Un total de 29 atletas galegos e galegas acudiron a disputa do seu nacional Sub16 a Granollers esta fin de semana. Nesta competición fondista galega Xela Martínez proclamouse campioa de España conseguindo 20 segundos de vantaxe diante da segunda corredora clasificada. Nesa mesma cita Blanca Pereira tamén subiu ao máis algo do podio cun lanzamento de martelo de 49,45m. e a saltadora Enma Sihuang Pérez acadaba un bronce.
Os sub14 reuníronse no Estadio de Vallehermoso, en Madrid. Alí Gema Dacosta facíase co podio no triathlon integrado polas probas de 80 m., disco e peso.
Dous ouros e un bronce no Campionato de España Sub16
O balance da participación galega no XVIV Campionato de España Sub16 celebrado en Granollers foi a consecución de dúas medallas de ouro, unha de bronce, un récord galego e nove postos de finalistas.
Un dos títulos logrados correspondeu a un dos importantes valores do fondo galego. Xela Martínez da Atlética Lucense. A deportista, que xa no campionato de España absoluto de pista cuberta deste ano en Ourense correría a final, lograba desta volta facerse co título de campioa de España. Xela Martínez dominou a proba amplamente chegando a quitar nada menos que vinte segundos a segunda clasificada e marcando un crono de 9:56.76.
🚺 Podio 3.000m
🥇 Xenia Martínez (9:56.76)
🥈 Marwa El Khouya (10:14.21)
🥉 Adriana Blanco (10:14.76)Resultados: https://t.co/2dPqxqlTsg
Streaming: https://t.co/CgTG6ga7RHhttps://t.co/nOa31fR0Oz#CEatletismoSub16 #GeneraciónAtletismo pic.twitter.com/zU1njIkJS2— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) October 25, 2020
Outro dos grandes resultados correría a cargo da lanzadora de martelo do Ourense Atletismo Blanca Pereira quen de igual modo proclamábase campioa de España logo de lanzar ata os 49.45 m. Neste caso a lanzadora ourensá farianos conter a respiración ata o último instante logo de que tan só lanzara validamente dous lanzamentos, tendo que agardar ata o último de todos para remontar a cuarta posión na que estaba e lograr o campionato nacional.
🚺 Podio Martillo
🥇 Blanca Pereira (49.45)
🥈 Irene Mateo (48.41)
🥉 Sofía Baena (46.76)Resultados: https://t.co/2dPqxqlTsg
Streaming: https://t.co/CgTG6ga7RHhttps://t.co/nOa31fR0Oz#CEatletismoSub16 #GeneraciónAtletismo pic.twitter.com/h5Ik2xXOef— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) October 25, 2020
Non menos importante sería o metal de bronce logrado pola saltadora do Franciscanos de Lugo Enma Sihuang Pérez no concurso de altura despois de rebasar os 1.62 m., contando ademais co valor engadido de que viña de pasar unha inoportuna lesión que a piques estivo de impedirlle tomar parte neste nacional.
Sobre o resto de actuacións, compre salientar o récord galego Sub16 de Bran Núñez do Atletismo Morrazo nas Combinadas, rematando nun destacado quinto posto e establecendo unha nova plusmarca de 4.218 puntos, mellorando en 39 puntos o último tope autonómico que el mesmo lograra fai apenas trece días.
Do resto de actuacións desde a Federación Galega de Atletismo salientan tamén os postos de finalistas de 4ª Aldara Meilán da E.A. Lucense nos 3.000 Marcha con 14:48.30; 7ºAinhoa Raparaz do Val Miñor nos 100 m. con 12.75; 7º Jorge Vázquez do Marineda nos 600 con 1:28.11; 7º Víctor Ramos (Indep.) nos 3.000 m. con 9:22.98; 7º Hugo Fernández do C.A.Sada en Martelo con 46.81; 8º Xoel Otero do Mazí en Triplo con 13.01 ; 8º Fernando Vallines da Lourenzá en Peso con 13.77 m.; 8ª Natalia Rivas do A. Cuntis nos 3.000 Marcha con 15:03.98
Aquí, as fotografías do campionato Sub16
Bronce de Gema Dacosta no V Campionato de España Sub14 individual
Xa no campionato de España Sub14 que se levaría a cabo de igual modo este mesmo fin de semana nas pistas madrileñas de Vallehermoso, logrouse como resultado no individual unha medalla de bronce e un posto de finalista, malia que a nivel colectivo o máis importante sería a enriquecedora experiencia vivida polos nosos e nosas atletas de categorías base.
O bronce correspondeu a Gema Dacosta quen cunha puntuación total de 1.514 puntos lograba subir ao podio no grupo D de triathlon integrado polas probas de 80 m., Disco e Peso
Non menos importante resultaría a actuación da atleta Lara Iglesias do Samertolameu quen lograba unha meritoria quinta posición no grupo de Triathlon B con 1341
O resto da actuación galega quedou da seguinte maneira:
- 10ª Iris Malvido do Vila de Cangas con 1449 puntos no grupo E
- 12º Pablo Cariñena do Millaraio con 1328 puntos no grupo D
- 19º Nuno Costa do Millaraio con 988 puntos no grupo A
- 24ª Andrea Iglesias do AVA con 491 puntos no grupo E (cunha proba menos logo de quedar descalificada na marcha)