• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

As Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas, organizadas pola FCG en Marín, foron un éxito

As corredoras das categorías de formación asistiron a charlas ofrecidas por relatoras de luxo, conviviron e adestráronse

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/09/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
Foto de familia das Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas celebradas e Marín / FCG

Foto de familia das Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas celebradas e Marín / FCG

57
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Federación Ciclismo Galego celebrou por primeira vez unha iniciativa pioneira ideada para converterse na gran xuntanza do ciclismo feminino de formación. As Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas estreáronse na localidade pontevedresa de Marín e esta convivencia de dous días resultou un éxito. Cun cartel de relatoras de luxo, as promesas da bicicleta aprenderon, reflexionaron e adestráronse seguindo un programa de actividades tan intenso como enriquecedor.

O Colexio Plurilingüe SEI San Narciso abriu as súas portas para o pelotón feminino o pasado venres e a benvida ás instalacións que exerceron de epicentro das xornadas da FCG correu a cargo de Antonio Traba, concelleiro de Deportes de Marín.

A continuación, tomaron a palabra catro ciclistas que acumulan títulos e son referentes nas súas especialidades. As irmás asturianas Lucía González, corredora do Nesta MMR e catro veces campioa de España de Ciclocrós, e Alicia González, ciclista de estrada no Movistar Team, xunto ás galegas Eva Castro, campioa de España de Descenso e Four Cross, e Irene Trabazo, campioa autonómica de ciclocrós, compartiron as súas experiencias persoais nun coloquio dirixido e animado por Terio Carrera, presentador da Televisión de Galicia.

#CiclismoGalego | Adestramento de XCO con @irene_tb_98 pic.twitter.com/9InJfNkRq6

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) September 3, 2022

Neste encontro de campioas as convidadas recordaron como foron os seus inicios, analizaron a evolución do ciclismo feminino, contaron anécdotas e ofreceron consellos ás promesas que aspiran a seguir os seus camiños.

O programa do primeiro día continuou cunha merenda na visita á Granxa de Briz – Parque dos Sentidos, onde as corredoras de distintas idades e disciplinas estreitaron lazos e desfrutaron dun recinto situado no centro de Marín.

#CiclismoGalego | Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas #NON pic.twitter.com/FnL42mDlAT

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) September 3, 2022

Pola noite, Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego, ofreceu unha pequena charla técnica despois da cea, agradecendo a presenza das corredoras, a colaboración e a implicación do Concello de Marín, e ratificando a a aposta da FCG polo ciclismo feminino e a formación.

Nas xornadas houbo charlas, adestramentos, nutrición e psicoloxía

O sábado as xornadas Mulleres Ciclistas mesturaron a práctica e a teoría nun día do máis intenso. A mañá reservouse ás saídas en bicicleta, coas participantes dividíndose en tres grupos.

O pelotón de estrada, dirixido polo seleccionador autonómico Jacobo Ucha, rodou pola comarca do Morrazo, un percorrido que incluíu as subidas aos altos da Cruz de Ermelo e do Lago de Castiñeiras.

Pola súa banda, o adestramento de Cross Country Olímpico (XCO) conduciuno Irene Trabazo polos montes de Marín, Bueu e Vilaboa. As bikers transitaron polo Monte Penizas, Pardavila, as inmediacións do Lago de Castiñeiras, o descenso cara Vilaboa e o Monte Pituco.

En canto á sesión de Descenso (DHI) e Enduro, as riders gozaron dos saltos, peraltes e desniveis do circuíto de Vilaboa seguindo os consellos e indicacións de Eva Castro. 

As bicicletas descansaron pola tarde para que as corredoras se formaran en dúas materias intimamente vinculadas co ciclismo.

A nutricionista Lucía Vázquez, que no seu palmarés como deportista conta con títulos de XCO e Ciclocrós, expuxo os seus coñecementos sobre hábitos saudables, nutrición deportiva e en competición, menstruación e rendemento.

#CiclismoGalego | Charla de @Lucia_VazquezC nas Xornadas Tecnificación Mulleres Ciclistas pic.twitter.com/bt1ZPe7Z8y

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) September 4, 2022

A segunda conferencia da xornada ofreceuna a psicóloga Blanca Izquierdo, que abordou aspectos como a motivación, a xestión dos éxitos e dos fracasos, e a organización do tempo para compaxinar os estudos co deporte.

