• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Vitoria pola mínima pero que abonda para coller dous puntos que enganchan ao Guardés a Europa (24-23)

As de Prades suman un trunfo moi importante contra o Elche nun partido moi igualado (12-11, descanso) | Paula Arcos celebrou con nove goles a súa convocatoria coas Guerreiras de Viver para o mes de abril

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/04/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Atlético Guardés celebra o triunfo na Sangriña co seu público / ©SPORTCOECO

Atlético Guardés celebra o triunfo na Sangriña co seu público / ©SPORTCOECO

46
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Atlético Guardés sumou esta noite dous puntos moi importantes na primeira xornada do grupo polo título da liga Guerreiras Iberdrola. O equipo de José Ignacio Prades impúxose ao Balonmano Elche visitelche.com de Joaquín Rocamora (24-23, 12-11 ao descanso) nun partido que as locais tiveron de face co 6-2, se lles atragantou co 12-13 e o 14-15 ao fío do minuto 40 e ao cal souberon dar a volta para asegurar uns puntos que se antollan vitais (como o han ser todos até finais de maio) para poder asegurar a próxima tempada unha nova aventura por Europa.

Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO

Precisamente, coa vitoria de hoxe, as galegas se desquitan da derrota do pasado domingo co Rincón Fertilidad Málaga (18-23) na ida das semifinais da EHF European Cup e recuperan sensacións positivas de face a pelexar a remontada este sábado en Ciudad Jardín (19:00 horas). Sen tempo para saborear esta primeira vitoria na segunda fase da competición, a expedición sóbese mañá pola noite ao autobús rumbo á Costa do Sol.

Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO

Abriu marcador o Atlético Guardés (1-0) con gol de Paula Arcos. Primeiros minutos para tentear ao rival e entre o intercambio de goles e un ritmo rápido (1-1, 1-2, 2-2), o Guardés comezou a calibrar o seu xogo. Primeiro Paula Arcos. Unha pronta exclusión a Sempere e primeira inferioridade local, unha situación que tanto dano fixo ao equipo de José Ignacio Prades o domingo.

Atlético Guardés / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés /
©SPORTCOECO

Esta vez, defensa que se rearma atrás, parada de Marisol Carratú e no seguinte ataque Sandra Santiago se escora polo lateral esquerdo para pór o 4-2. Ivet Musons, ao pau. Patrícia Lima, 5-2. O Balonmano Elche non acertaba, Marisol Carratú paraba e Sandra Santiago repetía a xogada anterior para abrir brecha (6-2).

Con este panorama, Joaquín Rocamora, o técnico visitante, pedía tempo morto no 12:52 ante o parcial de 5-0 local (do 1-2 ao 6-2). Entre Ivet Musons, Clara Gascó, Ana Martínez e as accións de Morales baixo paus, o BM. Elche conseguiu achegarse (7-6).

Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO

Rotacións no Guardés e baixo a batuta de Erika Rajnohová ou Patrícia Lima buscábase a Sarah Valero en seis metros, sen éxito. Paula Arcos, que hoxe celebraba a súa convocatoria coas Guerreras de cara aos dous partidos amigables que o combinado nacional disputará no abril, anotaba o 9-7.

Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO

A igualdade respirábase no ambiente e os dous equipos buscaban minimizar os fallos e controlar ás máis destacadas no seu rival. Cun apertado 12-10 chegouse ao peche do primeiro acto, e xa co tempo parado, Ivet Musons puido transformar os 7 metros que logrou a súa compañeira Nuria Andreu para o 12-11.

O Atlético Guardés celebra o triunfo ante o BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO
O Atlético Guardés celebra o triunfo ante o BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO

E empezou a segunda parte con malas noticias para o Atlético Guardés. Cun parcial de 0-2, as de Joaquín Rocamora, que non baixaban os brazos, volvían porse por diante (12-13) e aproveitaban a superioridade pola exclusión de Carla Gómez. Igualdade. Intensidade. Calidade. Ese tres calidades definen o que se viviu durante toda a segunda parte.

Unha enorme Paula Arcos destaca no Guardés

E tanto foi así que no minuto 50, o electrónico lucía un apertado 19-19. Dez minutos por diante con todo por decidir. Buforn, destacada durante os seus minutos en pista xunto a unha Paula Arcos que esta xornada estivo de doce (9 goles), anotou o 20-19 desde o 7m. Ivet Musons, fóra. E tempo morto de José Ignacio Prades que non quería sustos innecesarios.

Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés vs BM Elche na Sangriña / ©SPORTCOECO

Consumiu o Atlético Guardés os seus pases en advertencia de pasivo, pisando de Sarah Valero e de novo Tchapchet para o 20-20. Á seguinte, nunha xogada idéntica á anterior de Sarah Valero, 21-20. E uns minutos angustiosos. Resposta rápida visitante, golazo de Lima para o 22-21 ante unha defensa moi afundida e parada vital de Marisol Carratú, que volveu compartir protagonismo con Míriam Sempere.

Atlético Guardés / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés / ©SPORTCOECO

O Atlético Guardés, moi listo, rascou un 7m que puxo o 23-21 e que obrigou a Joaquín Rocamora a pedir tempo morto para xogar os últimos dous minutos e 17 segundos e xestionar a inferioridade pola exclusión de Ana Martínez.

Atlético Guardés / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés / ©SPORTCOECO

A defensa guardesa excedeuse tamén na súa intensidade e Patrícia Lima foi excluída, con 7m para o Balonmano Elche (23-22). Paula Arcos, xogando o 6 contra 5, 24-22. María Flores, 24-23 e aínda que José Ignacio Prades pediu de novo tempo morto. O Atlético Guardés puido celebrar once segundos despois a súa primeira vitoria na fase polo título da liga Guerreras Iberdrola.

Atlético Guardés celebra o triunfo na Sangriña co seu público / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés celebra o triunfo na Sangriña co seu público / ©SPORTCOECO

O resultado acadado neste partido polo BM Atlético Guardés fai que as da Guarda poidan colocarse na cuarta posición da clasificación deste grupo polo título na Liga Guerreras Iberdrola. A táboa a comanda o Super Amara Bera Bera, seguido do Rocasa Gran Canaria (seguinte rival en Liga das da Guarda) e o KH-7 BM. Granollers. Esta vitoria ante o BM. Elche permite ás galegas xusto poñerser por riva delas.

Con esta inxección de moral, as galegas buscarán agora a remontada europea. Ciudad Jardín espera.

Atlético Guardés celebra o triunfo na Sangriña co seu público / ©SPORTCOECO
Atlético Guardés celebra o triunfo na Sangriña co seu público / ©SPORTCOECO

FICHA TÉCNICA

24) CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS (12+12): África Sempere (1), Sandra Santiago (3), Martina Mazza (1), Lorena Pérez, Fani Descalzo, Miriam Sempere, Paulina Pérez (4), Patrícia Lima (2), Rosario Urban (1), Paula Arcos (9), Sarah Valero (1), Carla Gómez, Marisol Carratú, Erika Rajnohová (1), Laura Morais e Daniela Moreno (1).

23) BM. ELCHE VISITELCHE.COM (11+12 ): Ekaterina Zhukova, Carolina Bono, Giselle Beatriz, Celia Guilabert, Patricia Méndez, Nuria Andreu, Ivet Musons (5), Nicole Morales, María Flores, Patricia Encinas, Joana Bolling (2), Gabriela Clausson (3), Lysa Tchapchet (6), Clara Gascó (2), Ana I. Martínez (5) e María de Gracia Duque.

RESULTADO CADA 5 MINUTOS: 1-1, 4-2, 7-4, 8-7, 10-8, 12-11  (descanso) 14-13, 15-15, 17-16, 19-19, 21-20, 24-23.

ÁRBITROS: Jesús Álvarez Menéndez e José C. Friera Cavada. Excluyeron por parte de las locales a África Sempere, Patrícia Lima (2) e Carla Gómez y por parte del Elche a Giselle Menéndez, María Flores, Ivet Musons e Ana Martínez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da fase polo título da Liga Guerreras Iberdrola celebrado na Sangriña con público limitado a 200 espectadores por mor das restricións á causa da pandemia de COVID-19.

Atlético Guardés / ©SPORTCOECO
Caras de felicidade nas xogadoras do BM Atlético Guardés / ©SPORTCOECO
Etiquetas Atlético GuardésbalonmánBM ElcheJosé Ignacio Prades
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño imponse 23-18 ao Grafometal Sporting La Rioja

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O partido comezou igualado, con defensa intensa por ambos dous equipos. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño impuxo o seu...

Elda vs Mecalia Atlético Guardés da Liga Guerreras Iberdrola / VICEN MUÑOZ

Volta á acción dos equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola con senllas vitorias logo do parón de seleccións

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  A Liga Guerreras Iberdrola chega á súa duodécima xornada despois da interrupción provocada polo Campionato do Mundo 2025, que...

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.