• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Xunta dá luz verde á practica da actividade deportiva federada con máscara

Deberá usarse tapaboca se hai contacto físico | As deportistas, de modalidades individuais ou colectivas, deberán seguir o Protocolo Fisicocovid-DxTgalego

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/09/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Reunión de Lete Lasa, coas 58 federacións deportivas de Galicia para falar do FISICOVID / XUNTA DE GALICIA

Reunión de Lete Lasa, coas 58 federacións deportivas de Galicia para falar do FISICOVID / XUNTA DE GALICIA

229
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Xunta de Galicia ven de comunicar a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) que desde mañá, sábado 19, poderase realizar “actividade deportiva federada de competencia autonómica” seguindo os protocolos das diferentes federacións. Da así luz verde e abre ás portas á practicar deporte federado pero usando máscara para protexerse da COVID e mantendo, sempre que se poida, a distancia de seguridade.

No documento recóllese que as deportistas, de modalidades tanto individuais coma colectivas, deberán seguir o Protocolo Fisiocovid-DxTgalego e portar máscara se hai contacto físico. Igualmente se recomenda manter a distancia física e haberá que respectar as normas das instalacións nas que se practique o deporte en cuestión. Os protocolos federativos poderán ser máis restritivos.

Con todo, como ven sendo habitual, advírtese que as medidas preventivas previstas “deben ser obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria”.

O deporte galego leva tempo preparándose para responder ante a COVID-19

Tal e como apunta o Goberno galego nesta publicación no DOG, “o deporte galego leva preparándose no seu conxunto varios meses para responder como sistema intelixente e facer fronte coas debidas garantías aos riscos derivados da crise causada polo COVID-19”.

Recórdase no Diario Oficial de Galicia, que a través da Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, “aprobouse o Protocolo Fisicovid-DxTgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia. Conforme o disposto na dita resolución o protocolo aprobado por ela debe ser tido en conta polas federacións deportivas galegas ao elaboraren os seus respectivos protocolos”.

A notificación da Consellería de Sanidade publicada hoxe no DOG e asinado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recolle a “modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade”.

Protocolo Fisicovid-DxTgalego

As conclusións son que a práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica “poderá realizarse de forma individual ou colectiva, de conformidade cos protocolos de que deben dispoñer as federacións deportivas galegas, segundo o modelo do Protocolo Fisicovid-DxTgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia, aprobado pola Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte do 15 de xuño de 2020, os cales deberán ser aprobados mediante resolución da Secretaría Xeral para o Deporte”.

Explícase tamén que nestes protocolos “recolleranse as condicións para a realización de adestramentos e para a celebración de competicións, deberán identificarse as situacións potenciais de contaxio, atendendo ás vías recoñecidas polas autoridades sanitarias, e establecerse as medidas de tratamento de risco de contaxio adaptadas á casuística”.

DOG: “A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica “poderá realizarse de forma individual ou colectiva, de conformidade cos protocolos de que deben dispoñer as federacións deportivas galegas, segundo o modelo do Protocolo Fisicovid-DxTgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia”

Advirte a Xunta de Galicia que o protocolo “será de obrigada observancia para o conxunto dos estamentos federativos e deberá publicarse na páxina web da federación deportiva”.

Tamén se avisa de que no caso de realizarse a actividade en instalacións deportivas, “a práctica axustarase ademais aos termos establecidos para estas”.

Distancia e máscara

As normas básicas para evitar o contaxio da COVID-19 son o lavado de mans, a distancia interpersoal e o uso de máscara. Todo iso mantense no deporte galego. Así no DOG indícase expresamente:

  • “Sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal”.
  • “Na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica, aplicarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectivas aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte”.
  • “En todo caso, no dito protocolo deberá preverse que cando a actividade deportiva supoña contacto físico entre as persoas que a practican deberá utilizarse a máscara, salvo que no protocolo respectivo se inclúan medidas alternativas de protección específicas”.

Cabe lembrar que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia leva tempo traballando coas federacións para buscar as mellores solucións para manter a práctica deportiva con mecanismos de prevención diante do posible contaxio da COVID-19.

Reunión virtuais coas 58 federacións - Xunta
Reunión virtuais coas 58 federacións – Xunta

No propio DOG explícase: “a través de grupos de traballo coas 58 federacións deportivas galegas, constituídos segundo similitudes da práctica deportiva para favorecer a súa complementación á hora de identificar potenciais situacións de risco de contaxio e determinar as medidas máis eficaces e eficientes de acordo cos contextos concretos en que se desenvolve a práctica deportiva en cada caso, desenvolvéronse os protocolos propios para cada unha delas co obxecto de adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición a eses riscos, para que a práctica do deporte segundo o establecido nos protocolos de referencia sexa unha práctica segura”.

Xa había deportistas con permiso da Xunta para ter contacto no deporte

Non hai nin un mes que a Xunta de Galicia permitía o deporte con contacto no caso dalgúns deportistas. Principalmente deportistas de alto nivel, deporte adaptado e as deportistas non profesionais que competían no ámbito estatal, para evitarlles perxuizos competitivos.

En concreto desde o venres 28 de agosto, a permítese o contacto físico na práctica da actividade deportiva federada para:

  • As mellores deportistas de Galicia: deportistas galegos de alto nivel e deportistas de alto nivel recoñecidas polo Consello Superior de Deportes clasificados para Tokio 2020 ou que se encontren en proceso de clasificación.
  • As deportistas con maiores necesidades: deportistas de especialidades deportivas adaptadas individuais con guías ou persoas de apoio.
  • Os equipos que poidan padecer prexuízos pola situación noutras comunidades. Os equipos galegos que participen en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal con previsión de inicio da competición, salvo que o protocolo da federación española respectiva estableza outra cousa.
Etiquetas COVIDCOVID-19COVID19FISICOVIDXunta de Galicia
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Recepción a deportistas galegos olímpicos e paralímpicos nos Xogos de París 2024 moitos deles teñen a consideración de deportistas de alto nivel/ XUNTA DE GALICIA

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.712

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  Con as novas 85 incorporacións, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas no alto nivel...

Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade

Os premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 recoñecen o traballo de 48 persoas e entidades

por Redacción As Nosas
03/09/2025
0

Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Terra Move, unha plataforma para impulsar o mecenado deportivo en Galicia

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  No último Consello da A Xunta de Galicia facíase público o acordo polo que se autoriza a sinatura do...

O K4 500 integrado por Sara Ouzande, Estefanía Fernández, Carolina García e Teresa Portela compite ao máis alto nivel/ RFEP

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.256

por Redacción As Nosas
03/07/2024
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 21 de xuño de 2024 pola que se...

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recibiu ao Dépor ABANCA despois do seu ascenso á Liga F / XUNTA DE GALICIA

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibe ao Dépor ABANCA despois do ascenso

por Redacción As Nosas
22/04/2024
0

  Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, deu os seus parabéns ás integrantes do Dépor ABANCA polo ascenso á...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.