O sábado 29 de agosto preséntase duro para o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño que terá xornada dobre de amigables de pretempada en León e Oviedo.
O Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño tendrá dobre enfrentamento nun mesmo día nesta fin de semana. O sábado pola mañana medirá forzas contra do Rodríguez Cleba. O cruce está fixado para ás 12:45 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de León.
Xa na tarde, o rival que agarda ás galegas é o Oviedo Balonmano Femenino ás 19:00 horas no Florida Arena de Oviedo. Ambos encuentros serán a sen público, disputándose a porta pechada.
Segundo informa na súa web o club porriñés, a convocatoria estará formada por:
- Portaría: Estela Carrera.
- Extremo esquerdo: Soraia Lopes e Sandra Fernández.
- Extremo dereito: Ana Cerqueira.
- Lateral esquerdo: Sarai Samartín e Mónica Soares.
- Central: Inés Hernández e Anthia Espiñeira.
- Lateral dereito: Aitana Santomé e Érica Tavares.
- Pivote: Arima López.
Ademais do equipo de División de Honor Prata estará Claudia Kaulback, mentres que do equipo xuvenil tamén haberá representación ao formar parte do desprazamento as xogadoras: Ithaisa Trigo, Anastasija Doder, Marta Da Silva e Mara López.