• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O xornalismo deportivo coruñés pon o foco na calidade das informacións sobre deporte feminino non so na cantidade

Vanessa Casteleiro: "A base do cambio foi a loita das mulleres, reclamamos e fixemos ruído. Aumentou a cantidade, pero non a calidade, o tratamento informativo ao deporte feminino é pouco e malo. O camiño é a escoita activa, non se nos escoita, sabemos o que queremos e reclamámolo"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/12/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
No ciclo Deporte para a igualdade do Concello da Coruña, moderados por Alberto Torres, participaron no debate sobre xornalismo a fotoxornalista Vanessa Casteleiro, e os redactores Xose Antón Fraga, Pepe Torrente, Sara Gallego e María Varela / CONCELLO DA CORUÑA

No ciclo Deporte para a igualdade do Concello da Coruña, moderados por Alberto Torres, participaron a fotoxornalista Vanessa Casteleiro, e os redactores Xose Antón Fraga, Pepe Torrente, Sara Gallego e María Varela / CONCELLO DA CORUÑA

204
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Na cuarta quenda do ciclo de debates baixo o título ‘Deporte para a igualdade‘ que organiza o Concello da Coruña dentro das súas actividades co gallo do 25N, a través da Concellaría de Deportes, convocouse a un grupo de xornalistas da cidade para analizar a situación do deporte feminino nos medios e no xornalismo. Unha das conclusións é que aumentose a cobertura de informacións deste perfil en cantidade, pero non así en calidade.

Co director do xornal DxT Campeón, Alberto Torres, como moderador, debatiron ao redor do tratamento informativo do deporte feminino xornalistas da Coruña como María Varela, de La Opinión de A Coruña, Sara Gallego, deInterCoruña radio, Pepe Torrente, de COPE Coruña, Xosé Antón Fraga da TVG e a fotoxornalista Vanessa Casteleiro de Roller Agencia.

Foi precisamente a reporteira gráfica Vanessa Casteleiro quen puxo de manifesto que a base dos cambios que se teñen experimentado na cobertura de informacións relativas ao deporte feminino foi froito “da loita das mulleres. Reclamamos e fixemos ruído”. En resumidas contas, que estamos ante territorio reclamado e conquistado no eido do xornalismo, en absoluto regalado ou outorgado por xustiza.

No ciclo Deporte para a igualdade do Concello da Coruña, moderados por Alberto Torres, participaron a fotoxornalista Vanessa Casteleiro, e os redactores Xose Antón Fraga, Pepe Torrente, Sara Gallego e María Varela / AS NOSAS
No ciclo Deporte para a igualdade do Concello da Coruña, moderados por Alberto Torres, participaron a fotoxornalista Vanessa Casteleiro, e os redactores Xose Antón Fraga, Pepe Torrente, Sara Gallego e María Varela / AS NOSAS

A raíz deses cambios parece certo que houbo un aumentou a cantidade de informacións, algo no que todas as persoas participantes no debate coincidían, aínda que se estea lonxe dunha paridade, pero no que parece non terse avanzando é nunha cuestión fundamental: a calidade.

A propia Vanessa Casteleiro explicaba que “hai máis cantidade, pero non aumentou a calidade”. A fotoxornalista galega segurou: “O tratamento informativo ao deporte feminino é pouco e malo”.

Na mesma liña se manifestaba a locutora de Radio InterCoruña Sara Gallego. “Se miramos atrás obviamente melloramos, pero queda motísimo. Hai máis cantidade de información publicada, pero temos déficit de calidade”, aseguraba a xornalista. Apuntou Sara Gallego ao papel que o fútbol feminino ten como elemento tractor doutras disciplinas á hora de visibilizar. “Que o FutFem vaia avanzando fai que tire do carro. O que é unha pena, xa que hai deportistas doutras disciplinas que levan anos merecendo espazo”, matizaba.

Nese aumento de cantidade de información relativa ao deporte feminino Pepe Torrente, de COPE Coruña, advertía: “Non nos podemos colgar medallas xa que foi a demanda social a que nos fixo avanzar aos medios, non ao revés. E dicir, foi a sociedade a que foi por diante de nós, os medios de comunicación. E non puidemos obviar a realidade. E iso non fala moi ben de nós”, reflexionaba a modo de examen de conciencia o locutor radiofónico.

Xosé Antón Fraga, xornalista da TVG, coincidía con Pepe Torrente en que “os medios imos a remolque da sociedade”. Explicaba que “en tempos pretéritos pasaban cousas de pura caverna”, pero puxo sobre a mesa de debate que “non se parte da nada. Non todo era oscuridade. Vimos de moi pouco, pero algo había”. Neste sentido, situaba un momento de inflexión cara ao avance nos anos 80 onde equipos como o Karbo tiñan cobertura aínda que se tiña por un “deporte secundario”. Con todo, admitía “hai moito por andar”.

