• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia bota a andar coa idea de reactivar e recuperar o sector tras o impacto da COVID-19

As cifras do sector indican que supón o 2,5% do PIB galego, xera máis de 12.000 postos de traballo, ten máis de 2.000 empresas, e que hai 1.400.000 persoas practican deporte en Galicia de xeito regular

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo coa xunta directiva do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia / XUNTA DE GALICIA

José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo coa xunta directiva do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia / XUNTA DE GALICIA

230
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia pretende ser un espazo no que as empresas poidan asociarse para proporcionar recursos, capacidades, competencias, medios, formación e asesoramento ao amplo sector relacionado co ámbito deportivo.

Na súa carta de presentación expoñen que o ano 2020 “foi un ano extraordinariamente negativo para o noso sector e para os profesionais que nel estamos. A COVID-19 provocou consecuencias especialmente negativas nun sector no que o contacto, o grupo e o movemento son algunhas das súas características esenciais”.

Neste recentemente creado Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia plantexan que “debido a que somos un sector moi novo aínda non dispoñemos de ningunha agrupación para estar presentes e poñer os intereses e potencial do noso sector enriba da mesa”.

Reunión do Clúster con Lete Lasa

Hai pouco, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo coa xunta directiva do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia, tras a súa recente constitución neste pasado mes de xaneiro.

José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo coa xunta directiva do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia / XUNTA DE GALICIA
Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo coa xunta directiva do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia / XUNTA

Nesta xuntanza, Lete Lasa destacou que “Galicia é líder a nivel nacional en canto a crecemento da participación cidadá na práctica deportiva, especialmente nas zonas rurais” xa que actualmente se estima que case un 40% da poboación galega practica deporte habitualmente.

Desde a Secretaría Xeral para o Deporte lembran que o sector deportivo galego conta na actualidade “cun ecosistema de máis de 2.000 empresas que xeran un volume de actividade superior aos 1.600 millóns de euros e 12.000 postos de traballo, sendo moitas das empresas do sector líderes nacionais na súa especialidade, e estando algunhas delas empezando xa o seu proxecto internacional”.

atletismo
Estudos científicos indican que o deporte é clave na promoción da saúde e na redución de custos socio – sanitarios

Desde o Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia refréndanse esas cifras para o sector e afírmase que supón o 2,5% do PIB galego, que xera máis de 12.000 postos de traballo e acubilla a máis de 2.000 empresas. Sosteñen que 1.400.000 persoas practican deporte en Galicia de xeito regular, contando con 286.000 deportistas federadas/os e máis de 5.300 clubs deportivos.

Destácase tamén desde o Clúster o feito de que desde a Asociación Deporte Español (ADESP) e a Fundación España Activa, se aseguraba xa no ano 2.000 que a investigación tiña demostrado “de forma contundente e indiscutible” que a práctica deportiva é “un instrumento clave de promoción e prevención da saúde, de aforro en custos socio-sanitarios e de activación social e económica”.

Lete Lasa fala de: “Grandes expectativas de crecemento do sector”

Outra cuestión a ter en conta, tal e como apuntan desde a Xunta é que “Galicia conta ademais cun relevante número de infraestruturas deportivas das que se estima participan máis dun millón de persoas”. Todos estes datos, dixo o secretario xeral para o Deporte, avalan “grandes expectativas de crecemento para as próximas décadas”.

Debido a aparición da pandemia de COVID-19 e a redución do volume de actividade do sector, que en Galicia podería chegar a uns 500 e 600 millóns de euros de perda e a destrución de entre 4.000 e 4.500 postos de traballo, “é importante poñer en marcha iniciativas no territorio dirixidas á reactivación e recuperación dun sector tan consolidado como o do deporte en Galicia”.

Deste xeito, para a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, os obxectivos do Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia “serán impulsar a posta en marcha de servizos innovadores, de calidade e sostibles; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e a posta en marcha de instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; fomentar a captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento: así como fomentar hábitos saudables”.

Expectativas do Clúster

Logo do golpe que a crise sanitaria supuxo no sector económico vencellado ao deporte, desde o Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia sosteñen que neste ano 2021 “parece que por fin se concretan os anunciados proxectos públicos para relanzar a economía. Destaca en especial a iniciativa Next Generation, que canalizará dende Europa a España 140.000.000.000 €”.

Explican que é unha iniciativa “baseada en impulsar a economía do futuro e, sen dúbida, o noso sector está ben situado polas súas características intrínsecas. As grandes directrices que se están publicando, e que van marcando as bases polas que se rexerán, apuntan a que as agrupacións sectoriais terán grande relevancia neste proceso”.

En definitiva o Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia é dun espazo no que as empresas asociaranse para proporcionar recursos, capacidades, competencias, medios, formación e asesoramento ao amplo sector relacionado co ámbito deportivo.

Plan do Clúster para o ano 2021

Desde Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia propoñen un plan a seis meses nos cales esperan acadar diferentes obxectivos:

  1. Presentar proposta á Xunta de Galicia para o recoñecemento do Clúster Galego da Industria Deporte e o Benestar.
  2. Dotar ao clúster dun equipo profesional, especialmente preparado para canalizar, informar e axudar aos membros do clúster e a todo o sector de cara a presentar proxectos aos fondos Next Generation.
  3. Lanzamento dun plan que sirva para unir a toda a industria do sector coa creación de grupos de traballo subsectoriais que axuden a defender e impulsar a súa parcela e demostren a amplitude, dimensión e impacto do noso sector se nos agrupamos: a industria do turismo deportivo, industria do equipamento deportivo, industria do textil deportivo, industria da alimentación deportiva, industria da arquitectura e enxeñaría para o deporte, industria do software deportivo, industria dos xestores de instalacións, industria náutica, industria dos eventos deportivos, a industria do mantemento e aforro enerxético….

Logotipo do Clúster Industria do Deporte Galego

Desde este colectivo calculan uns seis meses para acadar estas metas e logo teñen previsto convocar eleccións para que un “equipo directivo presente e lidere un plan a tres anos”, anuncian.

Entre as empresas que figuran como socios honorarios do Clúster figuran BeOne, Fit4B, AQA, Termaria, Maside, Salvar, ACID, Padel Prix, DOS (Deporte Ocio Salud) Softee, ou Rocfit, entre doutras.

Etiquetas clusterClúster da Industria do Deporte e do Benestar de GaliciaDeporteGaliciaIndustria do deporteLete LasaSecretaria Xeral para o DeporteXunta
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Inauguración do Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey, os NADE recibe axudas da administración autonómica / XUNTA DE GALICIA

A Xunta concede axudas a máis de 1.420 clubs deportivos para o desenvolvemento da súa actividade

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se resolven as solicitudes para a concesión das...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

por Redacción As Nosas
14/05/2026
0

A Confederación de Empresarios de Pontevedra, en Vigo, acolleu este martes o Foro “Sustentabilidade en instalacións deportivas”, unha xornada impulsada...

Publicadas no DOG modificacións na Lei do Deporte de Galicia / MOTION ARRAY

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 3/2025, do 15 de decembro, pola que se modifica a Lei...

A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

por Redacción As Nosas
11/12/2025
0

`A mente en forma’, o primeiro gran evento celebrado en Galicia para promover o coidado psicolóxico das persoas vinculadas ao...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.