• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte Rugby

Volta o rugby á Coruña da man do CRAT

Tras nove meses sen competición, este fin de semana comeza a Primera División de Honor, nunha edición condicionada pola COVID-19 e coa volta de Helen Roca xunto a Jos Portos no banco do club coruñés | A adestradora declaraba a As Nosas que este ano "o obxectivo é o de crear equipo”

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
11/12/2020
en Rugby, Máis Deporte
CRAT - Crealia El Salvador / CRAT

Volta o rugby de competición da man do CRAT Residencia Rialta / CRAT

116
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Nove meses. Ese foi o tempo que afección, xogadoras e clubs tiveron que agardar para poder ver rugby da máxima categoría, a Primera División de Honor ou Liga Iberdrola. A competición volta esta fin de semana tras un longo parón obrigado pola COVID-19 e, en Galicia, o fará da man do CRAT Residencia Rialta. O club coruñes enfrontaráse o domingo ás 12:00 ao Sanse Scrum RC. No banco das coruñesas estará a dupla formada por Jos Portos e Helen Roca, que regresa tras a baixa por maternidade. A adestradora advertía que no que atinxe aos obxectivos este ano o que toca é “crear equipo”.

A pandemia afectou de cheo á competición feminina de rugby, de moi alto nivel, pero sen profesionalizar. O pasado mes de marzo a alerta sanitaria obrigou a suspender a liga e, nun inicio, a Federación Española de Rugby (FER) tomou a decisión de decidir o campionato a través duns play offs.

O CRAT cae do Top4 trala derrota en Majadahonda / CRAT
O CRAT volve ao céspede de Elviña / CRAT

Finalmente, ante as críticas e a continuidade da pandemia, a FER proclamou gañador ao Universitario de Sevilla, coñecidas como Las Cocodrilas, líder no momento da suspensión, finalizando así a tempada. O CRAT rematou en quinta posición, con 44 puntos.

Roca volve á dirección técnica do CRAT

Para este final de tempada, a adestradora Elena Roca, ou Helen como se a coñece no deporte oval, non puido estar dirixindo ao plantel. A mítica xogadora galega de rugby atopábase de baixa por maternidade. Agora, volve á fronte do club herculino xunto con Jos Portos, que estivo en solitario á fronte do equipo boa parte da tempada pasada. Helen regresa a facer dupla con Jos cargada de ilusión e de ganas por un deporte que é a súa paixón.

“Empecei xa o mesmo xaneiro a estar con elas, pero non era a mesma implicación. Así que este ano estou con moitas ganas de volver e de estar día a día con elas. Xusto me coincidiu a baixa coa corentena, así que non perdín moito. Ía estar máis rabiosa quizais se estiveran xogando”, recorda animada Roca.

Este deporte non se vive igual desde o campo que desde o banco. Cunha ampla experiencia no rugby de competición, a actual adestradora do club coruñés explica que para este novo curso ten “moitas ganas, pero non tantas como cando xogaba, porque iso é incrible”. O que si admite que está desexando é voltar para “aportar ao CRAT e axudar en todo o que poida a que as xogadoras sexan mellores”.

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

Prima a seguridade sanitaria

As medidas que obriga a seguir a FER son moi estrictas, con tests cada dúas semanas e unha proba PCR negativa antes de cada encontro, nun deporte de contacto onde o perigo de contaxio é constante. Ademais, a Federación pediulle ás xogadoras que eviten os saludos ou mostras de afecto e aos clubs que manteñan a hixiene e medidas de desinfección das súas instalacións.

“Creo que coa seguridade que hai non imos ter problema pero, se hai algunha vez que teñamos que quedar na casa si nos vai fastidiar un pouquiño máis porque ter que facer corentena trinta personas é unha barbaridade”, sinala a técnico.

Pero, nun deporte aínda lonxe de estar profesionalizado por minoritario e feminino, a pandemia é unha ameaza para a vida profesional e persoal das xogadoras.

Helen Roca
Helen Roca

“Nos deportes minoritarios sempre temos ese hándicap, pero este ano máis aínda porque estamos xogando máis coa nosa vida persoal que calquera outro ano”, resume acertadamente Helen Roca. Unha valentía que obriga a tomar moi meditadamente a decisión de seguir participando na competición aínda que “neste caso tendo a cabeza máis quente que fría”.

Helen Roca: “Parécenme unhas valentes, sobre todo porque somos amateur. Como xogamos División de Honor parece que somos profesionais todas, tanto adestradoras, como directiva e xogadoras”

Para a ex xogadora, todas as mulleres que siguen competindo nestas condicións son unhas “valentes”. “Sobre todo porque somos amateur. Como xogamos División de Honor parece que somos profesionais todas, tanto adestradoras, como directiva e xogadoras. Iso é o que é un pouco diferente respecto a outros deportes”, expón.

A realidade é ben distinta do que pode parecer observando o alto rendemento no rugby feminino. O camiño cara a profesionalidade, en palabras da adestradora, “está estancado aínda”. En España é practicamente imposible vivir do deporte oval. Na categoría masculina, non todos os planteis son profesionais e, na feminina, hai moi poucas excepcións. “Nin as propias Leonas, que dan exemplo e a imaxe de ser leoa, son profesionais, nin moito menos”, sinala Helen.

