A gardameta do Dépor ABANCA Yohana tivo que ser substituída no partido ante o FC Famalicão corrrespondente ao X Trofeo Teresa Herrera. O cambio non foi por unha cuestión técnica senon que foi consecuencia dunha pequena lesión. Ao final, segundo informa o RC Deportivo, trátase dunha “contusión pélvica. Os Servizos Médicos do Club agardarán á súa evolución nos próximos días”.

Lucía entrou no seu lugar ao terreo de xogo colocándose baixo paus e erixiuse en protagonista da final da X edición do Trofeo Teresa Herrera ao deter o penalti á portuguesa Tipa, ao cabo definitivo para que as coruñesas do Dépor ABANCA levase a súa segunda Torre de Hércules de prata.
O Dépor ABANCA leva do décimo Teresa Herrera na quenda de penaltis ante o FC Famalicão





















