O presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín fixo oficial o nomeamento de David Ferrer como novo director Técnico da Federación Galega de Atletismo.
David Ferrer é na actualidade unha das cabezas máis visibles e coñecidas do atletismo galego. Naceu en Pontevedra no ano 1990, comezou a practicar atletismo á curta idade 5 anos influenciado por unha contorna familiar moi vencellada directamente a este deporte.
Especialista no concurso de lonxitude, no que ten como mmp 7,29 m., lograría ao longo dos seus anos de actividade un bo número de podios autonómicos en diversas categorías, sendo na actualidade unha das pezas fundamentais da Gimnástica de Pontevedra nos seus distintos compromisos na División de Honra. Ademáis de todo elo, posúe os títulos de nivel III tanto de xuíz como de adestrador nacional.
David Ferrer chega con “ganas de contribuír a melllorar o atletismo galego”
Durante os últimos sete anos, estivo compaxinando a súa tarefa de atleta ca dos seus estudos de fisioterapia e a de delegado Federativo en Pontevedra, o que o levaría a acumular unha importante experiencia e coñecementos tanto na parcela técnica como na de xestión.
Explicaba o novo responsable técnico, David Ferrer, que afronta “esta nova etapa con moita ilusión e gañas de contribuir a mellorar o atletismo galego”.
O novo director Técnico da Federación Galega de Atletismo, David Ferrer, di marcarse como un dos seus obxectivos “buscar e potenciar un diálogo e entendemento con todos os estamentos do noso deporte”.
Tamén Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo valoraba este nomeamento significando que “non só imos cubrir unha área fundamental da Federación, que desde facía bastante tempo se viña ocupando de forma interina, se non que ca incorporación de David Ferrer, potenciaremos e dotaremos de máis e maiores recursos a unha Dirección Técnica que pretendo sexa un elemento vertebrador e impulsor do atletismo galego”.
Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo: “Non só imos cubrir unha área fundamental da Federación, que desde facía bastante tempo se viña ocupando de forma interina, se non que ca incorporación de David Ferrer, potenciaremos e dotaremos de máis e maiores recursos a unha Dirección Técnica que pretendo sexa un elemento vertebrador e impulsor do atletismo galego”