Vanessa Casteleiro discrepaba “eu creo que seguimos na caverna. Seguimos vendo titulares de “a noiva de”. Agora escandalizámonos máis. Non se fai un seguimento en profundidade das cuestións, como por exemplo, problemas en vestiarios. Que avanzamos, si. Que agora protestamos, si. Pero queda moitísimo por andar e non deixan de pasar cousas”.

Desas etapas previas máis escuras do xornalismo deportivo lembrábase María Varela que comentou que nunha etapa da súa vida recompilaba preguntas impropias feitas a mulleres deportistas, cuestións como a trasladada a unha boxeadora á que se lle preguntou se empregaba os espellos que tiña o cinto de campioa que gañara para se maquillar. O dito, caverna, pura caverna.

Que podemos facer para mudar o paradigma?

Como un camiño á solución deste tipo de situacións de desigualdade, Vanessa Casteleiro propoñía “a escoita activa. Non se nos escoita. As mulleres sabemos o que queremos e reclamámolo. Pero ás mulleres non se nos escoita. Elas saben o que queren e pídeno”. Outra cuestión que a fotoxornalista propuña era “mudar as narrativas”. Por exemplo, “cando hai problemas nun vestiario non podemos poñer o foco nelas xa que son as vítimas”.

Diante desa pregunta de que facer para mudar a situación actual, Xosé Antón Fraga apuntaba que hai que “resetear. Levamos anos facendo o mesmo. Para que a muller teña a mesma consideración no xornalismo deportivo témonos que resetear. O problema non o teñen elas, temolo nós que as taponamos e somos un problema”-

Para Pepe Torrente habería que “mudar o tratamento informativo. Nunha primeira reflexión pensei que habería que evitar o paternalismo a condescendencia, pero logo pensei que tamén o facemos con outras disciplinas. Quero dicir que non é algo intrínseco ao deporte feminino senon ao todo o que non é fútbol”.

No ciclo Deporte para a igualdade do Concello da Coruña, moderados por Alberto Torres, participaron a fotoxornalista Vanessa Casteleiro, e os redactores Xose Antón Fraga, Pepe Torrente, Sara Gallego e María Varela / AS NOSAS
No ciclo Deporte para a igualdade do Concello da Coruña, moderados por Alberto Torres, participaron a fotoxornalista Vanessa Casteleiro, e os redactores Xose Antón Fraga, Pepe Torrente, Sara Gallego e María Varela / AS NOSAS

Apuntaba Torrente que de cara a gañar calidade e poder evitar esa condescendencia no exercicio do xornalismo “é preciso que fagamos un seguimiento informativo que non se fai”. Basicamente falta o contexto, o seguimento aos equipos de xeito regular para poder facer unha crítica consciente se é procedente.

Nese punto falouse da falta de recursos humáns nas redaccións para acometer ese nivel de traballo. Apelábase á precariedade para explicar unha carencia en termos de exercicio do xornalismo. Unha falta de recursos e precariedade na profesión que é verídica. Pero foi de novo Vanessa Casteleiro a voz discrepante, amosándose segura de que por moitos medios que hubese non se informaría máis sobre deporte feminino, se non que gañarían espazo e recursos as disciplinas de sempre.

Na opinión de Sara Gallego “temos que visibilizar e normalizar a presenza do deporte femenino nos medios. Incluíndo as críticas cando procedan”.

Mentres que María Varela pedía “erradicar certas cousas que salen na grada”, e deixar de ver esos “top cinco das deportistas máis guapas… Perpetúase a cosificación das deportistas. Sigue pasando”. Tamén lembrou que no uso da linguaxe infantilizamos ás deportista chamándolles a eles normalmente polo nome e apelidos e a elas polo nome de pila. “Eso infantiliza á deportista”, argumentaba.

Escasa presenza de mulleres nas redaccións deportivas

Outro punto diferencial no tratamento informativo que se fai no xornalismo ao deporte feminino pode vir dado pola escasa presenza de mulleres nas redaccións deportivas que aporten unha visión de xénero.

Xosé Antón Fraga aseguraba que no xornalismo deportivo actual xa hai “máis presenza e hai outro respecto, pero queda moito por mudar. Segue habendo moi poucas mulleres no xornalismo deportivo e sorprende cando nas facultades son máis. Nas redaccións de deportes van entrando a contapingas”.

Pepe Torrente coincidía con esta visión “efectivamente hai menos xornalistas deportivas mulleres”.

🔎 Xornalistas locais analizan o papel dos medios na difusión do deporte feminino coruñés.

Esta tarde o Pazo dos Deportes de Riazor acolleu unha nova xornada do programa 💜 #DeporteParaAIgualdade.

