• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

O deporte feminino sempre foi de primeira, precisamos medios que o saiban

Belén Regueira

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/01/2020
en Opinión
184
COMPARTIDOS
713
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

“La mirada se vuelve fija, los labios se deprimen, las manos se agrandan y enrojecen, los brazos se tornan musculosos y pierden sus curvas encantadoras; por último, los pies se abultan y se hacen deformes. Con tantos inconvenientes, ¿habrá aún muchachas que sueñen con las bicicletas?”

Seica a galega Antonia Martínez “Titina” foi unha das primeiras mulleres en usar bicicleta en Cuba, nos últimos anos do século XIX. Dedicáronlle cancións denigratorias e na prensa da illa aparecían advertencias como esta que reproducimos sobre as terribles consecuencias que o ciclismo ocasionaba nas féminas. Hoxe, aquí e alá, case ninguén ousaría predicar contra a práctica deportiva das mulleres e, aínda así…

O deporte é probablemente o ámbito informativo no que a representación de homes e mulleres é máis desequilibrada. E xa ten mérito, porque na política, na economía ou na ciencia tampouco estamos para colgarnos medallas igualitarias. En 2015, o proxecto de Monitoreo Global de Medios estimaba que nos medios españois só o 6% das noticias deportivas estaban protagonizadas por mulleres. De aceptarnos o pacto segundo o cal os medios representan (máis ou menos) a realidade, calquera lectora, espectador e oínte concluirá que vivimos nun mundo e nun país no que as mulleres non son moi amigas de practicar deporte, só participan en competicións internacionais nalgunhas disciplinas con características “artísticas” e moi raramente conseguen fazañas deportivas de mérito. Outro tanto podemos dicir da presenza residual nos medios das mulleres do deporte como fontes expertas, no seu papel de directivas, adestradoras, árbitras ou investigadoras.

Belén Regueira: “O deporte é probablemente o ámbito informativo no que a representación de homes e mulleres é máis desequilibrada”

A diferenza na representación das e dos deportistas non é só unha cuestión de cantidade, tamén de calidade. Segue sendo habitual atopar na información deportiva estereotipos de xénero e exemplos de infantilización, sexualización e minusvaloración das mulleres. Nun mundo no que hai países que prohíben o deporte feminino, pode parecer que estas distorsións non son tan graves, pero teñen consecuencias. Que a rapazada só teña deportistas homes nos pósters do seu cuarto e no Instagram repercute tamén nos roles de xénero que absorben xa nenos e nenas, na menor práctica deportiva de rapazas e mozas ou nas expectativas profesionais e condicións laborais das deportistas. Se o deporte, sen adxectivos, segue sendo nos medios só o que practican os homes, corremos o risco de provocar unha profecía autocumprida.

Belén Regueira: “Ata hai nada a presenza de mulleres na información deportiva fose excepcional ou secundaria”

E u-las xornalistas deportivas? Se a práctica informativa di sen dicilo que o deporte o practican homes e interesa a homes, non é sorprendente que acabasen contándonolo fundamentalmente homes, e que ata hai nada a presenza de mulleres na información deportiva fose excepcional ou secundaria. Da man das xornalistas deportivas e dos compañeiros que saben xogar en equipo mixto ten que chegar por fin aos medios a realidade das mulleres no deporte, e poida que tamén un cuestionamento doutras prácticas informativas que derivaron no actual monopolio do fútbol masculino como protagonista case en solitario da información deportiva.

Por iso desde o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia  queremos sumarnos á celebración polo nacemento de As Nosas neste 2020. O deporte feminino sempre foi de primeira, precisamos medios que o saiban.

 

Belén Regueira

Belén Regueira é xornalista e vogal da xunta de goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Empezou a súa curta carreira no baloncesto como ala-pívot en minibasket. Cando deixou o deporte na adolescencia, xa descendera ata escolta.

Etiquetas Belén RegueiraIgualdadeopinión
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Redacción As Nosas

Redacción As Nosas

Redacción As Nosas

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

06/12/2025
As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

06/12/2025
Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

06/12/2025
Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

05/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.