O Barco Museo Bonitero ‘Reina del Carmen’ acolleu un acto do Concello de Burela pola promoción do turismo e a participación do Pescados Rubén Burela FS na Copa da Raíña.
Celebrouse un acto oficial organizado polo Concello da Mariña para a promoción da concellería de Turismo e para desexar sorte ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS, que viaxa esta fin de semana a Boadilla del Monte a xogar as fases finais da Copa da S.M. a Raíña.
Levouse a cabo no Barco Museo Boniteiro ‘Reina del Carmen’ e asistiron as xogadoras do equipo de fútbol sala feminino do Pescados Rubén, o tenente de alcalde e concelleiro de Obras e Servizos, Deportes, Turismo e Comercio, Ramiro Fernández Rey e a concelleira de Servizos Sociais e Mar, Carmela López Moreno.