O Club Waterpolo Santiago e o CW Pontevedra desprázase a Málaga para participar no Campionato de España Infantil por clubs. O club compostelán na categoría feminina e o pontevedrés na masculina.
A competición dá comezo hoxe, venres 24 de xuño, coa fase de grupos. O CW Santiago está encadrado no Grupo D feminino e o CW Pontevedra no J masculino.
Para as xogadoras de Compostela a competición dará comezo co enfrontamento ante o equipo anfitrión, o CW Málaga, hoxe vernes ás 10:00 horas e logo pola tarde ás 20:00 horas ante o outro equipo do grupo o Colegio Askartza de Bilbao, para dilucidar o sábado 25 e domingo 26 os cruces polas posicións finais.
Cabe destacar que por primera vez na historia do waterpolo Gállego un equipo feminino vai participar neste campionato sendo as santiaguesas pioneiras, o que di moito do crecemento do waterpolo femenino e compostelá.