O equipo da Escuela Atlética Lucense foi o claro campión do Campionato Galego de Campo a Través. O club colgouse o ouro na categoría sub16, con Xela Martínez liderando a proba, e foi prata na sub18, onde o campión por conxuntos foi o Ourense Atletismo.
A competición foi organizada polo SG Pontevedra, xunto coa Federación Galega de Atletismo e o Concello de Pontevedra e tivo lugar nas Illas das Esculturas.
Fantástico Campionato de Galicia o vivido no día de hoxe en Pontevedra. Un dos seus protagonistas a nivel organizativo Santi Ferrer, valoraba así o seu desenvolvemento pic.twitter.com/L3SYrWBONV
— Atletismo Galego (@atletismogalego) November 7, 2021
Preto de 400 atletas citáronse nun circuito liso pero esixente para desenvolver os seus distintos campionatos na modalidade de individuais (categorías Sub16 e Sub18) e de clubs no resto de categorías.
A Atlética Lucense domina na sub16
Precisamente na categoría Sub16, unha das atraccións do campionato Xela Martínez sumaba un novo título autonómico logo de impoñerse con superioridade ao resto de atletas confirmando o seu excelente arranque nesta tempada invernal. A atleta chegou a meta nun tempo de 08:03.
Detrás dela chegarían as súas compañeiras Amparo Corredoira, en segunda posición, e Sara Guedes, en terceira. Así, na táboa clasificatoria por clubs, a Atlética Lucense lograba o título sen dar opción ao resto de formacións cun triplete no podio. A prata por clubs foi para o Comesaña SC e o bronce para La Mochila del Deporte.
En homes e na mesma categoría, emocionante chegada entre Ricardo Negrete do RIA Ferrol quen se impuxo tanto a Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural como a Sergio Quintas de C.D. La Purísima. Por equipos Cedeira Muebles García facíase ca primeira posición seguidos de Atlética Lucense e de A.D Fogar.
Carolina Santos vence na sub18
Na categoría Sub18 Carolina Santos do Ría Ferrol resultou campioa cun tempo de 10:15, estando acompañada nas medallas por Marcela Morgado do Ourense At. e por Paula Cabaleiro do C.A.Tui. Por equipos femeninos Sub18 o título foi para conxunto do Ourense Atletismo.
Na categoría masculina Pedro Vázquez do Real Club Celta proclamábase campión galego e a prata e bronce serían para Antón Martínez da Atlética Lucense e para Mateo Rodríguez do Real Club Celta, cuxo club sería precisamente o vencedor na categoría masculina.
Máis probas
Xa no resto de probas nas que se decidía a clasificación tan só por equipos, importante xornada a que protagonizou o ADAS Proinor na categoría absoluta con triunfos dos seus dous conxuntos liderados tanto por Esther Rodríguez (2ª na xeral) como por Iván Roade (3º). Non menos importante foron as segundas posicións do Ourense Atletismo en ambas categorías quenes compartiron podio co SD Compostela Atletismo na masculina e o Pinarium na femenina.
Tal e como recolle a Federación, o C.A. Santiago sumou un dobre triunfo nas dúas categorías Sub23 con vitorias individuais para os seus atletas Mariam Ferram e Roberto Trigo. Na Sub20 masculina, novo triunfo do Ourense Atletismo seguido polo Real Club Celta e pola S.D Compostela, nunha carreira que era domiñaba polo atleta do Celta Hugo Vázquez.
Para rematar o Relevo mixto daba o triunfo ao Lucus Caixa Rural Galega cuxos integrantes, Lucía Varela, Xabier Rodríguez, Laura Santos e Esteban Iglesias, adicaban o título de maneira moi emotiva ao recentemente falecido Mariano Castiñeira. Sen abandoar a provincia lucense o segundo lugar foi parar ao Atletismo Friol, correspondendo a o terceiro posto ao club organizador, Sociedad Gimnástica de Pontevedra.