• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Máis fútbol

Tras nove meses de parón pola COVID-19, voltan o fútbol e o futsal autonómicos polo Nadal

A Xunta aproba os protocolos da RFGF, que activa as competicións autonómicas | Haberá test e, nalgúns casos, máscara | Entre as primeiras competicións activadas, sempre que o permita a situación sanitaria, están a Primeira Galega Feminina e as ligas galegas de base

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
16/12/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Botas e balón de fútbol

Botas e balón de fútbol

1
COMPARTIDOS
54
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • As primeiras competicións de fútbol activadas, sempre que o permita a situación sanitaria, son: Preferente, Primeira Galicia, Primeira Galega Feminina e as ligas galegas de xuvenís, cadetes, infantís e alevín.

Nove meses levan en Galicia o fútbol sala e o fútbol sen actividade por mor da COVID-19. A Xunta vén de aprobar os protocolos da RFGF que permite activar as competicións de ámbito autonómico de xeito progresivo. O mellor dos regalos de Nadal para moitas deportistas que poderán retornar a practicar o seu deporte respectando os protocolos e sempre que a situación sanitaria o permita.  O plan de desescalada ten tres niveis. No protocolo contémplase que as categorías sénior (masculina e feminina) e a liga galega xuvenil de fútbol deberán realizar un test do coronaviros cada 14 días. Todas as demais categorías de fútbol base e todas as competicións de futsal e gaélico deberán adestrar e xogar con máscara.

Xusto onte, luns 14 de decembro, cumpríronse nove meses desde que o 14 de marzo a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) decretase a suspensión das competicións de ámbito autonómico, provincial e local como consecuencia da evolución do coronavirus Covid-19. Naquel momento a responsabilidade fixo que a RFGF fose a primeira federación galega en suspender as súas competicións.

A mesma responsabilidade que fai que nove meses despois se decidise por reanudar a actividade unha vez que a Consellería de Sanidade e a Secretaría Xeral para o Deporte aprobasen os distintos protocolos de volta á actividade futbolística federativa con contacto.

Bancada na Reigosa / LAURA G.
Bancada na Reigosa / LAURA G.

A RFGF defende que “sempre foi coherente coa situación sanitaria e as recomendacións das autoridades. E tamén coa opinión xeralizada do fútbol galego, ao que escoitou nas distintas reunións mantidas tanto de maneira presencial como por videoconferencia. Por iso se optou pola prudencia á espera da evolución da pandemia”.

Explican desde a RFGF que agora, “nove meses despois, e co permiso explícito das autoridades competentes ao aprobar os protocolos de actividade con contacto, o fútbol e o fútbol sala galego volven a escena. Será un regreso graduado, con moito sentidiño e cumprindo escrupulosamente todas as normativas sanitarias e de seguridade. O noso deporte está a demostrar nas categorías nacionais que é seguro se se cumpren os protocolos. Os contaxios practicamente non existen, e aqueles que se producen fóra do entorno deportivo son rapidamente detectados grazas ás probas Covid que se fan periodicamente no fútbol. Precisamente é o noso deporte o que está axudando a detectar casos colaborando firmemente coas autoridades sanitarias”.

Unha desescalada con tres niveis para o regreso da competición

A RFGF optou por un “regreso progresivo da competición, fixando un proceso de desescalada en tres grandes bloques. Todo elo co obxectivo de reducir os riscos de contaxio, garantir o cumprimento dos protocolos e permitir unha mellor adaptación dos propios clubs e deportistas. E sempre cumprindo co compromiso de que se ían a deixar, como mínimo, entre cinco e seis semanas de pretempada para a preparación dos equipos”, explican.

O detalle, segundo remite a RFGF é o seguinte:

Nivel 1: Nun primeiro nivel de desescalada activaranse as competicións de carácter autonómico de fútbol, fútbol sala e fútbol base, sobre todo pensando naquelas que teñen ligazón coas de categoría nacional, aínda que se optou por poñer en marcha prácticamente todas as categorías de ámbito rexional.

