• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Xaneiro pon a proba ao Atlético Guardés con tres competicións e seis partidos

Prades: "Temos por diante un mes intenso e bonito; a ver que ocorre" | En 21 días o equipo da Guarda disputará seis partidos entre Liga, Europa e Copa da Raíña

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/01/2021
en Liga Guerreras Iberdrola BM, Máis balonmán
Imaxe de arquivo do Atlético Guardés / ©SPORTCOECO

Imaxe de arquivo do Atlético Guardés / ©SPORTCOECO

0
COMPARTIDOS
47
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O mes de xaneiro preséntase para o Atlético Guardés, intenso, bonito e importante. Alomenos así o describe o técnico do equipo, José Ignacio Prades.

A “intensidade” vén marcada “por seis partidos en pouco máis de 20 días”. A “beleza”, chega intrínseca a calquera reto. E a “importancia” reside en “disputar competición europea, vivir un novo tramo na liga Guerreras Iberdrola e tamén no horizonte a Copa da Raíña”.

África Sempere do Mecalia Atlético Guardés - RFEBM
África Sempere do Atlético Guardés – RFEBM

“Coñeceremos un pouco o futuro”, apunta o entrenador Guardés que se mostra expectante ante a volta ao traballo que iniciou o plantel con boas novas. Rosario Urban e Sarah Valero volven estar dispoñibles e só queda pendente a recuperación de Martina Mazza.

José Ignacio Prades lembra que “Laura Morais e África Sempere aínda non están ao 100%, pero é importante ir sumando efectivos”, destaca. Neste tramo da tempada “as rotacións e dosificar esforzos vai ser super importante” e o Guardés traballa desde xa para afrontar estas semanas en condicións óptimas. “A ver que ocorre?” esboza ilusionado Prades.

E é que o Atlético Guardés dá a benvida ao 2021 coa axenda repleta de compromisos. Case a contrarreloxo, o grupo deberá recuperar o ritmo e prepararse para un mes de xaneiro que marcará de maneira chave a súa tempada 20-21. Por fin debutarase na EHF European Cup de balonmán, haberá dúas xornadas de Liga Guerreiras Iberdrola e coñeceranse aos equipos que disputarán en abril a fase final da XLII Copa de SM a Raíña.

O camiño europeo do Guardés empeza en Elche

Dez meses. Ese é o período de tempo que vai transcorrer entre o último partido europeo do Atlético Guardés na tempada 19/20 (8 de marzo contra a aula na Sangriña) e o primeiro do curso 20/21. O conxunto galego despediuse da Challenge Cup nos cuartos de final contra as valisoletanas e dirá ola á EHF European Cup no Last 16 contra o Club Balonmano Elche. Moito sabor español na competición continental que tería que iniciarse en novembro para o Guardés.

EHF EUropean Cup / ATLÉTICO GUARDÉS
EHF EUropean Cup / ATLÉTICO GUARDÉS

As restricións en Suíza derivadas da situación sanitaria actual borraron as opcións de participación do LK Zug, rival na terceira rolda. A European Handball Federation tomou a decisión de outorgar o pase directo de rolda ao Guardés e agora as de Prades afrontan un novo reto ilusionante contra un equipo ao que non se mediron de momento na compe-tición doméstica ao caer en grupos diferentes.

O partido co Club Balonmano Elche e o CB Atlético Guardés se celebrará o vindeiro domingo 10 de xaneiro ás 12:00 horas no Pavillón Esperanza Lag de Elche. O cruce será dirixido polos colexiados: Evangelos Syrepisios e Michail Mertinian (Grecia).

Unha semana despois, o domingo 17 de xaneiro, toca o partido de volta dos Last 16 desta EHF European Cup ás 19:00 horas no pavillón da Sangriña, na Guarda. Os árbitros designados para esa ocasión son: Stephen Martens (Bélxica) e Yves Schols (Países Baixos).

A segunda volta da Liga Guerreras arrinca en Lanzarote

O Atlético Guardés afronta a segunda volta da primeira fase da liga Guerreras Iberdrola sen disputar a totalidade do sete primeiras xornadas. As de Prades aínda deberán esperar para iso até o 24 de febreiro (20:45 h), cando se medirá ao Rincón Fertilidad Málaga no partido correspondente á sétima xornada.

