• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

En marcha na Coruña os novos skate park de Eirís e José Toubes e obras no campo de fútbol de Eirís

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/12/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Proxéctase un skate park e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego en Catro Camiños / CONCELLO DA CORUÑA

Proxéctase un skatepark e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego en Catro Camiños / CONCELLO DA CORUÑA/ CONCELLO DA CORUÑA

36
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou onte que na Xunta de Goberno Local (XGL) se aprobaron investivementos en instalacións deportivas na Coruña como son o skate park e pista multideporte de José Toubes, outra pista de skate en Eirís, así como o acondicionamento dos vestiarios, campo de fútbol de herba artificial e peche perimetral do Campo de Fútbol de Eirís

Na última XGL de 2022 no Concello da Coruña mobilizouse un investimentos por 14 millóns de euros repartidos en diferentes actuacións e áreas. “Esta XGL exemplifica o traballo de xestión que está a levar a cabo este Goberno, contribuíndo desde o público a facer unha cidade mellor e con mellores servizos. Ese é o camiño que levamos percorrendo neste mandato e así seguiremos tamén no 2023″, explicou a alcaldesa.

Proxéctase un skatepark e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego en Catro Camiños / CONCELLO DA CORUÑA
Proxéctase un skatepark e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego en Catro Camiños / CONCELLO DA CORUÑA

Entre os investimentos aprobados destacan tres equipamentos deportivos por valor de máis de dous millóns de euros. A adxudicación das obras do skate park, multideportes e reurbanización da praza de José Toubes, unha nova infraestrutura que se situará baixo o viaduto da avenida de Alfonso Molina e que inclúe a urbanización do conxunto da praza e amplía o anterior proxecto, que só incluía a pista de skate.

Proxéctase un skatepark e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego en Catro Camiños / CONCELLO DA CORUÑA
Proxéctase un skatepark e unha pista multideporte na praza de José Toubes Pego en Catro Camiños
/ CONCELLO DA CORUÑA

Neste caso, haberá un skate park máis completo e construirase tamén unha pista multideporte, que quedarán integrados na contorna mediante a adecuación do firme de todo o conxunto. A actuación ten un orzamento de 450.000 euros e un prazo de execución de 4 meses e está cofinanciada con Fondos Eidus.

Ademais, a actuación contempla unha mellora da accesibilidade na zona. Reformaranse as beirarrúas e habilitarase un novo paso de viandantes na rúa Fernando Rey con rede semafórica e crearase tamén unha praza peonil como zona de tránsito e encontro, con novos espazos verdes e mobiliario.

Skate park en Eirís e obras no campo de fútbol

Aprobouse tamén a contratación das obras da nova pista de skate no parque de Eirís, que conta cun orzamento de 525.000 euros.

Esta infraestrutura deportiva terá dous espazos principais tal e como demandaban os usuarios e usuarias (un bowl e unha skateplaza), adaptando a instalación a outros deportes urbanos como a patinaxe, BMX e patinetes. Ademais crearase un paseo peonil con bancos, fonte e aparcabicis en paralelo ao bowl e na parte central haberá un xardín que actuará como espazo separador entre ambas as zonas.

Aprobouse, ademais, a adxudicación das obras incluídas para o acondicionamento dos vestiarios, campo de fútbol de herba artificial e peche perimetral do Campo de Fútbol de Eirís. O valor do contrato ascende a 1,9 millóns e foi adxudicouse a Construcciones López Cao. As obras executaranse nun prazo de 8 meses.

Por outra banda, tamén foi aprobada na XGL a compensación ao Club do Mar con 52.807 euros para axudar á entidade no mantemento da piscina, contribuíndo ao seu reequilibrio económico.

Etiquetas A CoruñaCampo fútbolEirísFondos EidusInés ReyinfraestructurasJosé ToubesmultideporteSkate park
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Media Maratón C21 - Coruña21 / CONCELLO DA CORUÑA

Recta final para as inscricións máis económicas para correr a media maratón Coruña21

por Redacción As Nosas
28/01/2023
0

  Coruña21 afronta as últimas horas do primeiro prazo de inscrición, o máis económico (18 euros), para correr a décimo...

Inés Rey, alcaldesa, entrega os premios ás mellores corredoras de categoría absoluta do circuíto Coruña Corre: Uxía Rodríguez, Nerea Sánchez e Nati García / CONCELLO DA CORUÑA

Inés Rey anima na gala de Coruña Corre a volver bater o récord de participación do circuíto de carreiras populares neste 2023

por Redacción As Nosas
27/01/2023
0

  A alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, presidiu a gala final do circuíto Coruña Corre 2022, que contou...

O concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín nunha das xornadas 'O Atlántico parte de ti' / CONCELLO DA CORUÑA

‘O Atlántico parte de ti’ comeza a súa segunda edición coa participación de 16 centros educativos da cidade da Coruña

por Redacción As Nosas
26/01/2023
0

  O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, estivo no pantalán de Oza acompañando aos participantes da primeira xornada do programa...

Imaxe de arquivo da XII Medio Maratón Coruña 21 celebrada en febreiro de 2020, na edición de 2023 haberá lebres / CORUÑA 21 CONCELLO A CORUÑA

Coruña21 contará con ‘lebres’ que tirarán do grupo para acadar marcas deportivas na cidade herculina

por Redacción As Nosas
25/01/2023
0

  A figura da lebre regresa á Coruña21 para lle axudar ao resto de persoas participantes a lograr as súas marcas...

Imaxe de arquivo de persoas voluntarias nunha carreira na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Coruña21 agárdate como atleta, como público e tamén como persoa voluntaria

por Redacción As Nosas
24/01/2023
0

Se cadra non te ves correndo a media maratón Coruña21 pero queres dar un paso máis aló de ser simplemente...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

03/02/2023
Zona de lanzamentos do CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD de Pontevedra acolle o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub-23

03/02/2023
A atleta galega do Club Ourense Atletismo, Carmen Escariz, no Mundial de Marcha por equipos competindo por España nos 20 km, a deportista estará competindo en Ames no autonómico de marcha en ruta / RFEA

Ames, epicentro da marcha galega en ruta

03/02/2023
A Selección Galega no IV Memorial Ángel Sáez de kumite mixto / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE E D.A.

Bronce para Galicia no IV Memorial Ángel Sáez de karate

02/02/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.