  • Preferente, Primeira Galicia, Primera Galega Feminina, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil en fútbol
  • Preferente, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete, Liga Galega Infantil e Liga Galega Alevín en fútbol sala
  • Liga Galega de Fútbol Gaélico

Estas competicións quedarán activadas de inmediato e está previsto que o seu comezo se poida levar a cabo entre o 24 de xaneiro e a primeira semana de febreiro, sempre e cando o permita a situación sanitaria.

Nivel 2:  Nun segundo bloque activaranse as demais categorías senior, así como as provinciais e locais de xuvenís, cadetes e infantís de fútbol, mentras que na especialidade de fútbol sala quedará todo activado nesta segunda fase. Competicións estas que previsiblemente poderán comezar durante a segunda quincena do mes de febreiro, sempre que o permita a situación sanitaria.

Nivel 2: O último nivel de activación refírese ao fútbol 8, que arrincará a finais de febreiro, sempre que o permita a situación sanitaria.

Test de detección da COVID-19 cada 14 días

A ORDE do 17 de setembro de 2020, da Consellería de Sanidade, sobre a modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, establece, entre outras cuestións, que “a práctica da activdade deportiva poderá realizarse de acordo cos protocolos dos que deben dispoñer as distintas federacións deportivas”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de As Nosas Xornal Deportivo (@asnosasdeportes)

A citada orde engade que en ditos protocolos “deberá preverse que cando a actividade deportiva supoña contacto físico entre as persoas que a practican deberá utilizarse a máscara, salvo que no protocolo respectivo se inclúan medidas alternativas de protección específicas”.

Precisamente o protocolo da RFGF aprobado para as categorías sénior e a galega xuvenil establece “a realización de test serolóxicos, antíxenos ou similares cada 14 días, como medida de prevención ante a Covid-19”.

Detállase que esta esixencia “abrangue tanto os adestramentos coma os partidos, si ben é importante sinalar que é obrigado usar a máscara en todas aquelas situacións antes, durante e despois dos adestramentos e dos partidos que non requiran contacto físico, seguindo as directrices do protocolo aprobado pola Xunta de Galicia”.

Análise de sangue covid
Análise de sangue

O primeiro test deberá realizarse “ao inicio dos adestramentos e a partir de aí deberá repetirse cada 14 días. A Real Federación Galega de Fútbol ofrécese a garantir o suministro de test aos clubs que así o desexen e serán os propios clubs os que teñan a responsabilidade de realizar os test mediante a figura dun sanitario que certifique a realización dos mesmos”.

Axudas económicas da RFGF e da Xunta para pagar os test

A RFGF comprometeuse a “axudar aos clubs no financiamiento dos test e tamén a xestionar a colaboración da Xunta de Galicia nesta materia. Compromiso que se confirmou hai uns días co anuncio da Secretaría Xeral para o Deporte da convocatoria dunha liña de axudas de 2 millóns de euros para o deporte galego destinada a subvencionar gastos COVID-19, como é o caso dos test”.

Polo tanto, os clubs “recibirán unha importante axuda económica para facer fronte a eses gastos extras que supón a prevención contra o virus. Esta axuda da RFGF é subsidiaria respecto das subvencións e axudas públicas recibidas polo club polo mesmo concepto subvencionable”.

Os clubs terán a obriga de reportar os positivos ou situacións de risco

Todos os clubs estarán “obrigados a comunicar tanto á Federación como á Xunta de Galicia todos os casos positivos que poidan aparecer nos seus equipos e tamén calquera incidencia que supoña un risco de contaxio. Para elo establécense diferentes vías e procedementos que desde a RFGF se comunicarán aos clubs a través de circulares específicas”, segundo informa a Real Federación Galega de Fútbol.

De feito, “os clubs recibirán toda a información relativa aos plans competicionais, á inscrición nas categorías, aos efectos de non inscribirse, á normativa específica COVID-19 ou ao procedemento de solicitude e realización dos test, en distintas circulares que se irán publicando e que se emitirán aos clubs a través do sistema interno de comunicación (Intranet)”, relatan desde a federación.

