Presentáronse os campionatos de España de Triatlón por Clubs, Remudas Mixtas e Remudas Mixtas de Talentos, así como a Copa do Mundo de Paratríatlon. Más de 1.500 deportistas participarán nas diferentes probas que se celebrarán este sábado 18 e domingo 19 de xuño nas augas do Parrote e na súa contorna.
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, foi a encargada de presentar esta competición xunto a Jorge García, Director de Competicións da Federación Española desta disciplina. A edila destacou a importancia que o Goberno municipal de Inés Rey da ás competicións deportivas de alto nivel ao longo do ano. “A Coruña é deporte, e como cidade quérese potenciar máis esa unión co deporte a través de eventos como os desta fin de semana”, apuntou.