• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

As Xornadas Mulleres Ciclistas volveron ser unha experiencia enriquecedora para o pelotón feminino galego

As corredoras galegas recibiron charlas formativas, adestráronse e conviviron durante dous días en Marín

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/04/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Segundas Xornadas Mulleres Ciclistas celebradas en Marín / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Segundas Xornadas Mulleres Ciclistas celebradas en Marín / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

84
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As Xornadas Mulleres Ciclistas volveron resultar na súa segunda edición unha experiencia de tecnificación que abarcou todos os aspectos relacionados co pelotón feminino. Son moito máis ca unha concentración ou un ciclo de conferencias. Constitúen unha convivencia ideada pola Federación Ciclismo Galego (FCG) para formar ás promesas autonómicas da man de grandes especialistas, adestrar e crear vínculos. Dous días para fomentar o binomio muller e bicicleta nos que a localidade pontevedresa de Marín repetiu como sede.

As participantes neste evento gratuíto aloxáronse en réxime de pensión completa no SEI San Narciso e no auditorio deste Colexio Plurilingüe arrancou o programa das Xornadas con dúas charlas na mañá do mércores 5 de abril.

Charlas das Xornadas Mulleres Ciclistas

A primeira sesión didáctica destas Xornadas Mulleres Ciclistas, titulada ‘Ciclo Menstrual e Rendemento’, ofreceuna José Ramón Lillo Bevia, doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e da segunda encargouse Gemma Pascual, presidenta da Comisión nacional de ciclismo feminino e Seleccionadora española de ciclismo feminino en ruta, compartindo os seus coñecementos a través do relatorio ‘A Evolución do Ciclismo Feminino’.

Entre unha e outra conferencia das Xornadas Mulleres Ciclistas as corredoras recibiron a visita de María Ramallo, alcaldesa de Marín, e de Antonio Traba, concelleiro de Deportes, acompañados por Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.

A tarde do primeiro día de convivencia estivo dedicada a adestrar. As corredoras dividíronse en tres grupos: as bikers de Cross Country Olímpico rodaron coa ciclista local Irene Trabazo á fronte; tamén polos montes de Marín as riders das especialidades gravity traballaron e desfrutaron sobre a bicicleta seguindo as indicacións da seleccionadora Eva Castro; e as ciclistas de estrada acumularon quilómetros sobre o asfalto baixo a supervisión do seleccionador Jacobo Ucha.

Charla sobre dopaxe e coloquio

Con outra relatora de luxo como Coral Fernández Gumiel retomáronse as charlas na mañá do Xoves Santo. A xefa de División na Comisión Española para a Loita Antidopaxe no Deporte (CELAD) resolveu mediante a súa presentación ‘Dopaxe o que debes saber’ todo tipo de dúbidas. A continuación, tomaron a palabra catro mulleres que desempeñan diferentes funcións nos ciclismo galego.

A fotógrafa Luz Iglesias, a excorredora e actual seleccionadora Eva Castro, a árbitra de categoría nacional Dolores Cuñarro e a médica Pilar Pavón mantiveron un coloquio no que as súas vivencias persoais serviron para realizar unha reflexión desde diversos ángulos en clave feminina sobre a realidade deste deporte, unha entretida conversa na que interactuaron coas participantes nas Xornadas.

A clausura do gran cumio anual dirixido a ciclistas en idade de formación consistiu nun paseo para gozar das paisaxes de Marín e dunha tarde solleira. Deste xeito pechouse unha enriquecedora iniciativa, xa consolidada dentro da ambiciosa aposta que a FCG vén realizando co ciclismo feminino.

Etiquetas ciclismoFCGXornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.