Chío 1/2 pic.twitter.com/XNahLybEpC

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) December 1, 2022

Ao fío deste tema reflexionouse sobre que nos clubs, o número de directivas e adestradora tamén é menor polo que hai unha infrarepresentacion feminina en moitos ámbitos do deporte. Non sendo polo tanto unha situación exclusiva do xornalismo, o que so confirma o nivel de desigualdade transversal que existe.

María Varela explicaba como cando unha muller elixía cubrir contidos deportivos adoitaba a recibir preguntas, como se tivese que xustificar esa decisión, por non falar dos ‘exames’ tipo “pero sabes o que é un fóra de xogo?”, ao que moitas xornalistas deportivas tiñan que responder cando manifestaban o seu interese por esta rama do xornalismo. María Varela poñía o foco tamén no feito de que, ademais de ser menos, cando chega o reparto de cometidos, en moitas ocasións, “os homes cubren fútbol, e elas polideportivo, como se fosen deportes de segundo nivel”.

Vanessa Casteleiro salientaba que nunhas xornadas de FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España) se concluía que “as xornalistas deportivas eran as que máis acoso recibían”. Un acoso que chega a través das redes sociais. Outro punto para a reflexión.

Para Sara Gallego “comunicar non ten xénero”.

No peche da conversa o moderador, Alberto Torres, recompilaba varias das reflexións que tiñan aparecido no debate que tivo o xornalismo como epicentro explicando que, como conclusión: “Tenemos que escoitar activamente, eliminar moitísimos perxuízos, resetear, romper cadeas, recoñecer os nosos erros e buscar a calidade. Pero coa intención non chega, temos que dar un paso adiante”, aseguraba o director de DxT Campeón. 

A arbitraxe colle a remuda do xornalismo no ciclo Deporte para a Igualdade

A seguinte cita dos debates ‘Deporte para a igualdade‘ que organiza o Concello da Coruña a través da Concellaría de Deporte é hoxe venres 2 de decembro na tarde, contra as 17:00 horas. O escenario volve ser o Fórum Metropolinano do Parque Europa.

Xuíces e arbitros collen a remuda dos narradores das historias, os xornalistas, neste ciclo de conversas. Moderará a cita Mar Barcón, e xuntaránse para debater Teresa Martínez (árbitro internacional de hóquei a patíns), Dolores Rojas (xuíza de marcha atlética), Zeltia García (xuíza de ximnasia), Paula Lema (árbitra de baloncesto) e Rubén Eiríz Mata, delegado do Comité Técnico Galego de árbitros de fútbol na Coruña.

💬 Quenda para falar de arbitraxe en ‘Deporte para a #igualdade‘

🗓 2 de decembro, ás 17,00 h, no Fórum Metropolitano.

▪ Teresa Martínez
▪ @redpains13
▪ Rubén Eiriz
▪ @zeltiagarcia
▪ Paula Lema

🗣️ @marbarcon

Programación completa ➡ https://t.co/1L5qoFJsw7 pic.twitter.com/JqFR8gqxaP

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) December 1, 2022

Clubs coruñeses analizan a progresión do deporte feminino nas súas entidades dentro do ciclo ‘Deporte para a Igualdade’

En ‘Deporte para a Igualdade’ debateouse se a dificultade para conciliar frea o acceso das mulleres a postos de adestradora

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ reúne a seis deportistas de élite afincados na Coruña

O ciclo ‘Deporte para a igualdade’ empezou polo principio, polas pioneiras

Etiquetas A CoruñaAlberto TorresConcello da CoruñaCOPE CoruñaDeporte para a IgualdadeDxT CampeónLa Opinión de A CoruñaMaría VarelaPepe TorrenteRadio InterCoruñaSara GallegoTVGVanessa CasteleiroXosé Antón Fraga
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

'Maiores en Plena Forma', un programa de envellecemento activo / CONCELLO DA CORUÑA

‘Maiores en Plena Forma’ fomenta o envellecemento activo na Coruña

por Redacción As Nosas
23/10/2025
0

  O Concello da Coruña activa o programa 'Maiores en Plena Forma', con actividades gratuítas en 15 centros A Concellería...

María Nogueira, xogadora das Celtas / RC CELTA DE VIGO

As Celtas dobregan As Nosas deportivistas na Madroa e levan o duelo de rivalidade Vigo – Coruña do futfem galego (1-0)

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

As Celtas impuxéronse pola mínima ante un Dépor Abanca B que aguantou o primeiro tempo pero na segunda metade viuse...

IV Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia en A Coruña / CH CORUÑA

O IV Trofeo Internacional ‘Ferenc Szabó’ de halterofilia celebrouse na Coruña con participación dos clubs galegos CH Coruña e CH Cambre

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Esta fin de semana o Pavillón Polideportivo Municipal dos Rosales na Coruña acollía o IV Trofeo Internacional 'Ferenc Szabó' de...

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.