• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte

A Xunta patrocina os equipos femininos de alta competición e de máximo nivel estatal

Achega 150.000 euros para apoiar a nove equipos galegos no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/11/2020
en Máis Deporte
A Xunta patrocina os equipos femininos de alta competición e de máximo nivel estatal de Galicia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manteñen un encontro por videoconferencia cos equipos femininos esponsorizados no primeiro plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos.

136
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, mantiveron hoxe un encontro virtual en Santiago de Compostela cos equipos beneficiarios do primeiro Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º máximo nivel estatal de Galicia 2020 e aproveitaron para destacar a contribución destas formacións no fomento da tolerancia, da igualdade e da non violencia de xénero.

Na xuntanza participaron os equipos femininos de alta competición de fútbol sala, baloncesto, balonmán, fútbol e rugby que resultaron beneficiarios na convocatoria: Ensino Lugo Club de Baloncesto, Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Atlético Guardés, Real Club Deportivo de La Coruña SAD, Ourense Club de Fútbol SAD, Club Deportivo Burela Fútbol Sala, Club Poio Fútbol Sala, Cidade de As Burgas Fútbol Sala e Club de Arquitectura Técnica.

Lorenzana dirixiuse ás participantes na xuntanza e indicou que “os equipos femininos e todas e cada unha das xogadoras que os conformades sodes as mellores embaixadoras posibles dos valores que defende á comunidade galega e por suposto a Xunta”.

“Sodes nosas referentes á hora de poñer en valor a importancia do deporte como medio de fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta de loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no deporte e, na vida”, engadiu.

O plan de patrocinio diríxese a equipos femininos de alta competición e está dotado con 150.000 euros froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Fundación Deporte Galego, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. “O deporte é unha actividade física cun gran potencial na educación e nos medios de comunicación, polo que constitúe un motor de cambio social”, incidiu Lorenzana.

María Jesús Lorenzana: “O deporte é unha actividade física cun gran potencial na educación e nos medios de comunicación, polo que constitúe un motor de cambio social”.

A conselleira resaltou que o deporte é un vehículo de aprendizaxe fundamental. “Temos a obriga de utilizalo tamén para conseguir que a igualdade das persoas e a sen razón da violencia en todas as súas manifestacións, e particularmente a violencia contra as mulleres, enraícen como principios básicos de comportamento desde as ideades máis temperás”, engadiu.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete incidiu, pola súa banda, na “alianza estratéxica” do Goberno galego para sacar adiante este primeiro plan e sinalou que non hai “mellores referentes para os nosos nenos e nenas, para que lles digades o importante que é loitar contra a violencia de xénero e a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes, transmitíndolles valores tan importantes como os da tolerancia, a igualdade e a non violencia”.

Lete lembrou que o novo plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos é unha liña de actuación paralela ao undécimo Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia, cuxa primeira fase -cun orzamento de máis de 2 millóns de euros grazas á colaboración da Xunta e Abanca dirixida ás entidades que competiron en modalidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta ou sénior ou previa á absoluta entre 2019 e 2020- destaca por unha maior presenza dos equipos femininos (46) e mixtos (4) sobre os equipos masculinos (44).

A Xunta patrocina os equipos femininos de alta competición e de máximo nivel estatal de Galicia_2
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron un encontro cos equipos esponsorizados

Partido contra a violencia de xénero

Ademais de incorporar os logotipos corporativos nas competicións nas que participan os equipos beneficiarios, estes deben levar a cabo un partido dedicado á loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida. Deste xeito, o Club Balonmán Porriño e o Cidade das Burgas xa celebraron este partido.

Os outros sete equipos celebrarano nas vindeiras datas: Clube Balonmán Atlético Guardés (21 de novembro), Ensino Lugo Club de Baloncesto (22 de novembro), Real Club Deportivo de La Coruña (22 de novembro), Club Deportivo Burela Fútbol Sala (5 de decembro), Club Poio Fútbol Sala (12 de decembro), Club de Arquitectura Técnica (13 de decembro) e Ourense Club de Fútbol (16 de decembro).

Etiquetas balonmánConsellería de Igualdadedeporte femininofútbolfútbol salaIgualdadePATROCINIOrugbySecretaria Xeral para o DeporteXunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

A deportivista Patril López, en rolda de prensa / RCD

Patri López: “Queremos romper esta mala racha de resultados”

por Redacción As Nosas
01/03/2021
0

  No vestiario do Dépor ABANCA hai ganas de loitar á seguinte batalla. "Temos moitas ganas de que chegue o...

Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

O Envialia salva un punto ante o Leganés (3-3)

por Redacción As Nosas
01/03/2021
0

  Por segunda semana consecutiva, o Ourense Envialia empata o seu partido. Desta vez foi ante o CD Leganés, nun duelo moi...

Alicia Fernández, unha das 18 Guerreiras que Carlos Viver convoca para o preolímpico de Llíria / RFEBM

Carlos Viver convoca a Alicia Fernández para o preolímpico de Llíria

por Redacción As Nosas
28/02/2021
0

  A galega Alicia Fernández, que milita no SCM Ramnicu Valcea, é unha das 18 guerreiras convocadas polo seleccionador estatal,...

A xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, encabezada por Bruno López, cumpre dous anos de mandato / FGBM

Bruno López, presidente da FGBM, xa ten obxectivos para os dous vindeiros anos

por Redacción As Nosas
28/02/2021
0

  A xunta directiva da Federación Galega de Balonmán celebrou recentemente unha reunión para facer balance e marcar os obxectivos...

A futbolista Ainoa Campo no partido Rayo Vallecano - Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA sucumbe ante o Rayo Vallecano na segunda metade 3-1

por Redacción As Nosas
28/02/2021
0

  O Rayo Vallecano puido cun loitador Dépor ABANCA que empezou perdendo, empatou e conseguiu dominar, pero na segunda metade...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
A deportivista Patril López, en rolda de prensa / RCD

Patri López: “Queremos romper esta mala racha de resultados”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A deportivista Patril López, en rolda de prensa / RCD

Patri López: “Queremos romper esta mala racha de resultados”

01/03/2021
BAXI Ferrol vs Osés Construcciones Ardoi / UNIVERSITARIO FERROL

O BAXI Ferrol, derruba as súas propias marcas

01/03/2021
Stamenkovic no Celta - Magec / CELTA BALONCESTO

O Celta suma de dous en dous

01/03/2021
O Zalaeta vs Arona / J. VÁZQUEZ CV ZALAETA

O Zalaeta remata febreiro sen sumar ningunha vitoria

01/03/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.