• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primera Federación

Vitoria pola mínima do Dépor ABANCA diante dun complicado Alhama CF (1-0) co que pon 12 puntos de distancia

Ainhoa Marín foi a autora do gol das branquiazuis | Lía cumpriu 100 partidos co conxunto coruñes

Silvia Carregal por Silvia Carregal
09/03/2024
en Fútbol, Primera Federación
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

133
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Un gol de Ainhoa Marín abondou ao Dépor ABANCA para impoñerse ao Alhama CF en Abegondo e sumar de tres unha xornada máis.
  • A vitoria por 1-0 das galegas fainas máis fortes á fronte da clasificación e sobre todo coloca a un rival directo na loita polo ascenso a 12 puntos a falta de seis partidos para o final de Liga.

O Dépor ABANCA afrontaba líder a vixésima xornada da Primera Federación na que, logo dun parón competivo o fútbol retornaba. E o resultado foi de éxito para as galegas. O equipo que adestra Irene Ferreras suma tres puntos diante dun rival directo polo ascenso, o Alhama CF, que non llo puxo doado en Abegondo. Esta vitoria, pola mínima e pelexada, é ouro puro para as deportivista que poñen 12 puntos de por medio coas súas rivais de hoxe.

Co Barcelona B imposibilitado para o ascenso por ser filial, a loita polo premio máximo de subir á elite parece quedar clara entre as líderes, o Dépor ABANCA, e o RCD Espanyol de Barcelona. As primeiras suman 47 puntos, as pericas, 38 (cun partido menos).

Iniciábase o partido cun maior control do medio campo por parte do Dépor ABANCA e con algunhas chegadas á área do Alhama CF froito de contragolpes nos que a defensa deportivista estivo atentan para conxurar o perigo. A dupla formada por Inés Altamira e Raquel G. funcionaba coma un reloxo.

Inés Altamira, Yohana e Raquel, futbolistas do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Inés Altamira, Yohana e Raquel, futbolistas do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Aos quince minutos de xogo o Dépor ABANCA xa levaba varias faltas e córners botados, pero non acadaba poñer en serio perigo á gardameta rival, Laura Martínez. Aínda que sen pólvora da boa, levaba tirado máis a porta o Alhama CF e apañado máis balóns Yohana. Envíos sen complicacións, pero que en calquera momento poderían supoñer un susto para as branquiazuis.

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

E case pasa preto do minuto 23 cando un tiro do Alhama CF pasou lambendo o pau dereito da portaría defendida por Yohana, petando na rede, e metendo a dúbida no corpo á bancada de Abegondo sobre se a pelota entrara ou non.

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Irene Ferreras ergueuse do banco para facer indicacións ás futbolistas. As visitantes estaban poñendo en máis apuros dos necesarios ás líderes da categoría na súa casa.

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Adiántase o Dépor ABANCA

Foi no minuto 28 cando Ainhoa Marín entrou pola dereita do ataque deportivista, recibindo un pase de Lucía, cruzou o disparo con forza e bateu á porteira visitante poñendo o 1-0 no marcador de Abegondo e aportando tranquilidade ás filas deportivistas.

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Sábese que Ainhoa Marín sempre quere máis e dous minutos despois intentou volver tirar petróleo da súa punta de velocidade. Comeulle a tostada a defensa visitante, pero o balón foi cara a Millene que mandoulle un tiro raso cruzado que ía á cepa do pau esquerdo da meta visitante, pero que atrapou a porteira evitando o segundo tanto para o Dépor ABANCA.

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Ao descanso vencía o conxunto galego por 1-0. Á volta de vestuarios e segundo pasaron os minutos, houbo varios cambios por parte dos dous equipos. Entraron no Dépor ABANCA Ana de Teresa (ADT) e Samara, por Charle e Cris Martínez respectivamente.

Na segunda metade ningún dos dous equipos foi dono do xogo. No minuto 70 marcaba ao Alhama un gol que non chegou a subir ao marcador dado que previamente se lle pitara fóra de xogo ás visitantes. Rozando o 80 pasaba o mesmo cun gol de Charle a pase de ADT (que estaba en fóra de xogo).

