Coa chegada de Yolanda González ao posto de secretaria Xeral continúan os cambios e as remodelacións de calado na estructura interna da Federación Galega de Atletismo.
Desde a chegada de Iván Sanmartín á presidencia, fai algo máis dun ano, tense producido unha progresiva reestructuración no organigrama funcional federativo que ao longo de varias etapas, iría perfilando o novo equipo de traballo co que desexa contar Sanmartín para esta etapa.
Segundo explican desde a Federación Galega de Atletismo “primeiramente os cambios centráronse nas distintas delegacións que foron incorpororando caras novas da man de David Posada en Vigo, Pablo Gandoy en Lugo ou a de José Manuel Ruíz en Santiago e que continuará ca designación en breve do novo delegado ou delegada en Ourense”.
A maiores en marzo do ano pasado, David Ferrer pasou a ocupar un dos cargos importantes do funcionamento federativo como é o de director Técnico, coñecéndose esta mesma semana, o nomeamento de Yolanda González como nova secretaria Xeral.
Yolanda González conta cun perfil xestor e organizativo
No caso de Yolanda González (A Coruña, 1973) incorporouse á Federación Galega de Atletismo en calidade de tesoureira no ano 2010 posto que veu desempeñando xunto a outras distintas funcións organizativas.
“Moi vencellada ao atletismo desde moi nova en calidade de atleta, adestradora, directiva e xuíza, chegou a acumular durante todos estes anos unha ampla experiencia e unha gran visión global das necesidades e prioridades do atletismo galego que foron determinantes na súa designación”, explican desde a FGA.
A nova secretaria Xeral declaraba: “É para min un gran reto asumir esta nova tarefa que encaro con moita ilusión e unha gran responsabilidade. Desde a Federación seguiremos traballando e aportando todo o mellor de cada un de nós para continuar avanzando e colocando ao noso atletismo como referente e modelo do deporte galego”.
Recoñecemento da Federación a Carlos Castro
Desde a Federación quérese recoñecer e agradecer o traballo desenvolto durante estes anos por Carlos Castro tanto na secretaría Xeral como na dirección técnica salientando a gran xestión levada a cabo durante os difíciles tempos de pandemia así como a transición do periodo presidencial producido entre Isidoro Hornillos e Iván Sanmartín.
“As súas funcións seguirán ligadas e centradas na Federación en calidade de director de Carreiras Galegas”, explican desde a FGA.
De igual modo durante este último ano, !tamén se produciron diversos cambios como foi o regreso de Eloy Bretal á presidencia do Comité Galego de Xuíces, sendo a parcela técnica a que máis variaba cas incorporacións dos responsables José Carlos Tuñas na área de velocidade e Seleccións autonómicas; Maika Jueguen no sector marcha; Frank Casañas no sector de lanzamentos e Iván Sangiao quen se responsabilizaba do sector de Trail Running”, indican dende a FGA.