A Federación Galega de Atletismo ben de habilitar una enquisa que a modo de formulario, está sendo remitida e posta a disposición dos clubs galegos censados.
Contan desde a Federación que na mesma, “intentase saber a efectos estatísticos, que tipo de incidencia está a causar o COVID-19 na estructura organizativa e funcional dos distintos clubs e de como esta pandemia pode condicionar a viavilidade de proxectos tanto deportivos como estruturais deste importante estamento do tecido atlético galego”.
Segundo informa a FGA, os datos obtidos, “que en ningún caso son vinculantes e si informativos, servirá para facer una importante radiografía de cal é o panorama actual e de futuro que se perfila para os máis de cen clubs censados na actualidade”.
Como responder á enquisa sobre a situación a raíz do COVID?
Todos aqueles clubs de atletismo censados, deberan recibir un enlace no seu correo electrónico que lles permitirá tomar parte nesta enquisa previa identificación. Caso de non recibilo, pódese acceder á mesma a través desta ligazón.