• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Volve a European Cup á Sangriña

Abel González: “A afección vai empuxar para facer as cousas ben” | O Mecalia Atlético Guardés recibe ao H71 das Faroe Islands o sábado 14 e o domingo 15 ás 19:00 horas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Mecalia Atlético Guardés vs Juro Unirek VZV na European Cup / SPORTCOECO

Mecalia Atlético Guardés vs Juro Unirek VZV na European Cup / SPORTCOECO

76
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Mecalia Atlético Guardés disputa a eliminatoria íntegra de oitavos de final da European Cup esta fin de semana na Sangriña contra o H71 das Faroe Islands (sábado e domingo, 19:00).
  • Como xa sucedeu na rolda anterior, o equipo miñoto gozará do apoio da súa xente en ambos os encontros para tentar avanzar a cuartos.
  • O conxunto feroés, novo e enérxico, chega á Guarda con ganas seguir adiante na competición europea. 

Cando A Sangriña entra en escena, todo cambia. Cando Europa aparece, todo é distinto. Demostrouno o Mecalia Atlético Guardés o mes pasado cando lle tocou facelo e espera repetir esta fin de semana. Será na rolda de oitavos de final da EHF European Cup, que se disputa de forma íntegra no recinto guardés o sábado 14 e o domingo 15 (ambos os días ás 19:00 horas, coas cámaras da TVG2 retransmitindo en directo) co H71 Hoyvík das Faroe Islands como rival. Dous partidos para soñar. E máis despois da sensacional vitoria do colectivo da Guarda na pista do poderoso conxunto do Costa del Sol Málaga.

A vitoria do pasado mércores foi a primeira a domicilio deste curso. Encima, fronte a un candidato a todo e vixente campión de Copa. Máis que dous puntos. Unha inxección de moral espectacular para afrontar con máis garantías aínda unha segunda volta ligueira na que a escuadra miñota disputará en casa oito dos once encontros en xogo.

Iso será en Liga Guerreras Iberdrola. É Europa o que ocupa agora ás galegas que adestra Abel González. E o que ilusiona. O Mecalia Atlético Guardés facturou con senllos resultados contundentes os dous partidos que xogou no seu fogar. Foi hai un mes, na inauguración da reforma da Sangriña, co  Juro Unirek VZV neerlandés como rival. Nesa terceira rolda da competición continental, o Mecalia venceu na ida do sábado (37-22) e repetiu na volta do domingo (35-17).

A aspiración é repetir dobre vitoria. Pero, por encima de todo, o máis importante é pasar de rolda. Os cuartos de final esperan no horizonte e un impulso como o da EHF European Cup é algo positivo para todo o demais. Así o entenden directiva, corpo técnico e xogadoras. Todos os estamentos do club están moi ilusionados con seguir subindo banzos. O seguinte chega do gran norte. Desde as Faroe Islands.

H71 Hoyvík, o equipo do Porto de Thor, habitual na European Cup

O H71 Hoyvík é un habitual desta competición e o gran dominador da liga do seu país, un arquipélago situado no medio do Atlántico, entre Dinamarca (cuxa coroa ten ascendencia aí) e Islandia. Trátase dun bloque de xogadoras moi novo, con tan só unha xogadora de 25 anos e unha notable cantidade de deportistas por baixo da vintena.

O rival das galegas xoga un balonmán enérxico e directo e poñerá toda a carne no asador para seguir viaxando por Europa. O club é nativo da localidade de Hoyvík, que, co seu crecemento das últimas décadas, pasou a ser un barrio da capital Tórsvhan, cuxo significado é, literalmente, Porto de Thor. Nesta ocasión, o porto que acollerá a acción será o da Guarda, coa Sangriña como martelo e as xogadoras de vermello e branco exercendo de Deusas de Asgard.

As xogadoras recuperáronse ben da longa viaxe a Málaga. Sobre todo porque gañar non cansa. Fóra de Júlia Nuez, todas están dispoñibles para a dobre cita. Xa se sabe que o que pega primeiro, pega dúas veces. Por iso, o conxunto miñoto sairá a por todas desde o minuto 1 do sábado, en busca dun bo resultado neste partido da European Cup que permita afrontar con plenas garantías a resolución do domingo.

Consultado sobre o rival neste torneo continental, o  H71 Hoyvík, o adestrador das locais, Abel González, falad dun “equipo novo, que practica balonmán nórdico, con defensas pechadas e fortes en zona central”.

Abel González: “Temos ganas de volver á nosa casa e notar a calor do público”

Etiquetas balonmánEHF EUROPEAN CUPEuropean CUPH71H71 HoyvíkMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.