Helen Roca: “Xa bastante é que sobrevivan as empresas como para pedirlles que axuden para que alguén viva do rugby”

Aínda así, a visibilización desta práctica deportiva é cada vez maior, en parte grazas aos streamings, pero a galega quere ser realista. “Xa bastante é que sobrevivan as empresas como para pedirlles que axuden para que alguén viva do rugby. A pandemia vainos afectar a todos, pero xa non era moi esperanzadora a evolución. Vai lenta a cousa”, declara.

Unha tempada adaptada á pandemia

A nova normalidade esixe un novo formato de competición. Para este curso 2020-2021, a Liga Iberdrola dividirase nunha primeira volta, de sete xornadas nas que todos os equipos enfrontaranse entre si e unha segunda fase, con só tres datas e dous grupos.

No Grupo A, disputarán os encontros os catro primeiros clasificados da primeira fase. O título decidirase nos play-offs, compostos por semifinal e final xogados a partido único na casa do mellor clasificado. Pola súa banda, no Grupo B, os catro seguintes, loitarán pola permanencia directa, evitando os postos de descenso e promoción. Segundo informan desde a FER, os puntos da primeira ronda conservaranse na segunda.

Les Abelles e Eibar, novas caras da Liga

O número de equipos mantense esta tempada, sendo oito, aínda que hai novidades. Estréanse na máxima categoría Les Abelles e AVIA Eibar Rugby Taldea.

Muralla Galicia Emerging vs C.P. Les Abelles que adestra Jos Portos / MURALLA YOUTUBE
C.P. Les Abelles ante o Muralla Galicia Emerging

Do primeiro, a técnico do CRAT, confesa que agarda que remate a tempada na parte baixa da clasificación. “Ou moito sorpréndeme, ou polo xogo que teño visto delas creo que lles vai costar coller o ritmo da competición”, reflexiona Roca.

Unha situación moi distinta da que espera do Eibar. Este conxunto xa leva un par de anos loitando polo ascenso e para esta tempada na máxima categoría, “fixo fichaxes punteiros como Iera Etxebarria ou Bárbara Plá”. Esta última, internacional coa Selección, será clave no xogo do conxunto vasco e, en palabras de Roca, “Plá vai levar a dirección da metade do equipo. É unha internacional con todos os galóns do mundo e que ten un xogo que vai tirar do equipo un montón”.

Este será un dos rivais fortes aos que se enfronte o CRAT, xa que tras varias tempadas xogando xuntas, a adestradora coruñesa as clasifica de “senón profesionais, semi profesionais”. Polo que, segundo a súa aposta, será dos equipos que rematen na parte superior da táboa.

Esa zona, previsiblemente, tamén a ocuparán Rugby Majadahonda, un dos históricos do rugby feminino e gañador en dúas ocasións da Liga, e Las Cocodrilas, vencedoras da edición anterior.

Un plantel coruñés con vistas ao futuro

Pero o cadro coruñés tamén conta cos seus propios reforzos. Maica Martí, Paz Marín, Miriam Roig, Paula Requena e Elena Martínez son as última fichaxes do conxunto herculino. Estas incorporacións, segundo a técnico, aportan a ilusión por formar grupo “neste ano que precisamente parece que todas estamos nos nosos micromundos a nivel persoal”.

Esta tempada, máis que obxectivos competitivos, o que prima é o estado do grupo. Roca sinala que as propias xogadoras do CRAT así o demandaron, polo que este ano non agardan un rendemento ao 100% como noutras tempadas. “Este ano o obxectivo é o de crear equipo”, resume a adestradora.

https://asnosas.gal/caras-novas-conecidas-pisaran-elvina-esta-tempada

Etiquetas A CoruñaCRATCRAT Residencia RialtaHelen RocaLiga Iberdrola rugbyPrimera División de Honor rugbyrugby
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

por Silvia Carregal
23/05/2022
0

  A unha xornada para que finalice a tempada regular na Segunda División do Fútbol Sala Feminino da RFEF falamos...

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

Derbi no máis alto da 2ª División entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  A Segunda División do Fútbol Sala feminino da RFEF trae esta xornada un derbi entre conxuntos galegos que están...

Madó González é coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e membro da Xunta Directiva da División de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte do Consello Xeral de Psicoloxía / CLARA CARREIRA

Madó González: “A competición debe ser un contexto de aprendizaxe e diversión na que se fomente e valore o esforzo independentemente do resultado”

por Redacción As Nosas
19/05/2022
0

  Madó González é unha deportista e profesional da psicoloxía deportiva que forma parte do club coruñés 'La Mochila del...

Recepción de bolseiros e bolseiras da área de deportes / CONCELLO DA CORUÑA

Preto da metade dos bolseiros da área de deportes do Concello da Coruña son mulleres

por Redacción As Nosas
15/05/2022
0

  A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibía, xunto coa concelleira de Deportes, Mónica Martínez, ao colectivo de bolseiros de...

María Sanjurjo e Adriana Soto / SABELA MOSCOSO

Goleada e sexto posto asegurado para o HC Deportivo Liceo

por Redacción As Nosas
15/05/2022
0

  O Deportivo Liceo vence ao Xirona de forma contundente e terminará a OK Liga Feminina como sexto clasificado a...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

27/05/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.