A atleta galega Adi Iglesias vén de coroarse como campioa nos 200 m categoría T13 no Mundial de paraatletismo que se está a celebrar en París. O ouro nesta distancia súmase á prata conseguida esta mesma semana nos 100m. A lucense entrou á par da súa rival e a foto finish determinou que tiña que quedar coa prata por unha milésima.
Ver esta publicación en Instagram
Axustadísima foi a chegada na liña de meta nos 100m. Tanto que a foto finish tivo que determinar se a galega o a corredora de Azerbaian Lamiya Valiyeva leva o ouro. Adi Iglesias tivo que conformarse cunha prata que ela mesma dicía que lle sabía a ouro. Unha milésima quitoulle o triunfo. Nos tempos da carreira ambas figura con 11.99. Un ombreiro un pouco máis adiantado foi determinante para o reparto dos metais. Explicaba a atleta do Lucus Caixa Rural que consideraba que o xusto tería sido dar dous ouros. A terceira foi a corredora de Canadá Bianca Borgella (12.16).
Ouro nos 200m para Adi Iglesias
Un par de días despois chegou o momento de volver dalo todo nunha final do Campionato do Mundo de paraatletismo que se celebra en París. Foi a dos 200m tamén na categoría T13 de discapacidade visual na que compite a velocista. Adi Iglesias conseguía o ouro dominando a carreira de principio a fin cun tempo de 24.86 O segundo lugar foi para a canadiense Bianca Borgella con 25.00. A estadounidense Erin Kerkhoff con 25.58.
Tal e como lembran desde a Federación Galega de Atletismo “con esta nova medalla, a lucense sigue ampliando o seu impresionante palmarés internacional destacando, entre outros, un ouro e unha prata paralímpica en Tokio 2020 así como as súas dúas pratas mundialistas lograda en Dubai 2019 facendo dela a mellor das nosas atletas galegas da actualidade e unha das máis importantes da nosa historia”.
- Resultados da carreira de 100 m. femininos categoría T3 Mundial paraatletismo
- Resultados da carreira dos 200 m. femininos categoría T3 Mundial paratletismo
A vindeira fin de semana Adi Iglesias estará coa Selección Galega absoluta de atletismo competindo en Pamplona no Campionato de España de Seleccións.