O Guardés vence ao Rincon Fertilidad Málaga por 2 goles (26-24) / COECO.CREATIVE - GUARDÉS
Imaxe de arquivo do Guardés contra o Rincón Fertilidad Málaga / COECO.CREATIVE – GUARDÉS

Mentres tanto, o equipo da Guarda pon a vista na oitava xornada que lles levará a Lanzarote (Xornada 1, vitoria 38-13) As galegas mediranse ao Lanzarote Puerto del Carmen o 13 de xaneiro ás 19:00 (hora insular) no pavillón de Tías na oitava xornada. E na novena, terá como rival ao potente Super Amase Bera Bera a Galicia (Xornada 2, derrota 31-22) que visitará o pavillón da Sangriña na Guarda o sábado 23 de xaneiro ás 19:00

Actualmente, o Atlético Guardés é terceiro no grupo A con 10 puntos en 6 xornadas (5 vitorias e unha derrota) por detrás de Bera Bera (12 pun-tose, 7 xornadas) e Rincón Fertilidad Málaga (11 puntos, 6 xornadas).

Segunda Copa da tempada

A tempada 20-21 conta de maneira excepcional con dúas Copas. A primeira fase final disputouse en Alhaurín de la Torre a principios de setembro como colofón á tempada pasada e anticipo da presente. Nela, o Guardés caeu en cuartos a mans da aula Alimentos de Valladolid (34-31).

Guardés - Aula Alimentos / COECO.CREATIVE- ATL. GUARDÉS
Imaxe dun partido entre At. Guardés e Aula Alimentos Valladolid / COECO.CREATIVE- ATL. GUARDÉS

Agora, o Guardés ten diante unha nova oportunidade de desquitarse na súa competición maldita. Na última semana de xaneiro disputarase de maneira íntegra a eliminatoria correspondente á segunda fase da XLII Copa de SM a Raíña. O rival: o Zubileta Evolution – Bm. Zuazo.

A ida dese cruce será o mércores 27 de xaneiro (hora por confirmar), en Lasesarre (Barakaldo). E a volta está fixada para o sábado 30 de xaneiro ás 19:00 horas, na Sangriña.

Etiquetas Atlético Guardésbalonmánbera beraCB Atlético GuardésCB ElcheCopa da RaiñaEHF EUROPEAN CUPguardésJosé Ignacio PradesLanzarote-Puerto del Carmenrincón fertilidad málaga
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

CB Porriño vs Liberbank Gijón / PORRIÑO IG

Volve o CB Porriño e o fai ante o seu público

por Redacción As Nosas
14/01/2021
0

  Despois do descanso de Nadal, a  Liga Guerreras Iberdrola volve a coller ritmo. Co inicio da segunda volta, o...

At. Guardés vs Aula Alimentos Valladolid / ©SPORTCOECO

O Guardés clasifícase para os cuartos de final da EHF Cup

por Redacción As Nosas
12/01/2021
0

  Sen ter posibilidade de xogar, o Atlético Guardés pasa de fase na EHF European Cup. As galegas tiñan que enfrontarse...

positivo Imaxe de arquivo do Guardés ante o Elche / BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS

Os positivos por COVID-19 no Elche e Lanzarote fan mudar ao Guardés de plans

por Redacción As Nosas
09/01/2021
0

  A palabra positivo nunca foi tan negativa. Agardaba o Atlético Guardés un xaneiro intenso e cheo de compromisos en...

Atlético Guardés / AT. GUARDÉS

Dous positivos no Elche obrigan a suspender o partido do Guardés da European Cup

por Redacción As Nosas
08/01/2021
0

  A volta do Atlético Guardés á competición europea vai ter que esperar. Dous casos de COVID-19 no Club Balonmano Elche,...

O Atlético Guardés disputará ante o Elche un partido europeo despois de 8 meses / ATL. GUARDÉS

O Atlético Guardés mantense fiel á súa cita con Europa

por Redacción As Nosas
08/01/2021
0

  Tras dez meses sen disputar un encontro de competición europea, o Atlético Guardés xogará este domingo, 10 de xaneiro,...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Partido entre o Lóstrego e o Rosalía / EFF Rosalía

Gabi Couñago (Lóstrego): “Logo de máis de 10 meses sen competir era un partido para gozar”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Partido entre o Lóstrego e o Rosalía / EFF Rosalía

Gabi Couñago (Lóstrego): “Logo de máis de 10 meses sen competir era un partido para gozar”

18/01/2021
San Silvestre Pontevedra / SG PONTEVEDRA IG

Máis de mil persoas participaron na edición especial da San Silvestre de Pontevedra

18/01/2021
A Selección Española, con Pérez e Pampín, no Torneo Internacional Henri Deglane / FEGALOITA

Lydia Pérez e Nerea Pampín, entre as 10 mellores das súas categorías no Torneo Internacional Henri Deglane

18/01/2021
Lino López, adestrador do Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

Lino López: “O equipo necesitaba un partido a este nivel”

18/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.