• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

A Xunta remata a primeira rolda de reunións virtuais coas 58 federacións galegas para coñecer a súa situación deportiva e financeira e concretar as medidas do plan de reactivación

Estas xuntanzas tamén serviron para anunciar ás federacións deportivas as distintas medidas levadas a cabo pola Xunta como o mantemento do pago dos convenios de colaboración que xa están sufragados ao 83% e todas as federacións deportivas percibiron algún pago -36 delas recibiron o importe íntegro-

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/06/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Reunión virtuais coas 58 federacións - Xunta

Reunión virtuais coas 58 federacións - Xunta

101
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia vén de rematar as reunións levadas a cabo coas 58 federacións deportivas galegas nas que se estudaron as diferentes medidas a tomar para minimizar os prexuízos da declaración do estado de alarma por mor do coronavirus. Neste sentido analizáronse as diferentes solucións para paliar os efectos negativos na súa situación deportiva e financeira e concretáronse as medidas a levar a cabo no marco do Plan de Reactivación do Deporte galego.

Neste sentido, a Xunta de Galicia traballa coas federacións, organizadas en grupos de traballo por modalidades deportivas, dende o pasado 15 de maio cando o secretario xeral, José Ramón Lete Lasa, presentoulles á ferramenta de identificación de situacións deportivas de contaxio do Covid-19 no deporte galego. FISICOVID-19 DXTGALEGO é instrumento responde a un primeiro esquema realizado tras unha diagnose exhaustiva e de forma individualizada con cada unha das preto de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia.

“A actividade non poderá reiniciarse ata que existan garantías absolutas de seguridade”

O pasado 17 de abril de 2020, a Secretaría Xeral para o Deporte inaugurou esta quenda de encontros virtuais coa Federación Galega de Atletismo. 48 días despois, a Xunta de Galicia clausura esta primeira rolda de encontros cos seus socios principais no eido deportivo para poder comezar a aplicar canto antes as condicións da volta a actividade de xeito seguro. A postura esgrimida polo Goberno galego en todas estas xuntanzas mantívose invariable, insistindo en que “a actividade non poderá reiniciarse ata que existan garantías absolutas de seguridade e hixiene e non se poidan producir contaxios”.

Do mesmo xeito, estas xuntanzas tamén serviron para anunciar ás federacións deportivas as distintas medidas levadas a cabo pola Xunta de Galicia no sector deportivo como o mantemento do pago dos convenios de colaboración que xa están sufragados ao 83% e todas as federacións deportivas percibiron algún pago -36 delas recibiron o importe íntegro-, grazas á tramitación destes acordos de xeito anticipado.

Ademais, nestes encontros debatéronse as “incertezas, incoherencias, discriminacións e dúbidas” xeradas polas diferentes ordes ministeriais publicadas no BOE. As demandas do deporte galego serviron para acadar importantes rectificacións do Goberno central como a reactivación da caza e da pesca en todas as súas vertentes, a eliminación de franxas horarias para todos os deportistas ou a elaboración dun protocolo básico para toda a actividade deportiva.

Esgrima

Federación Galega de Esgrima

A Secretaría Xeral para o Deporte avanzou co presidente da federación, José Manuel Regueiro, na elaboración dun protocolo a través da ferramenta FISICOVID-DXTGALEGO, fundamental para retomar a actividade, supeditada á decisión da federación nacional que aínda non aprobou o calendario. Trabállase co obxectivo de recuperar os Campionato de España, as últimas xornadas de liga e, a nivel autonómico, os campionatos galegos.

Sófbol

Federación Galega de Béisbol e Sófbol

A Secretaría Xeral e o presidente da entidade, Carlos García, analizaron a posibilidade de reactivar a competición coas adaptacións necesarias -tocar a pelota, desinfección…-. Na comisión delegada de xullo tomarase a decisión con respecto ao calendario, formulando u posible cambio de formato de competición. A mediados de xuño estúdase retomar os adestramentos, retomando a competición en agosto.

Federación Galega de Aeronáutica

No tocante á competición atópanse á espera da decisión da federación estatal que ten cancelado o calendario nacional e internacional. A nivel autonómico, o presidente Víctor Maiztegui, formula a posibilidade de retomar os campionatos de xullo a decembro. Do mesmo xeito que moitas outras federacións, amosan o seu interese na proposta de formación do bloque común do Nivel I de técnicos que vai desenvolver a Escola Galega do Deporte.boxeo

Federación Galega de Boxeo

O presidente da federación, Manuel Planas, está tratando de reorientar a actividade cara á tecnificación e formación, coa vista nos campionatos de España posto que os internacionais están cancelados. Prevese retomar a competición autonómica en setembro. Abórdanse as posibilidades formativas da Escola Galega do Deporte e trabállase no protocolo de volta á actividade pensando nos deportistas e ximnasios.

HC Deportivo Liceo vs HC Cambre / ENE
HC Deportivo Liceo vs HC Cambre / ENE

Federación Galega de Hóckey

O presidente, Alberto Estévez, informou de que a tempada actual deuse por cancelada, aínda que a maior parte estaba realizada. A volta á actividade se formula xa para a tempada 2020/2021 e no mes de outubro estudando posibles formatos de competición para adaptarse á nova situación.

O enderezo electrónico para as consultas estritamente deportivas como consecuencia da situación de COVID-19 segue funcionado a pleno rendemento para clubs e federacións (incidencias-federacions.deporte@xunta.gal).

Etiquetas AeronáuticabéisbolBoxeoesgrimaFederaciónsHóckeysófbolXunta
Comparte9Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Publicadas no DOG modificacións na Lei do Deporte de Galicia / MOTION ARRAY

A Lei do Deporte de Galicia presenta as súas modificacións afondando no bo goberno das federacións e na loita contra a violencia

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 3/2025, do 15 de decembro, pola que se modifica a Lei...

A mente en forma / XUNTA

Arrinca ‘A Mente en Forma’, a 1.ª gran cita en Galicia que conecta xuventude, deporte e saúde mental

por Redacción As Nosas
11/12/2025
0

`A mente en forma’, o primeiro gran evento celebrado en Galicia para promover o coidado psicolóxico das persoas vinculadas ao...

Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o anuncio da primeira fase...

O Club Béisbol e Sófbol Cambre presenta o seu III Torneo A favor da promoción e sensibilización do deporte feminino 2025 / CBS CAMBRE

O Club Béisbol e Sófbol Cambre presentou o seu 3.º Torneo A favor da promoción e sensibilización do deporte feminino

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

O Club Béisbol e Sófbol Cambre presentou no seu local social, a terceira edición do Torneo A favor da promoción...

Imaxe tomada no inicio do curso 2019 no CGTD con deportistas de alto nivel / XUNTA DE GALICIA

As axudas do deporte de alto nivel de Galicia pódense solicitar ata o 4 de decembro e contarán cun orzamento inicial de 800.000 euros

por Redacción As Nosas
28/11/2025
0

 A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de anunciar a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.