A RFGF contará cun equipo para responder dúbidas

Co afán de estar a carón dos clubs e dos deportistas nunha situación tan especial e de tanda incertidume, a RFGF poñerá ao seu servizo un equipo de traballo exclusivo formado por técnicos federativos para dar resposta en todo momento a todas as dúbidas e preguntas que os clubs e deportistas poidan ter durante a tempada.

Desde a RFGF agradecen “ás administracións titulares das instalacións deportivas que permiten o correcto desenvolvemento da actividade dos nosos clubs e igualmente rogamos a súa colaboración para que esta actividade se poida levar a cabo con normalidade, sempre cumprindo cos protocolos aprobados”.

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, e a súa Xunta Directiva, agradecen “profundamente a paciencia e a comprensión dos clubs, dos técnicos, dos deportistas, dos directivos e tamén dos afeccionados e familiares durante todos estes meses sen competición. Foron meses moi duros para todos e agora chega o momento de que todos unidos consigamos sacar adiante o noso deporte, pero sempre con moito sentidiño e cumprindo con todas as normativas sanitarias. Estamos convencidos de que o deporte é seguro, e os datos nos dan a razón, pero só se o facemos ben e seguimos todas as recomendacións das autoridades”.

Máscara para xogar no fútbol base, no futsal e no gaélico

 

A RFGF prepara plans competicionais pensados para unha tempada especial e reducida, sen ‘play offs’

DESCÁRGATE A DOCUMENTACIÓN RELACIONADA

  • PROTOCOLO FÚTBOL SENIOR E LIGA GALEGA XUVENIL
  • PROTOCOLO FÚTBOL SALA E FÚTBOL BASE
  • PROTOCOLO FÚTBOL GAÉLICO
Etiquetas COVIDCOVID-19COVID19fútbolLOUZÁNmáscaraprotocoloRFGFTEST
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

UFEDEGA

As Federacións Deportivas Galegas reúnense para tratar a situación actual

por Redacción As Nosas
27/01/2021
0

  O deporte, como todos os ámbitos da vida, está en continua adaptación ás circunstancias da pandemia de COVID-19 e...

All Star solidario do balonmán galego / FGBM

A Federación Española de balonmán incrementa as medidas sanitarias pola COVID-19

por Redacción As Nosas
27/01/2021
0

  Polo de agora, nin Conservas Orbe Rubensa BM Porriño nin Atlético Guardés teñen que lamentar casos positivos en COVID-19 nas...

Valados - SG Pontevedra / ÁNGELA F SOBRAL

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra suspende as actividades das Escolas do Club

por Redacción As Nosas
27/01/2021
0

  As últimas restricións sanitarias establecidas pola Xunta por mor da COVID-19 suspenden as competicións do deporte federado e isto...

Ali Carranza, no seu debut co Peluquería Mixta Friol / ÁLEX VÁZQUEZ

Ali Carranza, nova fichaxe do PM Friol

por Redacción As Nosas
26/01/2021
0

  O Peluquería Mixta Friol estreou a pasada xornada da Liga Reto Iberdrola a súa primeira vitoria do ano e tamén...

ale de paz do Pescados Rubén Burela contra o Móstoles

Parte do Burela seguirá confinado

por Redacción As Nosas
26/01/2021
0

  Hai case unha semana o Pescados Rubén Burela FS anunciaba que debido a un caso positivo en COVID-19 no...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
UFEDEGA

As Federacións Deportivas Galegas reúnense para tratar a situación actual

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
UFEDEGA

As Federacións Deportivas Galegas reúnense para tratar a situación actual

27/01/2021
All Star solidario do balonmán galego / FGBM

A Federación Española de balonmán incrementa as medidas sanitarias pola COVID-19

27/01/2021
Porriño vs Aula Alimentos / BM PORRIÑO TW

O Porriño recibe ao Aula Alimentos para a eliminatoria de Copa

27/01/2021
Valados - SG Pontevedra / ÁNGELA F SOBRAL

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra suspende as actividades das Escolas do Club

27/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.