• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

O secretario xeral para o Deporte reclama á Real Federación Española de Piragüismo que trate aos tres padexeiros galegos como realmente merecen “tres lendas do piragüismo nacional e internacional”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/07/2025
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

58
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Xunta defende ao piragüismo galego como potencia mundial e solicita “un trato igualitario” para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza na mañá de hoxe cos padexeiros galegos e medallistas olímpicos, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, na que tamén estivo presente o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea. Alí, Lete Lasa defendeu os intereses do deporte galego, “que leva tantos anos demostrando que é unha potencia mundial en piragüismo” e reclamou ante a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) e o Consejo Superior de Deportes (CSD), aos que se dirixirá tamén a través dunha carta, un trato igualitario tanto para Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, así como para Teresa Portela, “tres lendas do piragüismo nacional e internacional”.

Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

O piragüismo galego é o deporte que máis investimento recibe da Xunta de Galicia cun total de 16 millóns de euros dende 2009, o que provocou que as licenzas se incrementaran nun 62% e nun 150% no caso das femininas, ata chegar ao total de 4.500.

Así, das 32 medallas olímpicas das que dispón Galicia, 16 (a metade) foron acadadas por padexeiros e padexeiras. A Xunta, dixo Lete Lasa, acadou estes resultados a través de “principios innegociables como os da máxima atención e coidado dos seus deportistas, así como da igualdade de oportunidades” que dixo, non estarse “cumprindo cos deportistas galegos no ámbito estatal aos que non se están aplicando criterios técnico deportivos”.

Teresa Portela renunciou en abril a acudir ao selectivo estatal de piragüismo

No caso de Teresa Portela, Lete Lasa lembrou como no pasado mes de abril, a española con maior número de participacións olímpicas, renunciou ao selectivo estatal e a oportunidade de volver formar parte do K4 500. Segundo recolle a información remitida pola Xunta “por un deixamento da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) no programa feminino, así como cambios nos criterios que a obrigarían a trasladarse a Sevilla tras o ciclo olímpico de París no que a embarcación se fraguou en Verducido”.

Neste sentido, Lete Lasa, apuntou á importancia de favorecer á conciliación das deportistas que deciden ser nais e compatibilizar as súas carreiras como é o caso de Teresa Portela dende 2014. “Non podemos permitir que o piragüismo nacional desaproveite á mellor piragüista en augas tranquilas da historia de España e a federación española debería desenvolver un proxecto gañador en torno á súa mellor baza”, advertiu.

Teresa Portela anuncia que non acudirá ao Selectivo Estatal e expón o seu desacordo cos “criterios definitivos establecidos pola RFEP”

A Xunta sostén que “apoia decididamente a conciliación con numerosos programas como o Plan Corresponsables e, sobre todo, dende a Oficina de Atención ao Deportista que tamén ofrece aos deportistas outras vantaxes como servizos de emprego ou sesións de asistencia psicolóxica”.

A situación de Rodrigo Germade

Lete Lasa apuntou á “vital importancia” da saúde mental dentro do deporte e amosou a súa desaprobación co trato recibido polo padexeiro Rodrigo Germade por parte da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) tras os Xogos Olímpicos de París, cando sufriu un cadro de ansiedade.

O secretario xeral para o Deporte reivindicou a figura de Germade como un dos padexeiros máis regulares dos últimos anos, con presenza en tres Xogos e con dúas medallas olímpicas e que é unha peza fundamental do K4 500. “Rodrigo e Carlos deben ser dúas fichas inamovibles desta embarcación como o levan sendo nos últimos anos demostrando que están por riba dos demais candidatos e sendo sinónimo de éxito”, asegurou.

Carlos Arévalo, fóra do Mundial de Milán no K1 200 e K4 500

Por último, Lete Lasa posicionouse sobre a situación que está a vivir Carlos Arévalo ao que a federación estatal de piragüismo non permite disputar as probas de K1 200 e K4 500 no Mundial de Milán pese a ter obtido a clasificación para as mesmas. O secretario xeral para o Deporte amosou a súa incomprensión de que se “frustren” desta maneira as posibilidades do único piragüista español que conseguiu proclamarse bicampión mundial na mesma cita, en Halifax 2022, precisamente nestas dúas especialidades.

“A xustificación da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) a través de criterios confusos e contraditorios non é suficiente ante un dos mellores piragüistas do momento que ten demostrado en ocasións similares que pode defender perfectamente acometer con éxito as dúas probas, independentemente do espazo que haxa entre elas, como xa fixo na Copa do Mundo de Szeged”, aseverou Lete Lasa.

Neste sentido, o mandatario galego reclamou á federación española que reconsidere a súa decisión e que permita competir ao padexeiro betanceiro Carlos Arévalo en ambas probas mundialistas por ser un dereito gañado polo padexeiro enriba da piragua en numerosas ocasións ao longo da tempada e porque “esta prohibición só prexudica ao piragüismo nacional e galego”.

Etiquetas piragüismoRFEPTeresa PortelaXunta
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Inauguración do Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey, os NADE recibe axudas da administración autonómica / XUNTA DE GALICIA

A Xunta concede axudas a máis de 1.420 clubs deportivos para o desenvolvemento da súa actividade

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se resolven as solicitudes para a concesión das...

A padexeira Araceli Menduiña / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGÜISMO

Araceli Menduíña, ouro no europeo de maratón de piragüismo na proba de Paracanoe KL3 Women

por Redacción As Nosas
28/06/2026
0

O Campionato de Europa de Maratón 2026, que se disputou en Bascov-Pitești, Romanía, deixou un total de oito medallas con...

O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI) vai crear a primeira Rede galega de voluntariado náutico seguro, unha estrutura pioneira en...

Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

O piragüismo galego ten este sábado unha nova cita do calendario autonómico coa celebración do Campionato Galego Xunta de Galicia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.