- A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia . Distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo dunha personalidade galega e o Burela vén de ser galardoado con unha.
Foi creada en 1984 con motivo do retorno a Galicia dos restos de Castelao o 28 de xuño dese ano. Afirmaba o Decreto de creación da Medalla: (…) a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras é o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo.
A Xunta de Galicia condecora ao equipo do Pescados Rubén Burela feminino de Fútbol Sala coa medalla Castelao 2022, premios nos cales conforme establece Rueda “aos gañadores se lles recoñece o seu traballo, logros e que leven o nome de Galicia máis alá das nosas fronteiras”.
O equipo das guerreiras laranxas foi galardoado con este prestixioso premio, froito do seu traballo e dominio no seu ámbito deportivo. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, referiase ao conxunto mariñano como “unha institución referente no mundo do deporte e na promoción da igualdade na sociedade”. Esto é así xa que este equipo leva sendo o máximo representante do fútbol sala mundial, comprendendo xogadoras da maior talla internacional. E debido ao seu éxito, o seu deporte cada vez é máis seguido e apoiado pola xente.
Como logros destacaban que o equipo é tetracampión da Supercopa de España, campeón da Futsal Women´s European Champions e nominado mellor equipo de fútbol sala femenino do mundo, e un longo étc de títulos no seu palmarés.
Desde o Pescados Rubén Burela destacan que “é un orgullo que na nosa comarca contemos con un equipo con tanto impacto, que cada día siga conquistando triunfos”.
Estos son os galardoados coa Medalla Castelao 2022
Entre o resto de galardoados coas Medallas Castelao 2022 están: Camilo Nogueira, Javier Olleros, a Coral Polifónica El Eco e Javier Sánchez de Dios.
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, explicaba que con estas distincións se recoñece o seu traballo, os seus logros e que leven o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras.
O presidente da Xunta anunciou esta mañá o nome dos galardoados coas Medallas Castelao 2022 o político Camilo Nogueira, o chef Javier Olleros, a Coral Polifónica El Eco, o equipo feminino de fútbol sala Pescados Rubén de Burela e o xornalista Javier Sánchez de Dios. Tal e como explicou, o Goberno galego recoñece a traxectoria profesional e persoal dos condecorados, o seu traballo, os seus logros e que leven o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras.
A Xunta considera merecedor desta galardón a Camilo Nogueira, un dos pais do Estatuto de Galicia e un dos maiores defensores dos intereses de Galicia en Europa como eurodeputado. “Non hai mellor culminación da celebración dos 40 anos de autonomía” di Rueda.
Tamén ao chef Javier Olleros, que rexenta Culler de Pau, o primero e único restaurante galego que conta con dúas estrella Michelín. “Fixo historia en 2020 e está sempre disposto promocionar a gastronomía galega e Galicia onde sexa necesario”.
No eido da cultura, recibirá a distinción a coruñesa Coral Polifónica El Eco, que vén de celebrar o seu 140 aniversario, converténdose na agrupación máis antiga de España que está en activo, dixo, ao tempo que recordou que foi fundada por Pascual Veiga, compositor da música do Himno de Galicia.
Así como o equipo feminino de Pescados Rubén Burela FS, “unha institución referente no mundo do deporte e na promoción da igualdade na sociedade”, sinalou. É tetracampión da Supercopa de España, campión da Futsal Women´s Europea Champions e nomeado mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo.
E, por último, o xornalista Javier Sánchez de Dios que conta cunha consolidada e ampla traxectoria en prensa escrita, radio e televisión, “comezou como cronista ao pé da noticia, despois exerceu diferentes responsabilidades nos medios na actualidade e a día de hoxe escribe artigos na prensa escrita”.
A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario e intelectual.