Milleiros de cidadáns participaron hoxe no Día do Deporte na Cidade na Coruña, unha cita que volveu ás rúas da cidade para promocionar a prática do deporte entre persoas de todas as idades e os hábitos de vida saudables.
Na praia de Oza non para o ritmo e o tempo acompaña! 😉 pic.twitter.com/6srATiw3Ew
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) June 26, 2022
Os participantes no Día do Deporte na Cidade puideron practicar ducias de modalidades deportivas diferentes, desde deportes náuticos como a vela, o kayak e o windsurf ata o fútbol, pasando por outros moitos como béiscol, hockey, tenis, petanca, esgrima, taichí, patinaxe en liña, xadrez, golf, tiro con arco, baloncesto, balonmán, ximnasia, boxeo, halterofilia e moitos máis. Houbo tamén espazos especialmente deseñados para o deporte adaptado, co fin de facilitar a práctica deportiva a todas as persoas.
🔊 Na localización da Fábrica de Tabacos – Punto Desarrolla tedes moitos deportes diversos! pic.twitter.com/HAbAOesZ4f
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) June 26, 2022
Cinco localizacións para o Día do Deporte na Cidade
A diferenza de edicións pasadas e dando continuidade ao formato posto en marcha no 2021 polas restriccións, o Día do Deporte na Cidade extendeuse a distintos barrios para facilitar o achegamento dos cidadáns. Así, houbo espazos para as distintas especialidades na praia de Oza, na praza Brancar Quiroga, na Cidade Deportiva de Riazor, en Méndez Núñez e en Tabacos, todos eles cunha grande afluencia de público.
Riazor non se detén! 😉
Vinde a gozar! 🤩 pic.twitter.com/4dgNDs55Jg
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) June 26, 2022
As probas, sen carácter competitivo, desenvolvéronse ao longo de toda a xornada, tanto en horario de mañá como en horario de tarde. A alcaldesa, Inés Rey, visitou distintos espazos nos que puido comprobar a alta participación. “Promover a práctica do deporte é unha das prioridades do meu Goberno, porque o deporte supón unha mellora da calidade de vida para quen o practica e aporta uns valores moi necesarios na sociedade na que viviemos”, indicou a rexedora, que estivo acompañada pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez.
Toda a cidade volcada co deporte! Aquí podedes ver á alcaldesa @inesreygarcia e á concelleira de Deportes @mmartinez____ gozando dunha das actividades! 🙌🏼 pic.twitter.com/xumL4c4wQX
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) June 26, 2022