ADT intentaba achegar perigo, pero o Dépor ABANCA estaba moi retrasado e había moitos metros para que as defensas locais deran en poñer freo ás intentonas da futbolista local.

Co tempo consumido a xusto antes de que a colexiada pitara o final case anotan as visitantes. Pero concluíu o choque co 1-0 para o Dépor ABANCA. As galegas suman de tres e dan un paso máis cara ao obxectivo final, o ascenso e o retorno á elite cos mellores equipos do futfem estatal.

O Dépor ABANCA demostrou ser un equipo consistente que sabe sufrir cando toca e traballar en bloque para acadar os puntos en xogo. Este é un conxunto de futbolistas aínda máis sólido que o do curso pasado (que xa era bo). A mellora como grupo nótase en partidos coma este, ante rivais que son duros de roer e que non poñen as cousas doadas ás branquiazuis. Saber sufrir, e aproveitar as ocasións é unha das claves do éxito a longo prazo. Este Dépor ABANCA arrecende a ascenso.

 

1 de 20
- +
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Clara, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Charle, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Charle, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Lucía, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Raquel, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Inés Altamira, Yohana e Raquel, futbolistas do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Yohana, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Ainhoa Marín, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO
Henar, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO
Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

1. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

2. Clara, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Clara, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

3. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

4. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

5. Charle, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Charle, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

6. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO ainhoa marín

7. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

8. Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

9. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

10. Charle, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Charle, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

11. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

12. Lucía, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Lucía, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

13. Raquel, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Raquel, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

14. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

15. Inés Altamira, Yohana e Raquel, futbolistas do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Inés Altamira, Yohana e Raquel, futbolistas do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

16. Yohana, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Yohana, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

17. Ainhoa Marín, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Ainhoa Marín, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

18. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

19. Henar, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

Henar, Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

20. Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

Dépor ABANCA vs Alhama CF / SABELA MOSCOSO

FICHA TÉCNICA

1) DÉPOR ABANCA: Yohana, Cris Martínez (Samara, 79´), Inés Altamira, Raquel García., Clara, Henar, Lucía Martínez, Paula Gutiérrez (Lía Muíños, 80´), Ainhoa Marín (Laurina, 80´), Charle (Ana de Teresa ADT, 57´) e Millene.

0) ALHAMA CF: Laura Martínez, Lena, Judith, Paula Moreno (Núñez, 65´), Estefa (Medina, 74´), Kuki (Gigi, 80´) , Astrid, Sandra, Belén, Alba Santamaría e Bastida (Raquel Pinel, 80´),

GOLES: 1-0 (28 min.) Ainhoa Marín.

EQUIPO ARBITRAL: Melissa López Osorio auxiliada por Miriam Martín Casillas e Alicia Galán Cayado dos comités extremeño e madrileño. Amosou cartón amarelo a Kuki (min.8), a Henar (min. 27), ao delegado deportivista, César Conde (min. 41), a Lucía Martínez (min. 45), a Paula Moreno (min. 53), á adestradora branquiazul, Irene Ferreras (min. 58), a Clara (min. 72) e a Belén (min. 84).  Veu cartón vermello directo Judith (min. 68) por entrada a Millene.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 20 da Primera Federación da RFEF. Boa entrada na Cidade Deportiva de Abegondo. O club fixo unha enquisa dixital ao público asistente a través dun código QR ao respecto de diferentes aspectos ligados ao Dépor ABANCA. Ao final do partido fíxoselle entrega a Lía dunha camisola co número 100 para conmemorar os seus 100 encontros como deportivista. As súas compañeiras fixéronlle un pasillo e manteárona no centro do campo ante o aplauso da afección branquiazul. Lía Muiños é a quinta xogadora do deportivista en acadar os 100 partidos coa elástica branquiazul. Antes conseguírono: Cris Martínez (196), Gaby (117), Iris (107) e Peke (106).

Etiquetas Alhama CFDépor ABANCAfútbolIrene Ferreras
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.