#CiclismoGalego | Charla da psicóloga Blanca Izquierdo nas Xornadas Tecnificación Mulleres Ciclistas pic.twitter.com/FVyrd2QyZp

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) September 4, 2022

María Ramallo: “Temos que facer moito polo deporte feminino”

Unha vez completado o progama desta iniciativa, a alcaldesa María Ramallo quixo despedir ás participantes nas xornadas. No seu encontro coas ciclistas, a rexidora marinense apuntou que “temos que facer moito polo deporte feminino” e destacou os valores que aporta a práctica da actividade física: “As boas deportistas acostuman a ter as súa cabezas tan ben amobladas porque saben racionalizar o seu tempo, aproveitalo e concentrarse. Aprenden a esforzarse, a sacrificarse e moitas veces a saber perder, a saber levantarse”.

#CiclismoGalego | Clausura por parte de @MariaRamallov, alcaldesa do @ConcellodeMarin, das Xornadas Tecnificación Mulleres Ciclistas pic.twitter.com/fN1H0cxBbp

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) September 4, 2022

Con estas verbas e cunha foto de familia pecháronse dous inesquecibles días de ciclismo en clave feminina.

Etiquetas bikersBlanca IzquierdoBTTciclismoConcello de MarínCross Country OlímpicodescensoestradaEva CastroFederación Ciclismo GalegoFGCIrene TrabazoLucía VázquezXCO
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

CCB - Becani na Copa de España féminas Cofidis / RFEC

Xiana Camiña finaliza sétima na primeira proba da Copa de España co CCB-Becani

por Redacción As Nosas
09/03/2023
0

  Nesta fin de semana de posta en marcha de competicións na península ibérica, a Copa de España femininina Cofidis...

Marta Estévez, ciclista do XSM, na Copa de España BTT XCO / RFEC

O XCO galego competiu en Candeleda e Melgaço

por Redacción As Nosas
08/03/2023
0

  Os especialistas galegos en Cross Country Olímpico (XCO) competiron en dúas frontes nestes días: Candeleda e Melgaço O Cross...

Foto de familia das Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas celebradas e Marín / FCG

As ‘Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas’ xa teñen data para a súa segunda edición

por Redacción As Nosas
08/03/2023
0

  Nun día tan sinalado como o 8 de marzo, a Federación Ciclismo Galego (FCG) anuncia a segunda edición das...

Club Ciclista Betanzos - Becani feminino / CCB

Arrinca a tempada para o equipo feminino xuvenil do Club Ciclista Betanzos-Becani

por Redacción As Nosas
03/03/2023
0

  Empeza a tempada 2023 para o Club Ciclista Betanzos - Becani e faio co debut do equipo xuvenil feminino...

Xornada de Tecnificación de Enduro / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

O Enduro galego tomou A Fracha na súa Xornada de Tecnificación FCG

por Redacción As Nosas
28/02/2023
0

  Día frío, húmido e de moito traballo técnico no circuíto da Fracha. O parque forestal pontevedrés acolleu o pasado...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA, alineación ante o Barça B en Abegondo / RCD

O Barça B asalta o fortín de Abegondo e vence ao Dépor ABANCA por 0-3

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA, alineación ante o Barça B en Abegondo / RCD

O Barça B asalta o fortín de Abegondo e vence ao Dépor ABANCA por 0-3

19/03/2023
O circuíto Coruña Corre arrincou coa carreira da Torre de Hércules que se iluminou de morado co gallo do 8M / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.600 persoas estrean o circuíto Coruña Corre coa clásica Carreira Popular Torre de Hércules

18/03/2023
HC Deportivo Liceo - CP Manlleu / SABELA MOSCOSO

Un gol separou ao Liceo do primeiro posto nesta fase da WSE Champions League

18/03/2023
A xogadora do CRAT, María Morant co balón nun partido contra Majadahonda / ALBERTO SEGADE

O CRAT Residencia Rialta afronta un difícil reto na cancha do Majadahonda

18/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.