Belén Toimil volveuno facer. A lanzadora natural de Mugardos segue a realizar unha tempada espectacular e vén de romper o récord do Campionato de España de atletismo ao aire libre na súa modalidade.
“Estou moi ilusionada, poque isto dame moitas esperanzas de cara a Toquio e axúdame a ver que o traballo que estou facendo está, aínda que con calma, funcionando”, declarou a atleta tras a competición.
A galega acadou os 18.52 metros no seu primeiro lanzamento, alzándose co ouro, e acadando unha marca próxima ao récord español, que ela mesma sostén nos 18.64 obtidos en Torun o pasado marzo.
Belén Toimil acada o seu billete a Tokio batendo o récord de España
Toimil domina no Campionato de España
“Voume moi contenta co ouro. Os 18.52 para min son pura ilusión, volver sentirme competitiva en marcas que sei que podo realizar. Foi récord do Campionato e a mellor marca ao aire libre e a miña marca persoal ao aire libre”, explicaba aos micrófonos da Real Federación Española de Atletismo.
“Los 18.52 son pura ilusión, volver a sentirme competitiva en marcas que sé que puedo lanzar”.@belentoimil ¡Otra vez con el troncho ese! 😱
La nueva plusmarquista española al aire libre y también de los #CEatletismo pic.twitter.com/SRYgYlP1XJ
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) June 26, 2021
A mugardesa non só conseguiu proclamarse campioa con este récord, senón que os seus outros lanzamentos válidos acadaron os 17.05 e 17.86, superando tamén con eles á segunda clasificada, Úrsula Ruiz, quen quedou coa prata cun 16.31. O bronce foi para Judit Prats, cunha marca de 14.42.
💣💣💣18.52💣💣💣💣
EL LANZAMIENTO MÁS LARGO DE LA HISTORIA AL AIRE LIBRE
💣💣💣💣💣💣💣
➡️ @belentoimil en el #CEatletismo pic.twitter.com/c6LnzyEoB2
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) June 26, 2021
A lanzadora quédase, ademais de co gran resultado, coas sensacións acumuladas no torneo: “Noteime moi ben e quixen seguir traballando a nivel de sensacións e técnica que é o que me falla ultimamente. Voume atopando ben, foi unha competición positiva a nivel de sensacións, aínda que non saíran todos os lanzamentos perfectos. Pero cada intento é un mundo e sobre iso teño que traballar e seguir”.