O Autos Cancela Zalaeta firma a súa segunda vitoria nesta tempada da Superliga Femenina 2 (SF2). A quinta xornada saldouse co primeiro triunfo por 1-3 do conxunto coruñés. Trátase do seu primeiro partido gañado fóra da casa. O rival, nesta ocasión foi o Vóley Sanse Live Vuvuzela.
O partido desputado no Eduardo López Mateo comezou co dominio das xogadoras que adestra o entrenador Jorge Barrero, que se impuxeron no primeiro set (19-25). No segundo o Vóley Sanse aproveitou os erros do Zalaeta para gañar cun 25-20.
As galegas souberon sobrepoñerse no terceiro set (24-26), recuperando a forza para facerse tamén co derradeiro xogo (14-25).
Con este novo triunfo, as do Zalaeta volven a casa con tres puntos máis e no sétimo posto da táboa clasificatoria. O vindeiro sábado, 13 de novembro, o equipo da Coruña enfrotarase ao Extremadura Badajoz CPV, que se sitúa cuarto na táboa con dez puntos.