. 

O primeiro dos encontros de España vaise xogar en Pasarón ante Italia. O segundo será contra Suecia na Rosaleda. O equipo que prepara a adestradora Montse Tomé buscará selar o seu pase ás semifinais do campionato para despois pelexar por unha praza nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Teresa Abelleira, en Pontevedra coa Vermella

A Selección Española chega ao Estadio de Pasarón como campioa do Mundo e coa galega Teresa Abelleira nas súas filas.  Xunto a ela outras tres ex do Dépor ABANCA: Misa, Athenea del Castillo e María Méndez. 

A cidade de Pontevedra vai poder gozar do xogo da selección campioa do Mundo o próximo venres 1 de decembro no Estadio de Pasarón. A veciñanza pontevedresa vive, desde a pasada fin de semana vive o ambiente deste partido da man de varias accións que puxo en marcha a Real Federación Española de Fútbol xunto coa RFGF.

A futbolista galega Teresa Abelleira poderá cumprir un dos seus grandes soños. A xogadora pontevedresa xogará coa Selección Española diante da súa xente, dos seus familiares, amigos e veciños, e farao como campioa do Mundo e como unha das xogadoras referentes do combinado estatal.

@teresabelleira

A @SEFutbolFem comezou este luns a súa concentración para preparar a dobre cita ante Italia e Suecia

España xogará o venres en Pontevedra e Tere cumprirá o seu soño

https://t.co/dchHMhxEXT pic.twitter.com/jEY6bulCn3

— RFGF (@futgal) November 27, 2023

Exposición fotográfica ao aire libre sobre o Mundial de futfem

En Pontevedra pódese ver estes días unha exposición, elaborada ex profeso para acompañar á Selección Española feminina, plantexada para que poida ser itinerante por toda a xeografía de España.

A exposición fotográfica consta de 5 módulos, con imaxes a gran formato sobre a consecución do Mundial de futfem 2023 por parte de España.

Exponse como un discorrer cronolóxico desde a fase de grupos ata a final contra Inglaterra. En concreto, son 17 imaxes a gran formato que non só fan referencia aos partidos en si mesmos, senón tamén a momentos concretos de anguria, felicidade e emoción presentes nas xogadoras.

O título da mostra é “A viaxe cara á estrela” e con ela preténdese facer fincapé no longo percorrido que supón poder chegar a conseguir este título. Ademais, esta exposición será sensible ás particularidades das comunidades históricas, polo que tanto en Galicia como en Pais Vasco ou Cataluña, en caso de levala, os textos serán bilingües.

En Pontevedra estará ata o mesmo día do partido, 1 de decembro e está ubicada no Edificio Castelao da cidade do Lérez. Posteriormente trasladarase a Málaga.

Agárdase un cheo en Pasarón para ver as campioas do Mundo

Ao mediodía do pasado xoves 23 de novembro saíron á venda as entradas para o partido internacional feminino entre as seleccións de España e Italia que se vai disputar o venres 1 de decembro no Estadio Municipal de Pasarón, en Pontevedra.

A acollida foi extraordinaria, masiva e o coliseo lerezano colgará o cartel de non hai billetes para ver á campioa do Mundo. Máis da metade do aforo do estadio foi adquirido polos clubs de fútbol feminino de Galicia mediante unha promoción que sempre fai a Real Federación Española de Fútbol para este tipo de encontros. Estamos, sen dúbida, ante a gran festa do fútbol feminino en Galicia.

España lidera o Grupo D

A Selección Española lidera o grupo D nesta UEFA Women’s Nations League tras vencer a Suecia (2-3) e a Suíza (5-0), o pasado mes de setembro, e de triunfar, en outubro, na súa visita a terras italianas (0-1) e helvéticas (1-7).

España medirase con Italia no Estadio de Pasarón de Pontevedra o día 1 de decembro, ás 21:30 horas, e no Estadio da Rosaleda de Málaga o día 5 do mesmo mes, en horario aínda por definir.

O obxectivo das campioas do Mundo é seguir contando os partidos por vitorias e lograr a definitiva clasificación para a fase final a catro da Women’s Nations League.

Espérase que o partido en Pasarón sexa unha gran festa do fútbol feminino e unha oportunidade para que a afección galega poida desfrutar do xogo da vixente campioa do Mundo de preto.

Para afrontar os partidos de Pasarón e a Rosaleda, a seleccionadora, Montse Tomé, convocou á seguintes xogadoras:

JUGADORAS
PORTEIRASCATA COLL

MARÍA ISABEL RODRÍGUEZ RIVERO

ENITH SALON

DEFENSASOLGA CARMONA GARCÍA

LAIA ALEIXANDRI

IVANA ANDRÉS SANZ

IRENE PAREDES HERNÁNDEZ

LAIA CODINA PANEDAS

MARÍA MÉNDEZ FERNÁNDEZ

ONA BATLLE PASCUAL

OIHANE HERNÁNDEZ ZURBANO

CENTROCAMPISTASALEXIA PUTELLAS SEGURA

JENNIFER HERMOSO FUENTES

FIAMMA BENÍTEZ LANUZZI

TERESA ABELLEIRA DUEÑAS

MARÍA PÉREZ RABAZA

AITANA BONMATÍ CONCA

MAITE OROZ ARETA

DIANTEIRASMARIONA CALDENTEY

LUCÍA GARCÍA CÓRDOBA

SALMA CELESTE PARALLUELO AYINGONO

ESTHER GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

MARÍA INMACULADA GABARRO ROMERO

ATHENEA DEL CASTILLO BELVIDE

EVA NAVARRO GARCÍA

Etiquetas Athenea del CastilloEspañafútbolMaría MéndezMisaMontse ToméPasarónSelección españolaTeresa Abelleira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.